• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
ASEMBLEA FUNDACIONAL DE +BNG
RELATORIO POLÍTICO
O presente relatorio establece a definición ideolóxica, programática e estratéxica de+BNG, como corrente organizada do BNG que se ubica nidiamente nas coordenadas donacionalismo e da esquerda transformadora. Trátase dun punto de encontro que aglutinatoda a pluralidade de +BNG, e que ao mesmo tempo define o nosa guía para a acciónpolítica.
I.
Unha nación e un nacionalismo para o século XXI
1. A nosa visión do nacionalismo
Desde +BNG concibimos a nación como un feito dinámico que é determinado, en últimainstancia, pola vontade da cidadanía. A visión da nación como unha realidade natural,isolada do percurso histórico resulta, alén de anacrónica, politicamente estéril. Unhanación existe cando, a maiores dun feito diferencial, consegue aglutinar unha vontadecidadá que acredite na existencia da mesma.Galiza é unha nación, en termos sociais e culturais, porque a cidadanía galega mantivo emantén, mesmo apesar de todas as dificultades, unha identidade colectiva propia. Entermos políticos, porén, a asunción do carácter nacional e a consecuente conquista dasoberanía política constitúen aínda un desafío: o nacionalismo percorreu até agora unhaparte importante do camiño, mais é necesario alargar a adhesión social a un proxectonacional para Galiza.É obxectivo da nosa organización reforzar a vontade nacional da cidadanía galega,conscientes de que se queremos que Galiza sexa realmente unha nación no planopolítico, suxeito de dereitos políticos colectivos e polo tanto de soberanía, temos queaspirar a que a maioría da cidadanía galega democraticamente por apoiar o proxectonacionalista.
 
Traballamos a prol da autodeterminación do noso pobo, entendida como o dereito dosgalegos e das galegas a decidiren o seu futuro, sabedores e sabedoras de que arealidade actual obriga a revisar o concepto tradicional de soberanía baixo o que seconstrron os Estados-Nación. Somos conscientes de que procesos como o deconstrución europea e novas realidades como as determinadas polas tecnoloxías dainformación e da comunicación están a erosionar e flexibilizar os esquemas tradicionaisde soberanía.
2. Galiza, unha nación europea aberta ao mundo
O noso modelo de nación é unha Galiza con capacidade de decisión propia inserida nunmarco de relacións internacionais no cal primen as relacións de igualdade e solidariedadeentre os pobos.Galiza conta cunha posición privilexiada no eido das relacións internacionais. Aexperiencia da emigración servíu para criar vínculos con numerosos pobos do mundo quedebemos aproveitar. Do mesmo xeito a nosa lingua constie un instrumentotremendamente útil para o futuro ao nos aproximar dos países do ámbito lingüísticogalego-portugués, unha das áreas lingüísticas con máis proxección a nivel internacional.Galiza é unha nación europea. Mais a nosa forma de sermos europeos ten de partir sempre da identidade propia e da capacidade de relacionarnos con outros pobos en pé deigualdade. A forma en que naceu e se desenvolveu o proxecto galeguista foi sempreollando cara a fóra, para potenciar o propio e específico con vocación de universalidade.Entroncando coa tradición galeguista, o nacionalismo galego do século XXI ten queaspirar a que Galiza sexa unha nación plenamente normalizada e integrada no contextoeuropeo. Por iso aspiramos a que Galiza sexa suxeito activo no proceso de construciónpolítica, social e cultural de Europa. Recuperando o ideario do Partido Galeguista e daXeración Nós concebimos Galiza como célula de universalidade, universalidade que ten aEuropa como primeiro chanzo.A nosa visión europeísta fainos acreditar na necesidade do proceso de construcióneuropea. Por iso, e porque consideramos necesario superar as estruturas dos Estadostradicionais, apoiamos a democratización e o afortalamento das institucións europeas.
 
A nosa concepción de Europa, porén, está moi distante da que encarna o actual proxectoda Unión Europea. Por iso queremos contribuír, xunto cos outros pobos europeos, aconstruír unha Europa diferente: unha Europa dos Pobos, na que Galiza alcance o plenorecoñecemento do seu carácter nacional e teña representación propia nas institucións;unha Europa Social, que poña en primeiro termo os dereitos e o benestar da maioríasocial, por encima da lóxica dos mercados; unha Europa dos Cidadáns e das Cidadás,fundada na democratización das institucións comunitarias; e unha Europa que lidere noplano internacional a loita por unha nova orde mundial xusta e pacífica, fundada nasolución negociada dos conflictos e o respecto e solidariedade entre os pobos.No nivel do Estado español, a Constitución de 1978 configura un sistema político restritivoque nega o carácter plurinacional que está na súa base e dificulta a necesaria relación debilateralidade que podería permitir as reformas encamiñadas a recoñecer a capacidade eo dereito dos pobos que o integran a exerceren a súa soberanía. Galiza debe procurar espazos de convivencia co resto de pobos do Estado Español. Por iso xulgamos que oactual marco constitucional e autonómico debe ser reformulado de cara a un mellor acomodo das distintas realidades nacionais que conviven no seu seo. Apostamos por avanzar cara a un Estado plurinacional, no que se estableza un modelo aceptábel paratodos os pobos que coexisten no Estado español de coparticipación política, baseado napremisa da soberanía compartida.Para os homes e as mulleres de +BNG a autonoa sun un avance históricotranscendental e constitúe unha ferramenta importante no proceso de conquista doautogoberno efectivo e a soberaa política. Xa que logo a autonoa debe seaproveitada tanto para realizar todos os avances que o actual marco legal permite e que afalta de vontade política dos gobernos do PP impedíu até o de agora facer efectivos comotamén para lle demonstrar á cidadanía a insuficiencia competencial e financeira á cal nosaboca o Estado español e, en consecuencia, a necesidade de superación dese marco.
II.
Unha forza potica transformadora capaz de responder aosintereses da maioría social
1. A nosa visión da sociedade; a necesaria transformación social
A nosa organización insírese no espazo da esquerda política. Nese sentido avogamos por 
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...