• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
Unidade de Promoción e Desenvolvemento daMancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
11
      T    r     i      b    u    n    a
Os pactos territoriaisde emprego
 Equipo da Unidade de Promoción e Desenvolvementodo Pacto Territorial de Emprego do Salnés
Na sociedade actual o desempregoestase a converter nunha problemática nonsó de carácter económica, senón taménsocial e cunha compoñente psicolóxicapara as persoas. Dende as distintas adminis-tracións, tanto a nivel estatal como a nivelcomunitario, estanse a deseñar políticas deemprego que fomenten a ocupabilidade,centrándose principalmente naquelescolectivos con máis dificultades de accesoao mercado laboral.En sintonía coa tendencia comunitariade descentralización das políticas activas deocupación, iníciase un proceso de participa-ción das institucións locais e dos axentessocioeconómicos, recollido na EstratexiaEuropea de Ocupación (EEO). Esta participa-ción materialízase a nivel autonómico noDiálogo Social en Galicia, que está integra-do por nove acordos diferentes. O terceirodeles é o “Acordo sobre o novo modelo deservizo público de Galicia”, onde se define aposta en marcha de Pactos territoriais deemprego, figura promovida pola ComisiónEuropea no ano 96.
 Zona territorial do Pacto do Salnés
 
Unidade de Promoción e Desenvolvemento daMancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
12
      T    r     i      b    u    n    a
 Así, o Decreto 98/2008 crea e regula osPactos territoriais de emprego como órganosconsultivos participados pola Xunta deGalicia, organizacións empresariais e sindi-cais máis representativas, e concellos incluí-dos no ámbito territorial do Pacto.Establécese a constitución de quince Pactosde Emprego, comezando con catro Pactospiloto: Costa da Morte, Lugo, Valdeorras e OSalnés. Prevese que no ano 2009 estean enfuncionamento os quince Pactos que abran-guerán todo o territorio de Galicia.O obxectivo é o deseño dun plan deemprego no que se incardinarán tódalasaccións que se leven a cabo no seu marco xeográfico. Para a súa elaboración pretén-dese a participación e involucración detódolos actores, de maneira que este plande emprego xurda dende o diálogo e aconcertación.Os Pactos están compostos por unha Asemblea Xeral, un Comité de Dirección eunha Comisión Técnica. Nunha primeirafase, a Comisión Técnica encárgase dedesenvolver o plan de traballo encomenda-do polo Comité de Dirección, e da elabora-ción de documentación de carácter técni-co. A documentación elaborada polaComisión Técnica será elevada á Asemblea Xeral polo Comité de Dirección, que é quenrealiza a xestión diaria do Pacto, estableceos plans de traballo necesarios para a súaconsecución e executa os acordos da Asemblea Xeral. Dita Asemblea está forma-da por, alomenos, un representante decada participante no Pacto e aprobará,mediante un sistema de voto ponderado, osseguintes documentos: A análise das fortalezas e debilidades,oportunidades e ameazas no ámbito doemprego.O Plan de emprego do territorio.O estudo e avaliación dos diferentesindicadores de emprego.O informe das distintas propostas deactuación relativas a políticas activas deemprego.
O Decreto 98/2008regula os Pactosterritoriais deemprego comoórganos consultivosparticipados pola Xunta de Galicia,organizaciónsempresariais esindicais, econcellos incluídosno ámbito territorialdo PactoO obxectivo é odeseño dun plande emprego noque seincardinarántódalas acciónsque se leven acabo no seumarco xeográfico
 
Unidade de Promoción e Desenvolvemento daMancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo
13
      T    r     i      b    u    n    a
 A Comisión Técnica de cada Pacto,materialízase nunha Unidade de Promocióne Desenvolvemento, integrada por un direc-tor, un técnico de prospección e análise demercado de traballo, un técnico de orienta-ción e mellora da empregabilidade, un téc-nico en emprendemento e promoción deemprego e un administrativo.Un dos eixos para a elaboración do plande emprego do Pacto, é o de mobilizar osaxentes de cara a fortalecer o traballo enrede. Compre que cada un deles coñeza asaccións e aos seus destinatarios, de maneiraque cheguen a tódolos colectivos, especial-mente aos que máis dificultades teñen paraa súa inserción laboral. Ao tempo, quéreseservir de apoio a actuacións novidosas naspolíticas activas de emprego, facilitando asúa promoción e a posterior difusión de boasprácticas.Non son soamente as administra-cións locais e autonómicas, os sindicatos eas organizacións empresariais as queestarán representadas nos Pactos de empre-go. Prevese xa no propio decreto a creacióndun Comité Asesor composto por entidadesasociativas locais e comarcais, universida-des, centros de investigación e aquelas insti-tucións que poidan ter relevancia en cadaun dos territorios dos Pactos.
 A nosa experiencia: primeiros pasos daUPD da asociación impulsora do PactoTerritorial de Emprego do Salnés
Cando chegamos ao ecuador da pri-meira fase da UPD, que puxo en marcha a Asociación Impulsora do Pacto Territorial deEmprego do Salnés, aproveitamos a ocasiónpara resaltar os aspectos que nos parecenmáis salientables do noso traballo.O Diálogo Social estableceu a necesida-de de creación dun novo nivel de participa-ción dos axentes que traballan máis ligadosao territorio, para que aporten os seus coñe-cementos e experiencias. Xorden entón osPactos Territoriais de Emprego e as súas aso-ciacións impulsoras.
Concellos pertencentes ao Pacto Territorial de Empregodo Salnés
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...