Welcome to Scribd, the world's digital library. Read, publish, and share books and documents. See more
Download
Standard view
Full view
of .
Look up keyword
Like this
2Activity
0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
Beiras: intervención no debate do estado da nación 15-10-2013

Beiras: intervención no debate do estado da nación 15-10-2013

Ratings: (0)|Views: 258 |Likes:
Beiras: intervención no debate do estado da nación 15-10-2013
Beiras: intervención no debate do estado da nación 15-10-2013

More info:

Published by: Anova Irmandade Nacionalista on Oct 15, 2013
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

10/15/2013

pdf

text

original

 
Intervención de Xosé Manuel Beiras: debate do estado da nación (15 – 10 – 2013).
Coa venia da Presidéncia, señorías:señor Núñez, cántas vítimas máis serán precisas?. Cántas vítimas máis das agresivaspolíticas antisociais que os seus amos dictan e vostedes executan, ntas iscomprirán para que vostedes entren en razón e rectifiquen?. Cántas vítimas, inclusivevítimas mortais, tanto as evidentes, as que ostensíbelmente se fan públicas e mesmoaparecen cifradas, convirtidas en simples números, canto as non evidentes, que ficanna sombra até que analistas serios e sensíbeis revelan que son tamén vítimas das suaspolìticas 'austericidas', dos salvaxes recortes nos servizos públicos que atenden ásnecesidades dos cidadáns do común en sanidade, asistencia aos vellos, discapacitadose demáis seres dependentes, de proteción ás mulleres acosadas por energúmenos'machistas, e asi seguido?. Cando se fala do emprego que enxendra unha actividadelaboral, adóitase computar os 'empregos directos', cifrados con exactitude, e máis os'empregos indirectos', calculados só por estimación. Mais é frecuente que a magnitudedos 'indirectos' sexa meirande que a dos 'directos' -e unha táboa input-output benelaborada e abondo desagregada abondaría para corroboralo con exactitude. Pois nistodas vítimas das suas antisociais políticas ultraliberais acontece algo análogo -só que entermos cáseque 'porno' de traxedia social e humá. Vitimas mortais evidentes dunhairresponsábel administración ferroviaria, como as da catástrofe de Angrois o vranpasado, en Galiza, ou dunha xenófoba e até racista política da UE, como a recentísimatraxedia dos frustrados inmigrantes africáns, en Lampedusa. No actual estado decousas, compre que haxa cadavres a esgalla 'sobre a mesa' -horrorosa expresión quevostedes empregan- para que se custionen
determinadas
 
actuacións
do poder e asadministracións públicas. E actuacións concretas, nunca as directrices políticas ouos 'compromisos podres' que determinan esas actuacións. Iso nunca!. Bótanse vostedesa choromicar con bágoas de crocodilo, actúan como pranteiras alugadas, e morra oconto. Por iso rexeitaron a nosa iniciativa conxunta co BNG para que o Parlamentoconstituise unha comisión que participase na necesaria investigación extra-xudicial. Epor iso tamén a UE non vai modificar a sua xenófoba, reitero, e anti-humanitariapolítica en materia de inmigración.
1
 
Intervención de Xosé Manuel Beiras: debate do estado da nación (15 – 10 – 2013).
Pero logo están, ademáis, as vítimas 'opacas' , que só as plataformas de auto-defensacidadán e máis os profisionais honestos e valerosos dos servizos mutilados porvostedes ousan revelar. Colectivos de siquiatras que avisan do medre das cifras desuicidios e advirten que non se deben a que á xente se lle dea por se tirar a vida enmasa, como fascinados por un frautista de Hamelin redivivo, senón porque cada vezhai máis cidadáns en condicións límite de existencia. Cidadáns que se mobilizan paraimpedir desafiuzamentos de xente ao borde da miseria, e cando a tima seauto-inmola berran "no es un suicidio, es un asesinato". Médicos que advirten doascenso na mortalidade dos vellos que non se medican por mor do co-pago/re-pagodos fármacos, ou porque as suas familias xa non poden pagarlles a estancia enresidencias axeitadas. Cardiólogos que denuncian o aumento de mortes por recortesnos servizos, deterioro e alongamento dos traslados en urxencia -que ás vecesconvírtense nun via-crucis profano, especialmente no meio rural galego. Médicos esanitarios que califican de 'homicida' a decisión de que os pacientes de enfermedadescrónicas ou graves, dende o cancro até o sida, teñan que pagar polo tratamentoextra-hospitalario. Ou até unha deputada madrileña do Partido Popular que sobrevivíuá catástrofe de Angrois e apostrofou como 'terroristas' aos presidentes de Renfe e deAdif -non sei se tamén minten os seus cando se saen da partitura oficial. É quevostedes non sinten arrepíos perante estes dramas, nen tan sequer un lene arreguizo noseu corpo?. Ou é que teiman en negar as evidencias, ou en descalificar como mintiránsrevirados aos cidadáns e profisionais que se arriscan a denunciar a situación?. Carecenvostedes de sensibilidade, son vostedes de pau?.Pois a nós conmóvenos o padecemento das xentes que lles confiaron aos poderespolíticos, ou sexa, actualmente, a vostedes, eiquí e no governo central do Estado, amisión de garantir os seus dereitos e liberdades, defender os intereses da maioríasocial, preservar o seu benestar, respeitar a sua dignidade como seres humáns ecidadáns libres. Velaí están as vítimas 'non mortais' dos crimes sociais que consumanas suas reaccionarias políticas
antidemocráticas
no máis xenuino sentido da palabra -poisque son políticas que disparan contra o
demos
, contra o povo no que debe residir a
2
 
Intervención de Xosé Manuel Beiras: debate do estado da nación (15 – 10 – 2013).
soberanía en toda democracia.
 
A nós conmóvenos e alporízanos a situación das xentesdo común que lles deron o seu voto, e máis das que non llelo deron, para quegovernasen para iles, e tópanse con que vostedes fan todo o contrario, ao servizo deplutócratas, especuladores, corruptores corruptos, ese enxamio de 'meigas chuchonas'realmente existentes que dictan as criminais polìticas que vostedes executan senescrúpulo ningún. Nen sequer ten vostede, señor Núñez, escrúpulos pra proclamar que"Galicia cumple!". Sí, claro: cumple cos estafadores que esbullan aos cidadáns destepovo secularmente maltratado. "Cumple" como cumplían os labregos servos que indahai cen anos pagaban os foros aos amos das terras que os condeaban á miseria até quemorrían ou emigraban. Como morren agora os cidadáns máis desvalidos, ou emigranos mozos e mozas, a empezar polos millor preparados. Entramentras, vostedesesméranse en mintir e enganar todo o que faga falla -que é moito mintir e enganar,abofé. Estarrican o pescozo como galo no poleiro, e outorgan, iso si, medallas quelevan o nome de Castelao. Pois é de Castelao aquela conmovedora e acusadoraestampa cun pé que dicía: "Non son pastores que vaian a Belén: son labregos que vanpagar os foros". Agora non son labregos os que pagan foros aos amos da terra -praempezar, porque vostedes emprurraron á clase labrega á estrema do exterminio eteiman na desertización do mundo rural. Os foreiros de arestora sóno, en variadamedida, tódolos cidadáns do común: todos pagan foro aos amos dos cartos alleos -quepara is, cando lles convén, ubanllelos aos letimos donos, como coas'preferentes'. Os amos dos cartos pagados en impostos e contribucións abusivas polosde abaixo, que deberan finanzar servizos públicos e sociais, pero que vostedes desvíandese destino para tapar os buracos negros da corrupta banca española e alemá.Vostedes son simplesmente os arrecadadores dos 'trabucos' impostos aos cidadánsreconvirtidos en servos, son os que cometen os atracos que ordenan os seus amos. Sonvostedes cipaios ao servizo dos poderes que maltratan ao povo que os paríu e dállesmantenza e até votos como llelos daban aos caciques denunciados e retratados porCastelao no seu tempo, o da Iª Restauración Borbónica, a precedente desta IIª que estáarestora a dar as boqueadas. (ou= a agonizar).
3

You're Reading a Free Preview

Download
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->