asociación e federacións
Despois de tres décadas de asociacionismo do sector literario podemos constatar que, a medida quese produciu unha mínima normalización do mercado literario (editorial e doutras industrias culturaisque empregan as creacións dos escritores), variaron tamén as necesidades do colectivo profesionale, polo tanto, das asociacións que os aglutinan.Sen perder o carácter e o sentido reivindicativo lingüístico e cultural -a miúdo, tamén, o político - asasociacións de escritores redefiniron, nun grao ou noutro, os seus obxectivos e liñas de acción.Cando menos, aquelas que pertencen aos ámbitos lingüísticos e nacionais periféricos do estadoespañol. Uns cambios que, obviamente, son de intensidade e manifestación distinta en cada caso, enestreita conexión coa diversidade de situación das linguas, das literaturas e das sociedadesrespectivas.Porén, isto non obsta para que haxa uns trazos que poidan ser comúns e que, de feito, xa estiveronen discusión repetidamente ao longo dos vinte e cinco anos que hai que se mantén un contactoregular entre as nosas asociacións. Partindo do feito definitorio común que as define a partir dunhaescolla de lingua e entorno cultural que expresa unha naturalidade que non é tan obvia –quecontinúa a ser unha elección, un compromiso- que faría falla discutir, se cadra un dos puntos principais, até que punto este trazo esencial conduce inevitablemente cara a unha primacía dasreivindicacións lingüístico-político-culturais por riba daquelas máis estrictamente profesionais.É, certamente, un debate que podería semellar sobrante e de solución evidente: ambos os dousaspectos han de estar equilibrados, pero na práctica non semella que sexa así. Mentres que aAsociación de Escritores Cataláns desenvolve unha acción progresivamente máis centrada nadefensa dos dereitos profesionais, a galega e a vasca semella que continúan crendo que os factoresderivados da reivindicación lingüística e política son esenciais, partindo da consideración de que oseu estado de “normalización” é inferior ou, se o preferimos, está nun estadio “anterior” á atinxida polos cataláns. No tocante a este tema, cómpre lembrar que, por exemplo, o grao dedesenvolvemento e normalización non é homoxéneo, abofé, nos diversos Países Cataláns, e taménque cómpre cuestionar a cada intre as timideces nas reivindicacións profesionais a partir deargumentos como a escasa potencia ou desenvolvemento das industrias culturais propias ou omantemento de hipotéticas “frontes únicas” nas que só se pode aportar sen reclamar nada.Unha asociación debería, pois, poder equilibrar ambas as dúas características fundacionais tendomoi claro que o obxectivo a curto ou medio prazo é o exercicio das súas funcións reivindicativas,non unicamente en termos lingüísticos e nacionais diante de inimigos externos, senón tamén das detipo estrictamente profesional perante dos intereses contrapostos das editoriais e das industriasculturais. Deica o momento en que non se é consciente de que as apelacións á solidariedade por parte destas, e as escusas do “non negocio” ou as limitacións do “aínda non estamos preparados”son moi a miúdo, case sempre, unha trampa vergoñosa, non é doado estruturar unha estratexiaaxeitada de defensa dos dereitos e das reivindicacións neste amplo terreo. E, certamente, ao principio -e non unicamente- cómpre contar primeiro coa sorpresa e despois co escándalo cando se presentan estas reivindicacións.Como consecuencia de estarmos inmersos –sometidos, suxeitos, integrados, como se queira dicir-dentro do estado español, temos unha lexislación de propiedade intelectual única e común da quederivan toda unha serie de posibilidade que cómpre exercer e que convén articular organizadamente, xa que sempre terá máis eficacia ca en accións illadas, dentro das fronteirasnacionais. E é curioso que, se ben ninguén cuestiona a pertinencia e a acción conxunta –até conoutras asociacións de ámbito estatal e expresión española- dentro de plataformas como Cedro,semella en cambio como se outras posibilidades de marco estatal tivesen menor importancia, enfavor da resolución de ámbito estrictamente autonómico. Isto é un erro que nos fixo perder moito
Leave a Comment