Welcome to Scribd, the world's digital library. Read, publish, and share books and documents. See more
Download
Standard view
Full view
of .
Save to My Library
Look up keyword
Like this
1Activity
0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
6. M. Proust

6. M. Proust

Ratings: (0)|Views: 20 |Likes:
Published by Luz Varela Armas

More info:

Published by: Luz Varela Armas on Aug 14, 2009
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as DOC, PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

08/13/2009

pdf

text

original

 
6. M. Proust 
1. Vida e obra
1.1. Vida
Pertence á
alta burguesía
parisiense e ten unha dobre orixe: xudía, por  parte da nai, e francesa, por parte do pai. Admirou aos simbolistas e aos románticos(Anatole France, quen aparece como Bergotte na súa obra). Estuda Ciencias Políticase traballa un ano como bibliotecario. Desde que leva a cabo o servizo militar (1889 – 1890) até 1905 ten unha
intensa vida social
, movéndose no ambiente da alta burguesía e a nobreza, ambiente que retratará na súa obra. Desde 1905/1908
retírase
na súa
casa
até a súa morte (era tamén de saúde débil). Será neste período candoescriba
 À la recherche du temps perdu
. En 1919 gañaría o premio
Goncourt 
.
1.2. Obra
a)
Pequenos relatos
. b)
 Jean Santeuil 
, obra
autobiográfica
escrita entre 1896 e 1899, pero publicadaen 1952.c)
 À la recherche du temps perdu
:1)
 Du côte de chez Swann
(1913)2)
 À l’ombre des jeunes filles en fleurs
(1918)3)...4)
 Le temps retrouvé 
(1926), é o último tomo.d)Obra crítica importante:
Contre Sainte-Beuve
, onde
critica
o
método
de
análise
da
obra literaria
en función da
vida
do
autor
, defendido por Sainte-Beuve.
2.À la recherche du temps perdu
2.1. Estrutura
Estamos perante unha
estrutura binaria
, un movemento circular constante que se repite nos diferentes episodios:1)
Busca
do
pasado
.2)
Recuperación
do
pasado
 
unido
ao
presente
.A estrutura corresponde á
evolución da vida de Swann
1
, personaxe que éunha
transposición
do propio
autor
. Proust non sigue unha estrutura lineal, senónque intercala episodios correspondentes a
diferentes épocas
A
unidade
vén dada polos
personaxes
, que sempre son os
mesmos
peronun movemento constante. É dicir,
evolucionan
, pero tamén cambia a
perspectiva
sobre eles.
2.2. Sociedade e personaxes
Describe a
sociedade aristocrática
e
burguesa
de
finais
do século
XIX
,unha sociedade na que os
xudeus
son moi importantes. A aparición da clase obreiralimítase aos personaxes que gravitan en torno á aristocracia e a nobreza (criados...)Os
personaxes
son descritos:
1
É unha evolución desde a infancia, de feito a obra comeza coa frase “Durante moito tempo deiteimecedo”.
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007USC
1
 
6. M. Proust 
a)
Fisicamente
. b)
Psicoloxicamente
, de xeito moi preciso.c)Atendendo aos
contextos
nos que están. Os diferentes contextos reflicten oscambios dos personaxes, unha
evolución
que o narrador exploracoidadosamente:
Analiza as súas
contradicións
.
Analiza minuciosamente a
mobilidade social
(ex: prostituta da aristocraciaque acaba sendo a muller de Swann).
Moitas veces son
tratados ironicamente
. (ex: reunións dos Verdurin, dosque se resaltan os seus aspectos ridículos).
2.3. Narrador 
O
mundo do narrador
e o do
autor
son o mesmo xa que a obra conténmoitos elementos autobiográficos, mais isto
non
nos pode levar a
identificar
o
narrador
co
autor
.Por outra parte, hai dous narradores:1)
Narrador omnisciente
.2)
Focalización interna
, centrada no
protagonista
. Porén, é capaz de evocar acontecementos posteriores, polo que moitas veces é coma se o narrador omnisciente se introducise na mente do personaxe (os
cambios
de narrador  prodúcense moi
rapidamente
), un personaxe central non é unitario, senón queten percepcións sucesivas diferentes.
2.4. Estilo
O estilo de Proust é moi
particular
, algunhas das súas características principais son:a)
Coherencia
. b)
Lonxitude
das
frases
(hainas de até 1500 palabras), feito que corresponde aoseu
pensamento asociativo
e tamén ao seu
gusto
.c)
Claridade
, unha
influencia
do
XVIII
: busca a palabra adecuada, evitadetalles innecesarios...d)Uso da
metáfora
, quizais o trazo
máis destacábel
.2.5.
Tempo (!)
O tempo é o elemento de
maior importancia
en
 À la recherche du temps perdu
, un tempo que se caracteriza por:a)A lembranza de
vivencias pasadas
. b)
Non
conformar unha
estrutura cronolóxica definida
: os detalles que nos permitirían situarnos historicamente son escasos e desordenados, mestúranseepisodios de épocas diferentes. Así, sabemos que
Un amour de Swann
comezaen 1779 e remata en 1789, pero a cronoloxía interna é difusa.c)Apciase unha
evolución cronolóxica
en detalles coma os gustos no que serefire ás vestimentas.d)Describe o
final do século XIX
, pero non cronoloxicamente, senón mediantea
asociación
de
vivencias
relacionadas pola
memoria afectiva
.
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007USC
2
 
6. M. Proust 
Son moitos os estudos que se fixeron sobre o tempo en
 À la recherche dutemps perdu
, imos ver a postura dalgúns teóricos:A)
G. Poulet
(
 Etudes sur le temp humaine
):1)
Personaxe
dividido entre o
futuro
e as lembranzas do
pasado
(densidadetemporal):
 Nun primeiro momento o personaxe (aínda neno e adolescente) e o
futuro
como algo
positivo
, un tempo de improvisación, descoñecido e desexábel,o único tempo perdido.
 Nunha segunda etapa:
Constátase a
imposibilidade
de acadar ese tempo
futuro
, a distanciaentre o personaxe e aquilo que desexa, comeza a dúbida das esperanzase renuncia á espera.
Entón búscase a
lembranza
como
refuxio
, a lembranza dun pasadoque é un tempo perdido, pero non de xeito definitivo.
Despois dun lapso de tempo o personaxe pode
volver soñar
, é dicir, alembranza do
pasado
que se
volve vivir
volve dar 
esperanza
sobre o
futuro
.2)
Continuidade
: o tempo
non é lineal
, senón que se
asocia
o
presente
ao
futuro
e ao
pasado
. É dicir, hai unha serie de episodios asociados (presenteque evoca o pasado e anuncia o futuro) que producen unha descontinuidadeconstante. Ademais, a primeira etapa da vida é o patrón dunha serie indefinidade vivencias posteriores, é dicir, o pasado é o fundamento do presente
2
.3)
Beleza e felicidade
: nunca están na vivencia inmediata senón que é asuperposición de
episodios pasados
(recuperación de sensacións agradábeisasociadas aos acontecementos) e a
evocación
do
futuro
o que enriquece e fai
especial
o intre
presente
. Ademais, o tempo tamén nos permite ver as
contradicións
das cousas e os seres e a
pluralidade
do
individuo
. É por estarazón que os
personaxes
son
complexos
e
contraditorios
, tanto o principalcoma os secundarios.B)
Gilles Deleuze
(
 Proust et les signes
, 1964): a obra é tamén unha busca daidentidade do personaxe e do seu xeito de apreciar o tempo. Así, para estefisofo, na obra de Proust é is importante a busca da
verdade
(a
aprendizaxe
da
vida
, do
personaxe
, dos
signos
) có tempo.C)
Paul Ricoeur 
(
Temps e recit 
, I e II): intenta conciliar as dúas posicións. Así, paraP. Ricoeur o personaxe leva a cabo un longo
percorrido
no que descobre o seu
pasado
, a súa vocación de escritor e a súa
identidade
perdida, que
recupera
mediante a
lembranza
. Se non é pola
arte
o tempo é irrecuperábel, Proustconsigue
resolver
tódalas
contradicións
do tempo (aporías) mediante a arte, que permite superalas mediante a
asociación
de
sensacións
e
lembranzas
que oescritor consigue plasmar mediante a
metáfora
, que permite elevar ao nivel da
esencia
, fóra da continxencia do instante, a
experiencia
vivida. Este proceso éexplicado polo propio autor:
2
O principio da obra escríbeo cando tiña arredor de 25 anos, polo que amosa unha predilección polo pasado desde moi novo. Despois, desde 1908, a fraxilidade da súa saúde fará que a lembranza sexa unelemento fundamental na súa literatura.
Literatura da Segunda/Terceira Lingua I: Francesa
2006/2007USC
3

You're Reading a Free Preview

Download
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->