You are on page 1of 20

Signature Not Verified

Digitally signed by Rexistro Entrada Date: 2013.09.16 18:19:57 +02:00 Reason: 12357 Location: Parlamento de Galicia

MESA DO PARLAMENTO

O Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cmara, apresenta a seguinte Proposicin non de lei, para o seu debate en Pleno, relativa ao Dictame emitido pola Comisin non permanente para estudio da problemtica dos incendios forestais no ano 1987.

EXPOSICIN DE MOTIVOS: Durante a II Lexislatura do Parlamento de Galicia (1985-89), baixo a presidencia do Excmo. Sr. D. Toms Prez Vidal, constitese nesta Cmara unha 'Comisin non permanente para estudio da problemtica dos incendios forestais'. Presidida por D. Aurelio Domingo Miras Portugal, con D. Ramn Flix Blanco Gmez na vicepresidencia e D. Xos Enrique Rodrguez Pea como secretario, e integrada asimesmo polos deputados D. Xos Manuel Beiras Torrado, D. Manuel Blanco Surez, D. Fernando Carlos Rodrguez Prez, D. Jos Romero Becerra e D. Celestino Torres Rodrguez, e asistida ademis por un comit asesor cientfico-tcnico designado por ela mesma, a comisin desenvolve ao longo de varios meses o seu labor, que desemboca nunhas xornadas de estudio celebradas en San Caetano coa participacin de especialistas e expertos procedentes de diversos pases, e conclue na redaccin dun Dictame que se publica no n 164, Ano VI, do B.O. desta Cmara con data do 13 de xullo de 1987. Finalmente, ese Dictame ser aprobado polo Pleno do Parlamento en sesin celebrada o 24 de novembro dese mesmo ano 1987 (B.O.P.G. n 204 do 23 de decembro). O referido Dictame estrutrase en 5 seccins: 1. Exposicin de Motivos; 2. Obxectivos bsicos; 3. Competencias en materia de incendios da Comunidade Autnoma Galega; 4. Resolucins; e 5. Plan de accins inmediatas.

Sen perxuizo de adxuntarmos en Anexo a esta PNL a reproducin ntegra do texto do Dictame publicado no BOPG do 13-07-1987, parcenos til facer referencia a algns dos aspectos e elementos mis salientbeis do seu contido. O primeiro consiste, ao noso ver, en que a Exposicin de Motivos do Dictame contextualiza a grave problemtica dos incendios forestais, convertida xa daquela nunha sorte de pandemia, cunha rigorosa anlise e diagnose do medio natural galego, da estrutura do monte e das masas forestais, da sua interrelacin co sector agrario e os ecosistemas, e mis das polticas forestais daquela imperantes, a organizacin e accin da Administracin, e a sua negativa incidencia na praga dos incendios, de xeito que se elucidan as causas primas da pandemia e sntanse os fundamentos dos criterios bsicos para unha estratexia de erradicacin dos factores que combinadamente determinan a fatalidade dos incendios forestais como lacra persistente. A leitura dalgns anacos dese texto resultarlles singularmente elocuente: "A diversidade climtica, fisiogrfica e edfica, e a sa posicin xeogrfica, fan que se dea orixinalmente en Galicia unha grande diversidade ecolxica, na que a mistura e o carcter de encrucillada de dominios florais son as sas condicins naturais mis xenunas, polo que calquera intento de varia-lo carcter case monoespecfico que ten a actual cuberta forestal, producto da poltica forestal levada a cabo ata hoxe, debe camiar no mesmo senso que as tendencias de adaptacin da vexetacin mosaico de hbitats que se poden definir no espacio natural galego. As mesmo, unha vexetacin variada permitira tamn que a sa fauna acompaante atopase nela os seus biotopos especficos e que a diversificacin se espallase mundo animal. (...)

"Segundo o Inventario Forestal do ano 1972, en Galicia haba 698.500 has. (61,8% de monte arborado) de conferas, 343.621 has. (30% do monte arborado) de frondosas e 87.240 has. (7,7% de monte arborado) de eucaliptos. Pero hai que ter en conta que os ltimos anos contemplaron unha ampliacin acelerada de superficie ocupada polos eucaliptos, ata case duplica-las cifras anteriores, e unha reduccin da superficie ocupada polas frondosas autctonas. Os precarios coidados na seleccin das sementes usadas en repoboacin e a falta de atencin tcnica das masas presntannos un panorama forestal conformado por rbores de moi baixa calidade tecnolxica, sendo mis grave nas frondosas e os pieiros ca nos eucaliptos, non s polo seu estado senn tamn polas sas posibles aplicacins. As causas que levaron anterior son, entre outras: fraccin de cabida cuberta defectiva, ausencia de tratamentos selvcolas e culturais, seleccin negativa das rbores nais destinadas rexeneracin das masas, ausencia de calquera criterio para defini-los turnos da corta e escasa ou nula atencin s problemas fitosanitarios, entre outros. conveniente resaltar que as masas de frondosas, polo xeral, presentan un estado lamentable, debido fundamentalmente presin humana que estiveron sometidas historicamente, sendo exemplo palpable de seleccin xentica negativa. (...) "Dende 1961 ata 1986, mbolos dous inclusive, lvanse producido en Galicia numerosos incendios forestais que custaron vidas humanas e nos que practicamente se queimaron 1 milln de has., case a metade do terreo forestal, que perderon rentabilidade, fertilidade e capacidade productiva e mis protectora. (...)

"A poltica forestal incidiu, en moitos casos negativamente, sobre os incendios, basendose unicamente en repoboacins con especies de turno curto, dirixidas a obter unha rpida rentabilidade, pero esquecendo a sa adaptacin s condicins ecolxicas, a sa combustibilidade e a aplicacin de tcnicas selvcolas axeitadas, e foi aplicada con cambios bruscos nos usos do monte e en contra da vontade dos propietarios e da sociedade. (...) "A extensin forestal, a calquera nivel, est practicamente ausente de Galicia no medio rural, debido falta de tcnicos con coecementos forestais no seo dos Servicios de Extensin Agraria e dedicacin da Gardera Forestal a outras funcins. A nivel tcnico non se produciu unha relacin institucionalizada e efectiva entre os xestores e mailos investigadores. Non existen canles formais que permitan a intercomunicacin efectiva entre os componentes do sector, desde a Administracin ata os industriais, pasando por comuneiros, propietarios, tcnicos, gardera, persoas interesadas no medio ambiente, uso recreativo do monte ou calquera outra actividade. (...) "A loita contra os incendios debe partir dunha estratexia integrada na que os propietarios, en primeiro lugar, e as Administracins implicadas (local, provincial, autonmica e estatal) tean ben claras as sas competencias e as actuacins se fagan dun xeito organizado e coordenado. A realidade que en Galicia esta organizacin e coordenacin ten fallos moi graves, e mesmo a interpretacin que se lle d delimitacin de competencias en moitos casos confusa e diverxente. Esta falta de entendemento e integracin agrvase a partir do ano 1983 coas transferencias, decatndose hoxe un desalento nos propietarios, que deixan o monte sa sorte, unha falta de organizacin dos recursos e unha inaxeitada asignacin e distribucin dos mesmos.

O segundo aspecto mis salientbel do Dictame que, no enunciado dos obxectivos bsicos, faise fincap nos tres seguintes: "1) Unha mis axeitada organizacin, coordenacin, asignacin e distribucin dos recursos que fagan mis eficaces as accins de institucins e asociacins implicadas na loita contra os incendios. 2) Conseguir que as accins preventivas tean progresivamente mis importancia dentro dos plans xerais de loita contra os incendios forestais. 3) Que se considere que os efectos dos incendios forestais afectan a todo o ecosistema con repercusins que transcenden o propio mbito territorial da zona afectadas, e que se poden manter durante longos perodos de tempo. En terceiro lugar, e congruentemente co devandito, o conxunto de 47 directrices enunciadas na seccin "4. Resolucins", distribuense en catro frontes temticas de actuacins: A) Economa e Poltica Forestal (resolucins 1 a 22); B) Prevencin e extincin (res. 23 a 37); C) Impactos ecolxicos (res. 38 a 45); e D) Lexislacin (res. 46 e 47). Finalmente, o ambicioso "Plan de accins imediatas" co que remata o Dictame propn un novo "corpo lexislativo" ad-hoc e un repertorio de directrices concretas de imediata posta en prtica (para o que nos remitimos ao Anexo adxunto). Van al 26 anos de sucesivos gobernos na Xunta de Galiza -todo un cuarto de sculo, nada menos. A simples leitura do Dictame pon de manifesto que a imensa maiora das lias de accin que propua, aprobadas polo Pleno desta Cmara, fican sen seren anda levadas prctica. mis: o contido dos plans e polticas forestais postas en prtica dende aquela at hoxe van mesmamente en direicin contraria s resolucins do Dictame no apartado de "Economa e Poltica Forestal". Consecuentemente, a pandemia dos incendios forestais contina, os montes seguen a arder cada ano, e a dimensin da praga depende s

das condicins climatolxicas: s os 'bombeiros celestiais' que fan chover cando lles cadra dan remate cada ano catstrofe, mentras o poder executivo leva un cuarto de sculo a facer caso omiso das directrices elaboradas e aprobadas en sede parlamentar en 1987.

Por todo o devandito, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, apresenta a seguinte Proposicin non de lei para o seu debate en Pleno.

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar e programar de imediato as decisins e medidas poltico-administrativas, tcnicas e loxsticas necesarias para pr en aplicacin as resolucins e directrices propostas polo Dictame da Comisin non permanente para estudio da problemtica dos incendios forestais e aprobadas en sesin plenaria do Parlamento de Galicia con data do 24 de novembro de 1987.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013.

Asinado dixitalmente por:

Xos Manuel Beiras Torrado na data 16/09/2013 17:59:44 David Fernndez Calvio na data 16/09/2013 18:00:07 Mara Consuelo Martnez Garca na data 16/09/2013 18:00:12 Antn Snchez Garca na data 16/09/2013 18:00:16 Eva Solla Fernndez na data 16/09/2013 18:00:20 Ramn Vzquez Daz na data 16/09/2013 18:00:23 Jos Javier Ron Fernndez na data 16/09/2013 18:00:25 Jun Manuel Fajardo Recouso na data 16/09/2013 18:00:27 Yolanda Daz Prez na data 16/09/2013 18:00:30

You might also like