HISTORIADAARTEIESMARÍASARMIENTO
3
•
Cores complementarias:
as cores primarias que non entran na composición dunhasecundaria ou binaria. Son: azul, complementaria da alaranxado, a vermella,complementaria da verde, e a amarela, complementaria da violeta.
•
Curva praxiteliana
: contrabalanceo acusado do contraposto, ata adquirir trazo curvilíneoou en S. Serve para acentuar a sensación de dinamismo. Caracterizaba a composición dasesculturas de Praxíteles.
•
Difuminado/sfumato
: técnica pictórica que utiliza contornos vagos e esvaecidos, ó tempoque os planos afastados quedan somerxidos nunha néboa vaporosa. É propia da pintura deLeonardo da Vinci e, en certo sentido, da súa achega á perspectiva aérea
•
Entaboamento
: estructura arquitectónica das ordes clásicas, encima dos soportes econstituído por arquitrabe, friso e cornixa nas ordes clásicas.Arquitrabe: parte inferior do entaboamento que se apoia directamente sobre a columna.
Friso
: faixa decorativa de desenvolvemento horizontal, situada entre o arquitrabe e acornixa no entaboamento das ordes clásicas. Tamén se aplica a calquera faixa decorativahorizontal.
•
Cornixa
: na arquitectura clásica, parte que sobresae no alto do entaboamento despois dofriso. En xeral, a parte superior e saínte que remata un edificio.
•
Escultura exenta ou de vulto redondo
: a que pode ser contemplada desde calquera puntode vista ao seu redor pois non está adosada a nada. Tamén, a traballada por todos ossitios.
•
Altorrelevo
: aquel relevo que sobresae do fondo máis da metade do seu vulto.
•
Baixorrelevo
: aquel relevo que sobresae do fondo menos da metade do seu vulto.
•
Espacio límite:
espacio delimitado por elementos arquitectónicos que inflúe nas formasdo relevo ó limitar a súa expansión de xeito que este adquire forma mural, limita osvolumes e só suxire o movemento sen romper a continuidade de planos
•
Espacio medio
: espacio aberto á expansión dos volumes escultóricos de modo que superaos límites impostos pola arquitectura, estendéndose como formas vivas en planosmúltiples e contrastados que a luz quebra. Favorece a dispersión dos volumes , o xogo debaleiros e as rupturas bruscas.
•
Estatua columna
: estatua de canon xeralmente esvelto, adosada ao fuste dunha columnae aproximadamente da súa mesma altura.
•
Estatua ecuestre
: escultura en vulto redondo que representa unha figura humana acabalo.
•
Estilo
: conxunto de trazos orixinais e persistentes dun artista, época, escola ou zonaxeográfica, que permiten identificar as obras como feitas por el ou en eles.
•
Iconografía
: ciencia que estudia a orixe, formación e desenvolvemento dos temasfigurados e dos atributos cos que se poden identificar e dos que adoitan acompañarse.
Iconoloxía
: ciencia que estudia o sentido que as formas, as imaxes,... dunha obra, posúenen canto concirne ao alegórico ou simbólico
•
Imposta
: fiada de pedra ou ladrillo, a miúdo sobresaínte, sobre a que se asentan un arcoou unha bóveda
•
Liña serpentinata
: liña compositiva da figura humana en serpentina. Conforma un xiroviolento sobre si mesma de modo que as figuras contrabalancean cabeza, ombreiros ecadeiras. Moi propia do Manierismo .
Leave a Comment