• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
GALEUSCA 2009 – ArantzazuGrupo C de traballo: Plans de fomento da lectura10-10-09Itziar Zubizarreta (Asociación Galtzagorri)
Presenta o libro-disco “Bularretik Mintzora: kantak, poemak, jolasak” e explica asdecisións que tomou para darlle forma a este traballo e a función que pretende cumprir,dentro do proceso de recuperación das formas poéticas tradicionais, argumentando aimportancia destas na transmisión da lingua e no desenvolvemento emocional ecognitivo dos bebés.En primeiro lugar, salientou que o libro-disco acompaña a un proxecto incipiente defomento de hábitos lectores, entre pais e profesores de nenos entre 0 e 6 anos de idade.Esta campaña ,”Bularretik Miintzora” está financiada polo Goberno Vasco e mais osconcellos nos que se desenvolve e consiste, fundamentalmente en formar a pais e a profesores para que transmitan hábitos lectores nas súas casas, nas escolas e nas bibliotecas, mediante unha serie de accións e recursos coordinados e sistematicamenteavaliados.A campaña, no noso país, acompaña ao proceso de recuperación lingüística no queestamos inmersos. Para isto entrégase unha programación sistematizada, para incluílano currículo escolar e xeración de recursos como guía tanto de profesores como de pais. Os contidos da campaña inclúense dentro da función lúdica da linguaxe, grazas áque os bebés experimentan cos sons, propios da lingua e establecen o seu propio sistemasonoro e comunicativo.A poesía tradicional de todas as linguas adáptase a esta característica e acompaña ao bebé estimulándoo durante todo o seu crecemento mentres usa os ritmos, entoacións edesenvolvementos fonéticos precisos do seu propio idioma. Esta tradición popular, eneuskara, está a piques de extinguirse e o libro-disco pretende ensinar a pais ´´ e profesores a cantar, contar e xogar cos nenos na lingua axeitada e realizada ao ritmo quelles é propio.
DEBATE
Inquírese verbo do tipo de accións que conleva a campaña, a resposta dos pais e se seobtiveron datos salientables. Explícanse polo miúdo aspectos da campaña, así como a boa impresión dos datos parciais dos que se dispón. O proceso de avaliación está a piques de comezar e axiña empezarán a aparecer resultados na web.Outro dos puntos de debate xira ao redor da utilización deste material por parte dos paisque non saben nin usan o euskara. Por unha banda indese en que “Bularretik Mintzora” ten uns contidos valedoiros para o fomento da lectura, non só do euskara. Encanto á lingua, hai un compromiso cultural con ela; quéreselle dar unha oportunidade aunha parte da lingua que espracticamente perdida e que axuda á expresn dalinguaxe emocional.
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...