• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, AmadoCarballo
1.Introdución ao século XX
Na literatura do século XX distínguense
tres períodos
principais:1)
Inicial
, até as Irmandades da Fala.2)
1916 – 1936
, momento moi importante para a creación literaria xa que é candose desenvolve a actividade do Grupo Nós (segundo rexurdimento).3)
Posguerra – actualidade
, no que se distinguen dúas partes:a)
Até 1975 / 1980
, é dicir, até os inicios da democracia e da autonomía. b)Dos
anos 80 en diante
. 
Méndez Ferrín
(
 De Pondal a Novoneyra
) establece diferentes grupos:1)
Antes da guerra
:a)
Escola formalista
, inaugurada por 
Pondal
e que supón unha
reacciónidealista
a finais do século XIX contra o realismo anterior (Rosalía). Forman parte dela autores
nacidos
na
década dos 60
do século XIX, como é o caso deRamón de Lores ou Lugrís Freire. b)
Promoción antre dous séculos
, formada por autores nados na
década dos 70
do século XIX ou algo antes, como é o caso de Noriega Varela, FranciscaHerrera Garrido, Cabanillas, López Abente, A. de Nóvoa. É un grupo que
non
ten
coherencia
como tal, de feito autores coma Cabanillas integraranse nogrupo seguinte.c)
Xeración Nós
, un grupo
cohesionado
, con obxectivos cons e cunha
doutrina política
. Levan a cabo moitas
actividades culturais
e establecen
canles
para o seu desenvolvemento.d)
Xeración de 1925
, formada por autores
nados
 
entre 1895 e 1909
e quecoincide no tempo coa
Generación del 27 
española. Non se dá unha rupturaideolóxica co grupo anterior e, ademais, usan as súas
mesmas canles
deexpresión xa que son coetáneos. Hai unha
estreita colaboración
entre as dúasxeracións, de aí o esplendor cultural e literario. Pero aparecen con estaxeración novas actividades:
Seminario de Estudos Galegos
.
Revista
 Ronsel 
.
Creación do
Partido Galeguista
.2)
Despois da guerra
aparecen tres grupos xeracionais
ao mesmo tempo
porque
entre 1936 e 1950
se
interrompe
a publicación de obras en galego e dáse un
illamento
a tódolos niveis. Estas xeracións son:a)
Xeración de 1936
, formada por autores
nados
entre
1910 e 1920
que xainiciaran a súa actividade antes da guerra. Descríbeos Ferrín como escritores
accidentados
,
traumatizados
e
interruptos
pola guerra, pero que aínda asíson quen de
poñen de novo en marcha
o
sistema literario
galego. Forman parte desta xeración autores coma Aquilino Iglesia Alvariño, Cunqueiro ouCelso Emilio Ferreiro. b)
Promoción de Enlace
, grupo formado por autores
nados nos anos 20
e queten
pouca cohesión
e moitas
dificultades vitais
, xa que son persoas que xa seeducan na ditadura. Son unha especie de
elo
entre a Xeración de 1936 e a das
Comentario literario de textos galegos
2007/2008USC1
 
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, AmadoCarballo
Festas Minervais. Forman parte da Promoción de Enlace Antonio Tovar, LuzPozo Garza, Cuña Novás, Neira Vilas ou Alonso Montero.c)
Xeración das Festas Minervais
, formada por autores
nados entre 1930 e1940
e á que pertence o propio Ferrín.
Non viviran
a
guerra
pero
críanse
nosseus
resultados
e están en estreita
relación
coa
Xeración do 36
, co que
romperán
axiña no que se refire á creación literaria e á política. Ademais, xason coñecedores das
tendencias europeas
(nova narrativa). De entre os seusfeitos colectivos temos que nomear:
Restauración das
Festas Minervais
en Compostela.
Colaboración en
 La Noche
.
Creación da colección
 Illa Nova
en Galaxia.
Fundación da editorial e grupo
Brais Pinto
.
Aparición do
nacionalismo revolucionario
.2.
A Xeración de 1925
1
É a xeración coa que se leva a cabo a
renovación da poesía
galega. A súaobra literaria ten só
finalidade artística
, non política e distinguimos tres estéticas principais:1)
Vangardismo
, na que só se pode incluír a
Manuel Antonio
que en vida publica
 De catro a catro
(1928) e de xeito póstumo, en 1979, publicaríase o restoda súa obra (influíndo así nos autores do momento).2)
Hilozoísmo
(C. Calero),
Imaxinismo
(Ferrín) ou
Impresionismoeglóxico
(A. L. Casanova). É
Amado Carballo
o máximo representante destaestética coas súas obras
 Proel 
(1927) e
O galo
(1928, póstuma). Imos ver aexplicación das diferentes denominacións:
Hilozoísmo: uso da
prosopopea
a nivel absoluto.
Imaxinismo: a
imaxe
como núcleo.
Impresionismo eglóxico: trazos
impresionistas
e
paisaxismo
.3)
Neotrobadorismo
: a denominación desta estética achégaa
Rodrigues Lapa
nunha carta a Bouza Brey, na que describe a súa poesía como neotrobadoresca.Dáse así un diálogo entre a
estética medieval
e a actual.
2.1. O neotrobadorismo
2.1.1. Descuberta dos cancioneiros
No século XIX publícanse diversas edicións de cantiga medievais, perotodas elas con pouca difusión:1)
1823
: versión parcial do
Cancioneiro da Ajuda
editada por 
Lord Stuart
.2)
1875
: edicn paleogfica do
Cancioneiro da Vaticana
da man domedievalista italiano
Monaci
.3)
1878
:
Teófilo Braga
elabora unha edicn crítica do
Cancioneiro daVaticana
baseándose na anterior.4)
1880
: E.
Molteni
publica o
Cancioneiro da Biblioteca Nacional 
de xeito parcial.
1
Á que Carvalho Calero denominou Os novecentistas e Arcadio López Casanova a Xeración de 1922.
Comentario literario de textos galegos
2007/2008USC2
 
4. A renovación poética na preguerra: Manuel Antonio, Bouza Brey, Cunqueiro, AmadoCarballo
5)
1904
: edición crítica do
Cancioneiro da Ajuda
feita po
C. Michaëlis
.Nestes momentos estase a desenvolver en Galiza o Rexurdimento e é posíbel que non chegasen as novas sobre a lírica medieval. Con todo aparecen dúas publicacións en relación a isto:1)En
1876
 
Teodosio Vesteiro Torres
publica en
 El Heraldo Gallego
as sete
cantigas de amigo
de
Martín Codax
cunha visión moderna, xa que asconsidera como unha unidade narrativa.2)En
1886
 
Antonio de la Iglesia
publica a antoloxía
 El idioma gallego
, na quese recollen un bo número de
cantigas
.Con todo, non será até os
anos 20
do século XX cando se difundangrazas ás edición das
Cantigas de amigo
(1928) e das
Cantigas de amor 
(1932) de
José Joaquim Nunes
. Ademais, existe xa un
público preparado
para achegarse áliteratura medieval.
2.1.2. Antecedentes
O feito de considerar ou non o neotrobadorismo como unha
vangarda
aínda é debatido, xa que supón unha
renovación
, pero non unha ruptura. Pero si podemos dicir que foi unha estética con
moito éxito
, que se mantivo no tempo até aactualidade, aínda que foi na
preguerra
cando máis se cultivou.Entre os antecedentes ao neotrobadorismo debemos destacar:1)
“O canto do vixía”
(aproximadamente de 1905) de
Pondal
, poema no que seaprecia a influencia de Johan Zorro.2)
Carles Riba
, autor de
5 cantares de amigo
datados en 1911 e editados en 1987(
 Papers de juventut 
), dedicados á súa moza galega Pepita Vila. No seu cantar nº 2atopamos:
Características
propias da
lírica medieval
: leixa – prén, paralelismo literal por pares de estrofas, coita de amor, paisaxe, refrán, dísticos, estrofas alternas,rima asonante...
Características
que
difiren das da lírica medieval
: léxico moderno (
 xeitosa
),a voz emisora non é feminina senón que hai dúas voces: a dun narrador omnisciente e a do amigo.3)
Afonso Lopes Vieira
, quen escribe un
poema neotrobadoresco
que se publicaríaen
 A Nosa Terra
en 1917.4)
Xan Vicente Viqueira
, autor do
“Poemeto da vida”
(1919), publicado en
 Ensayos y poesías
(1930), no que atopamos:
Unha
rúbrica introdutoria
en prosa, coma na cantiga V de Martín Codax.
Catro dísticos con refrán
, coma na cantiga de amigo paralelística.
Unha ambientación que lembra á das
albas
provenzais (
ao raiar do sol 
)
2.1.3. Etapas
A)
Xurdimento
(anos 20 e 30, até a Guerra Civil), na que destacan autores coma:
Comentario literario de textos galegos
2007/2008USC3
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...