• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
 Diario Oficial de Galicia
venres, 7 de agosto de 2009
VI. ANUNCIOS
 Resolución do 26 de xuño de 2009 de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución do parque empresarial de Pacios-Baamonde, no concello de Begonte (Lugo).
Antecedentes.1. O concello de Begonte dispón como documento de planeamento municipal unhas normas subsidiariasde planeamento aprobadas definitivamente con data do 4 de abril de 1997.2. Con data do 22 de xaneiro de 2004 o Consello da Xunta de Galicia declarou de incidenciaSupramunicipal o Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma deGalicia, e con data do 27 de maio de 2004, adoptou o acordo polo que se aproba definitivamente o dito plan sectorial, que prevé 39 parques empresariais en toda a comunidade, entre eles o parque empresarialde Pacios-Baamonde, no concello de Begonte (Lugo).3. O proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde foi aprobado definitivamente por acordo do Consello da Xunta de Galicia o 15 de febreiro de 2007, publicado por resolución do InstitutoGalego de Vivenda e Solo no DOG nº 42, do 28 de febreiro de 2007, para os efectos do establecido polaLei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e polo Decreto 80/2000, do 23 demarzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal. Este proxectosectorial determina como sistema de actuación o de expropiación.4. Este parque empresarial ten unha superficie de 1.062.151 m2, abrangue a area destinada a usosindustriais cunha porcentaxe do 61,43% do ámbito da actuación ademais dos correspondentesequipamentos comerciais, sociais, depotivos e zonas verdes, e atópase ao noroeste do concello deBegonte, próximo o límite co concello de Guitiriz, na confluencia da estrada N-634 coa autovía A-6 aolado dereito en sentido Vilalba, polo que esta actuación supón unha ampliación das zonas industriais domunicipio de Begonte, aínda que cunha clara vocación supramunicipal e estratéxica para Galicia debido ásúa situación tamén no cruzamento de dúas importantes infraestruturas vertebradoras, a autovía A-6 emais a A-8, de recente posta en servizo na zona.5. O dito Acordo do 15 de febreiro de 2007 declara tamén a utilidade pública e o interese social das obras,instalacións e servizos previstos, así como a necesidade de ocupación para os efectos de expropiación dos bens e dereitos necesarios para a execución deste parque empresarial, o que lexitima o dereito deexpropiación.6. Declara así mesmo de marcado carácter territorial as obras previstas no proxecto sectorial para osefectos do disposto no artigo 11.3º do Decreto 80 /2000, do 23 de marzo, e na disposición derradeira primeira da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural deGalicia, en adiante LOUG.7. O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, o día 25 de outubro de 2007, ditou resolución pola que se acorda o inicio do expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta, e sesomete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar paraa execución do proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde no concello de Begonte, polo prazo dun mes, anunciándose no DOG nº 224, do 20 de novembro e no xornal El Progreso de Lugocon data do 12 de novembro de 2007 e tendo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a condición de beneficiario da actuación.8. A taxación foilles notificada individualmente aos que aparecían como titulares de bens e dereitos noexpediente, dándolles traslado literal das correspondentes follas de taxación e da proposta de fixación doscriterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data denotificación, tal e como sinala o artigo 143.4º da LOUG.
 
 9. Tamén se realizou anuncio no taboleiro de anuncios do concello e notificación mediante a publicaciónno BOP con data do 18 de febreiro de 2008 para aqueles propietarios aos que non se conseguiu achegar anotificación por resultar descoñecidos, por ignorarse enderezo ou porque, intentada non se puido practicar esta en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30 /1992, do 26 de novembro, de réxime xurídicodas administracións públicas e do procedemento administrativo común.10. Así mesmo, en aplicación do disposto no artigo 143.5 da LOUG, con data do 20 de novembro de2007, deuse traslado do expediente ao concello, para o trámite de audiencia, e déuselle traslado darelación de titulares, bens e dereitos afectados ao Ministerio Fiscal con data do 4 de decembro de 2007 para os efectos do disposto no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.11. Segundo certificación do 5 de marzo de 2009 do xefe do servizo xurídico da delegación daConsellería da Vivenda e Solo en Lugo, durante o período de información pública presentáronse 58alegacións correspondentes a 118 predios; aceptáronse parcialmente 59 e desestimáronse 76. Comoconsecuencia disto acompáñase relación definitiva de bens e dereitos afectados no anexo desta resolución.12. O Instituto Galego de Vivenda e Solo remitiu, con data do 26 de marzo de 2009, o expediente deexpropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polaexecución do parque empresarial a esta consellería para a súa aprobación definitiva, de conformidade codisposto polo artigo 143.6º da LOUG.Fundamentos xurídicos.Primeiro.-A competencia do Instituto Galego de Vivenda e Solo para iniciar este procedemento, comoAdministración actuante, vén determinada pola Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto, envirtude do previsto nos artigos 41, puntos 1e 2 e 45, e a súa competencia en materia de xestiónurbanística, como Administración actuante, recoñecida no artigo 225.2º b) da LOUG, polo que pode optar  pola aplicación do procedemento de taxación conxunta, segundo o disposto no artigo 142.2º da LOUG.Segundo.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, deconformidade cod isposto no artigo 143 da LOUG.Terceiro.-O expediente tramitado conta coa documentación preceptiva exixida polo artigo 143.1º daLOUG:-Determinación do seu ámbito territorial, cos documentos que o identifican en canto a situación,superficie e lindeiros, coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares dos bens edereitos que se precisan ocupar.-Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.-Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, nas que se contén non só o valor do solo, senóntamén as correspondentes ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.-Follas de prezo xusto que corresponden a outras indemnizacións, se é o caso.Cuarto.-Os terreos obxecto de expropiación encóntranse comprendidos dentro do ámbito do proxectosectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde no concello de Begonte (Lugo), que foi aprobadodefinitivamente por acordo do Consello da Xunta de Galicia o 15 de febreiro de 2007, no devandito proxecto sectorial fíxase un único sector que se desenvolverá polo sistema de expropiación.Á vista do que antecede, e de acordo co establecido no artigo 98 da LOUG, en relación co artigo 29. 2 dotexto refundido da Lei de solo, Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, resulta acreditada autilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.Quinto.-Os criterios de valoración fixados no proxecto de expropiación axústanse ao establecido nadisposición transitoria terceira punto segundo do texto refundido da Lei de solo, Real decreto lexislativo2/2008, do 20 de xuño.Sexto.-A competencia para aprobar o expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxaciónconxunta correspóndelle, por delegación, á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, deacordo co artigo primeiro punto 1 da orde do 11 de maio de 2009 sobre adscrición de órganos e
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...