You are on page 1of 4

2. A Galiza altomedieval.

A formación do feudalismo

1. Introdución
Desde fins do século III o Imperio Romano entra en crise, o que suporá
para o territorio galego:
 Unha crise menos intensa ca noutras provincias, polo sincretismo cultural
entre o romano e o autóctono.
 A adopción definitiva da denominación de Gallaecia para a provincia (até entón
tamén se empregaba Asturia-Gallaecia).
 Mutacións na paisaxe:
 Urbana: reactívanse cidades coma Lugo, Astorga, León ou Chaves,
destacando a necesidade de establecer mecanismos de defensa pola
inestabilidade do momento. Non é, sen embargo, esta a finalidade da
muralla de Lugo, que reflicte o desenvolvemento da cidade.
 Rural: as villae toman forza, sendo o antecedente das vilas medievais.
Ademais reocúpanse algúns castros
 Penetración do Cristianismo, inicialmente a través do Priscilianismo.
A partir da caída do Imperio Romano, no 476, os foedus ou pactos entre
os pobos xermánicos darán lugar á aparición do curto Reino Suevo de Galiza, que
axiña sería dominado polos visigodos. Isto supón para Galiza:
 Esténdese a práctica do Cristianismo.
 Defínese a sociedade feudal.
 Establécese a monarquía asturiana entre moitas revoltas das que se intenta
desviar a atención difundindo a nova de que se achara o corpo de Santiago o
Maior en Composte.
2. A crise do Baixo Imperio. O Priscilianismo
A implantación do Cristianismo é en Galiza un feito tardío:
 Comeza nas grandes urbes, que se converten en sés episcopais ao longo do
século IV.
 A poboación rural conservará aínda os cultos pagáns e a penetración do
Cristianismo no rural será máis difícil.
Ademais, a Gallaecia tardorromana tiña un grande esplendor:
 Político, o emperador Teodosio nacera na provincia.
 Cultural, destacando nomes coma o de Paulo Orosio, quen se relacionou con
Agostiño de Hipona, ou Hidacio. Neste senso, Braga era un importante centro
cultural.
A figura de Prisciliano é unha figura controvertida. Sulpicio Severo
descríbeo coma un home instruído, fachendoso e de boa familia. Non se sabe con
certeza se a súa orixe é galaica, pero desde o último terzo do século IV e até a época
sueva o priscilianismo tivo unha importante presenza na Gallaecia e na Lusitania,
unha doutrina que:
 Defendía un modelo de Igrexa pastoral, non xerárquico, polo que foi
considerada herética. Prisciliano foi decapitado no 385 en Tréveris e
converteuse nun mártir para os seus seguidores.
 O seu espallamento na Gallaecia rural coincide coa expansión xeneralizada
do Cristianismo no rural, polo que foi moi seguida polo campesiñado
recentemente cristianizado, contribuíndo á cristianización de Galiza.

1 Historia de Galiza
2006/2007
USC
2. A Galiza altomedieval. A formación do feudalismo

3. Os Suevos. Galiza na monarquía astur-leonesa


3.1. O dominio xermánico sobre a Gallaecia
Desde o século III o Imperio Romano perde estabilidade e comezan a
penetrar nel pobos xermánicos, entre eles os suevos. No ano 411 un foedus ou pacto
co emperador asígnalles a este pobo o territorio galaico, que é ocupado por un
número moi reducido de suevos:
a) Nun primeiro momento de forma pacífica, producíndose un sincretismo
entre a poboación galaico-romana e a sueva que se materializa, por
exemplo, na conversión ao Cristianismo do pobo xermánico.
b) A partir do 429 os suevos emprenden campañas bélicas contra outros
pobos peninsulares.
c) Esta política expansionista é freada no 456 polos visigodos, quen integran
o reino suevo dentro dos seus territorios, obrigándoos a se converteren de
novo ao arianismo.
Son poucas as fontes que nos achegan información sobre este pobo:
a) Até o 468 Hidacio presenta os suevos coma un pobo itinerante con pouco
control sobre o territorio, polo que non sabemos moito da organización
política que puideran implantar.
b) A mediados do século VI Juan de Bíclaro conta que o pobo suevo se
reconverte ao Cristianismo, supondo isto un enfrontamento cos visigodos e
unha posíbel alianza cos bizantinos e un intento de independencia.
c) No 585 o rei visigodo Leovixildo anexiona o Reino Suevo ao visigodo de
xeito pacífico, xa que respecta as estruturas organizativas existentes.
Nisto último ten unha grande importancia a figura de MARTIÑO DE
BRAGA (chega á Gallaecia no 550 e morre no 579):
a) Orixe: a orixe deste persoeiro é un tema controvertido, do que se teñen
achegado diferentes teorías:
 Algúns considérano un húngaro formado en Constantinopla que
viría para establecer un achegamento co Imperio Bizantino.
 Outros consideran que chegou da Galia e que a súa formación se tería
completado en Braga.
b) Achegas:
 Recristianización de Gallaecia: exerce unha importante loita contra
as herexías, as tradicións pagás e o priscilianismo. En obras coma
De correctione rusticorum podemos apreciar como busca afastar dos
galaicos ritos pagáns coma a sacralización da natureza ou a
conservación do culto a deuses romanos.
 Organización eclesiástica da Gallaecia: que supón a creación de
mosteiros e sés, amais da celebración de concilios con dous
obxectivos:
 Implantación dun modelo episcopal xerárquico, feito que
fora impedido polo priscilianismo.
 Integrar a Gallaecia na organización eclesiástica cunha forte
colaboración entre as xerarquías civil e relixiosa.
c) Continuadores: como é o caso de Valerio ou Fructuoso, quen organiza
pequenas comunidades e no que se albisca a herdanza priscilianista,
ademais de facerse patente a forza que aínda tiñan as comunidades étnicas.

2 Historia de Galiza
2006/2007
USC
2. A Galiza altomedieval. A formación do feudalismo

Os tres séculos de dominación xermánica non deixaron grandes


cambios na organización social nin na explotación da terra, só unha maior
sedentarización e algúns topónimos, amais da percepción exterior da singularidade
da Gallaecia.

3.2. A formación da sociedade feudal


a) Gallaecia coma territorio fronteirizo

Gallaecia convértese nun territorio no que converxen influencias de moi


distintas culturas:
 Reminiscencias da época sueva e visigoda.
 Algunhas achegas dos árabes, aínda que moi escasas (chegada de Almanzor a
Compostela).
 Por mar chegarían influencias de normandos e viquingos (Catoira).
Todo isto fai que a Gallaecia sexa un territorio moi coñecido no exterior,
dando pé á inventio do sepulcro de Santiago.
b) Organización e control do territorio galaico

No que se refire á organización do territorio, cómpre destacar que na


Gallaecia non se produciu un proceso de repoboación coma noutros lugares da
Península segundo se ía desenvolvendo a reconquista, porque a Gallaecia non chegou
a ser conquistada polos árabes. Isto confírmao o estudo do Tombo de Celanova.
Así, conserváronse as estruturas suevas e visigodas.
Porén, durante os século IX e X lévase a cabo unha organización da
poboación consistente en:
a) O espallamento das vilas, non só como explotacións agrarias, senón tamén
como lugar de residencia. Estaban rexidas por un propietario ou villicus e
arredor delas comezaron a aparecer núcleos de menor rango, coma os vilares
ou casais.
b) Aparece unha servidume doméstica e sobre as terras, que desaparecerá no
século XII coa chegada do foro.
c) A agricultura será definitivamente sedentaria e van aparecendo as aldeas.
d) Confórmase unha estrutura señorial na que as propiedades estaban
concentradas nunhas poucas mans, ás que chegan por diferentes motivos:
 Doazón ou entrega das terras a cambio de protección.
 Perda das terras por débedas non saldadas.
 Axuda do poder público, quen impón multas que facilitan que as
terras caian en mans da nobreza.
e) Esta nobreza aínda é feble porque non ten asegurada a súa continuidade, non
existen casas nin liñaxes, só dependen das relacións políticas e da protección
do rei.
Pola súa banda, a Igrexa xoga un papel moi importante, non só polas
institucións que xa tiña desde a época sueva, senón polo apoio da monarquía. Entre
as súas institucións destacan:
a) As sés episcopais coma a de Iria, Lugo ou Mondoñedo (primeiro á beira do
Cantábrico).
b) Os mosteiros, de carácter familiar, que cobrarán máis importancia no século
XI coa chegada dos monxes da orde de Cluny, e logo cos do Císter.

3 Historia de Galiza
2006/2007
USC
2. A Galiza altomedieval. A formación do feudalismo

3.3. Galiza e a monarquía cristiá

Constitúese no territorio galaico unha monarquía independente do


Islam, coñecida como monarquía “asturiana”, aínda que identificada desde o
exterior como Galiza. Esta monarquía terá problemas para ser aceptada pola
nobreza:
 Para gañar a súa confianza favorecerá á nobreza, laica e relixiosa:
 Con poderes administrativos, militares e políticos.
 Con terras, especialmente aos conventos.
 Aínda así produciranse revoltas nos séculos VIII – XI que dividirán a nobreza
en dous bandos:
 Defensores: acción do monarca a través da nobreza.
 Traditores: acción do monarca mediatizada pola nobreza.
A monarquía tivo especialmente controlado o territorio galaico:
a) Co nomeamento de Comes Gallaeciae, xeralmente familiares do monarca.
b) Coa política relixiosa a través das sés episcopais (Iria).

4. A inventio do sepulcro de Santiago


A principios do século IX comeza a estenderse a nova, certa ou non, da
descuberta dos restos de Santiago o Maior na diocese de Iria, cuxo bispo era entón
Teodomiro. Comeza a construción dun templo e constitúese un novo centro de
peregrinación.
As razóns desta inventio son relixiosas e políticas, ambas moi
vencelladas:
a) Relixiosas:
 A tese da “dispersión apostólica” fai factíbel que os restos de
Santiago o Maior se poidan achar no noroeste peninsular.
 Ademais intenta combater a herexía adopcionista seguida no sur da
Península, que defendía que Xesús era o fillo adoptivo de Deus,
pretendendo así achegarse aos musulmáns.
b) Políticas:
 O feito de que haxa un centro de peregrinación no occidente da
Península reafirma a centralidade de Roma cuestionada por
Bizancio.
 Independencia respecto da Igrexa toledana.
A inventio do sepulcro de Santiago tivo, ademais, importantes
consecuencias, como é a aparición dun entorno urbano en Compostela:
 Unha cidade que medra rapidamente, xa que moitos peregrinos fican nela.
 Contará cun territorio arredor dela para conformar un señorío, grazas ao apoio
da monarquía.
 Trasládase a sé desde Iria até Compostela, constituíndose unha arquidiocese
que ocupa boa parte do occidente de Galiza.
 Aparición dun importante mercado en Compostela.
 Compostela será unha realidade diferenciada do entorno, unha realidade
urbana precoz que se volverá unha das cidades máis importantes de Europa.
 Convértese, ademais, nun símbolo de resistencia fronte aos mouros e no
centro relixioso peninsular.

4 Historia de Galiza
2006/2007
USC

You might also like