Algas de Galicia. Identificación visual. Uso gastronómico, cosmético e terapéutico. Xacobo de Toro. Ortigueira 2007Organizado pola Fundación Ortegalia.
Loubado sexa deus por terme ensinado A decir “rula” e “ bidueira” e “dorna” e “fonte” ... Eu sabendo estas palabras era verdadeiramente donoda rula e da bidueira e da dorna e da fonte.
Álvaro Cunqueiro
1. Estudio físico do litoral.1. A. Costa de Galicia e a morfoloxía costeira.
A silueta litoral de Galicia desenvólvese entre os cursos dos ríos Eo no Cantábrico eMiño no Atlántico, sobre uns 1500 Km de lonxitude, o cal equivale á terceira parte dacosta peninsular española. O seu trazado é moi entrecortado e caprichoso, pois ossectores rectilíneos de costa alternan con outros dun gran festoneamento, do que son boexemplo as Rías Baixas. Ao mesmo tempo, costas acantiladas, rectilíneas ou sinuosassucédense con litorais baixos e praias areosas ou con formacións dunares, lagoas,tómbolos, etc., amosando unha riqueza e variada mostra de formas xeomorfolóxicas ebelas paisaxes. Hai numerosas illas que orlan a costa , como Sisargas, Sálvora, Ons,Cíes, Lubeiras… ou aquelas interiores de ría como Cortegada, A Toxa e Arousa (as tresno interior da Ría de Arousa), Tambo (centrada na Ría de Pontevedra) e San Simón (nofondo da cola da Ría de Vigo).En Galicia dende sempre, dividiuse arbitrariamente a costa en Rías altas e e baixas,principalmente dependendo do tipo de costa e rías que configuran cada un destessectores.
•
As Rías altas.É un espazo moi variado e extenso, formado polas Rías de Ribadeo, Foz , Viveiro,O Barqueiro, Ortigueira, Cedeira, interrompido polas que algúns denominan RíasCentrais (Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña), para seguir tamén coas de Corme eLaxe, Camariñas, Lires e Corcubión. As Rías altas poden, a súa vez subdividirse en:
Formacións xeomorfolóxicas.
•
Os cantís.A beiramar galega está formada na meirande parte do seu percorrido por cantís quevarían desde uns poucos metros nas rías baixas a máis de 100 metros en zonas comoCabo Prioriño, Punta Frouxeira, Malpica. Destacando entre todos Cabo Ortegal, xamencionado anteriormente e que acada as maiores alturas de toda a PenínsulaIbérica e cuxa orixe remóntase aos procesos tectónicos acontecidos en Galiciadurante os últimos millóns de anos.Os cantís amosan unha morfoloxía moi variada e dinámica no tempo. Están suxeitosa unha forte erosión mariña de carácter mecánico e químico polo impacto das ondase os materiais que estas poden transportar en suspensión.O socavamento realizados na base dos cantís dar lugar, ás veces, a grandesderrubamentos como os que aconteceron en San Andrés de Teixido ou CaboCociñadoiro. Noutros casos a erosión é máis localizada e só se escavan furnas comoO Furado do Inferno en Ons ou conxuntos de cavidades como a Praia das Catedraisen Foz de incomparable beleza.Tamén distribúese pola costa galega cantís fósiles ou non activos, orixinados porflutuación do nivel do mar nos últimos 6.000 anos. Os descensos no nivel da augaderon lugar a praias e dunas por diante dos cantís que polo tanto deixaron de seractivos. Exemplos disto témolos en Doniños, Rostro, Catasol, O Grove e Nerga.
•
As rasas.
Add a Comment
martinyelizabethleft a comment
Xacobo de Toro replied:
xacotcleft a comment