You are on page 1of 3

PROPOSTA DO EQUIPO DE GOBERNO DA DEPUTACIN PARA INSTAR S GOBERNOS CENTRAL E AUTONMICO A QUE REALICEN UNHA DISTRIBUCIN DAS AXUDAS

DA PAC EQUITATIVAS E POAN EN MARCHA MEDIDAS ESTRUTURAIS QUE PERMITAN IMPULSAR O SECTOR AGROGANDEIRO NA PROVINCIA DE LUGO EXPOSICIN DE MOTIVOS
A nova proposta da Unin Europea de Poltica Agraria Comn (PAC) est a xerar fortes dbidas entre os gandeiros. O descoecemento que o sector ten de cmo vai ser o reparto destas axudas empeora anda mis se cabe o momento tan complicado que est a vivir o agro, e configura un panorama claramente desolador tanto para produtores como para o rural galego. En primeiro lugar, a nova proposta da PAC, tal e como xa denunciaron os sindicatos agrarios, incle un importante recorte nas axudas. En termos reais, respecto do sexenio anterior, esta diminucin dun 13%; unha porcentaxe mis que significativa, e que se ver incrementada nun 6% cos recortes que ten previsto aplicar o Goberno Central nos prximos anos. A maiores desta reduccin, outra das cuestins que preocupa seriamente s produtores lucenses son os criterios que introduce para a distribucin e a obtencin destas axudas. Deste xeito, por primeira vez, as achegas non se concedern en funcin do emprego e a produtividade, senn que priorizarn o nmero de hectreas por riba da producin, provocando as que os produtores de leite sexan os grandes perxudicados. Con esta merma nas subvencins, sumada s novos condicionantes aplicados para a sa obtencin, os Gobernos do Partido Popular favorecen, por unha banda, que Galicia siga sendo a Comunidade de Espaa que menos axudas recibe coa PAC e, pola outra, que se produza unha desarticulacin dos sistemas de control de mercado debido especulacin dos prezos; o que, sen lugar a dbidas, implicar unha diminucin da renda dos gandeiros. A proposta supn, por tanto, un lastre para este sector que, na actualidade, xa est a padecer os efectos da Reducin de Mdulos de Cotizacins nas Declaracins da Renda; outra medida aplicada polo Ministerio de Facenda recentemente, e que supuxo, no caso do leite, un incremento nos custes do IRPF do 12% e, no da carne, un 6%. Este aumento de taxas, que se sita nos 4.000 euros de media por produtor, repercute directamente na rendibilidade econmica das granxas, pois se multiplicamos esta cantidade polo nmero de explotacins censadas na provincia de Lugo, este aumento tradcese nun sobrecuste para o produtores de 72 millns de euros. 1

Por todo o exposto, urxente e necesario, que Goberno Central e Xunta de Galicia poan en marcha medidas estruturais que axuden s gandeiros a paliar a complicada situacin que atravesan, motivada en boa parte tamn polos custes da producin: mentres os prezos actuais do leite son semellantes s de hai 6 anos atrs, e os do gando tan s son un 15% superiores, o incremento que experimentaron o pensos, fertilizantes ou enerxa nos ltimos meses, situouse entre un 35 e un 60%. O sector agrogandeiro est moi endebedado e precisa estabilidade, por iso as administracins central e autonmica teen que velar polo reparto das axudas da PAC e polo cumprimento da lei; teen que garantir a supervivencia das explotacins gandeiras das que dependen tantas familias na provincia de Lugo, aportando solucins econmicas que permitan manter os postos de traballo existentes no rural; teen que apoiar aqueles proxectos que sexan viables, concedndolles o mesmo trato que o dado a Alimentos Lcteos; entidade que se atopa en fase de liquidacin dende o 6 de setembro, e para a que o Executivo Galego volcou numerosos esforzos, tal e como revala o informe do administrador, que recolle a aportacin de catro prstamos por parte do Executivo de Feijo, a travs de Xesgalicia, por valor de mis de 4 millns de euros para esta Cooperativa cando esta se atopaba na fase de concurso de acreedores. Polo que vai dito, propoemos que polo Deputacin de Lugo se aprobe o seguinte: Pleno da Excma.

ACORDO
A) A Deputacin de Lugo esixe s Goberno Central e Autonmico que concreten as previsins que manexan para o reparto dos 50.000 millns de euros ata 2.020 da PAC; que expliciten quenes van a ser os perceptores destas axudas: os agricultores en produccin, calquera propietario de terras; e xustifiquen porque imos seguir sendo unha das Comunidades que menos dieiro percibe por beneficiario e por hectrea da Poltica Agraria Comn, cando somos unha da principais Comunidades coa maior producin agrogandeira de toda Espaa e contamos cunha importante poboacin activa agraria tanto en termos absolutos como porcentuais. B) O organismo provincial insta s Executivos de Rajoy e de Feijo a que poan en marcha medidas estruturais que revertan esta situacin e contriban a resolver a grave crise e a falta de liquidez das explotacins lucenses. C) A Deputacin de Lugo esxelle Xunta de Galicia que impulse o sector agrogandeiro lucense con proxectos que sexan rendibles tanto econmica como socialmente, xusto contrario do plan estrela do goberno de Feijo na provincia: Alimentos Lcteos, con resultados ruinosos para o sector e,

especialmente, para os gandeiros e empregados da factora de Outeiro de Rei.

Lugo, 19 de setembro de 2013

O voceiro do Grupo Provincial Socialista Nacionalista Galego,

O voceiro do Bloque

Asdo. Manuel Martnez Nez Iglesias

Asdo. Mario Outeiro

You might also like