You are on page 1of 2

REGULAMENTO CLUB TRÍATLON BEARIZ

1- A directiva tomará as decisións en consenso con todos os integrantes da mesma,


e estas decisións serán acatadas polos demais deportistas do club.¡¡¡QUEN
CREA QUE O PODE FACER MELLOR PODE FACERSE CARGO DO
CLUB CANDO O DESEXE!!!!!
2- Todos os membros do club deben aboar a súa ficha federativa.
3- O clube pon a disposición dos deportistas que o desexen roupa de competición
que deberán aboar previamente.
4- Todos os integrantes do equipo deberán avisar con suficiente antelación das
probas ás que van asistir (non se admiten inscricións de última hora)
5- O pagamento das probas deportivas correrá a cargo de cada participante. O club
só actuará como intermediario entre deportista e federación. Deberase adiantar a
cantidade de 50€ por tempada e disciplina, dos cales se descontará o prezo das
competicións ás que cada deportista asista (50€ 1 tempada duatlon, 100€ 1
tempada duatlon + triatlon). Nas tempadas non conta duatlon cross, que se
aboará como ata agora o mesmo día da proba.
6- As probas de ámbito nacional quedan a decisión de cada deportista que fará a
inscrición de forma persoal, con axuda do club se fose necesario. Por outra
banda trataremos de formar equipo para as competicións a nivel nacional tanto
en dúatlon como tríatlon. Todos os interesados en formar parte deste equipo
teñen que comunicalo ao clube con suficiente antelación.
7- O clube aboará a inscrición dos tres primeiros de cada proba sempre que estes
compitan en categoría elite; tamén aboará a inscrición de probas nacionais en
categoría elite na súa final (Campionato de España de tríatlon ou dúatlon). O
resto de axudas, como axuda por roupa ou de ficha, van por baremo (explicado
no seguinte cadro).
8- As axudas de roupa e ficha serán reembolsadas ao fin da tempada xeral (finais
de setembro). Enténdese por probas todas aquelas que entran en circuíto galego
de calquera disciplina (ácuatlon , dúatlon , tríatlon, cuádriatlon) e circuíto
nacional. As probas que organicen outras entidades que non sexan FETRI e
FEGATRI non contabilizan.

DEVOLUCION DE ROUPA*
Probas % a devolver (ata un máx. de 80%)
Circuíto galego 8% por competición
(Fegatri)
Nacionais (Fetri) 10% por competición

DEVOLUCIÓN DE FICHA**
GRUPO PUNTUACIÓN
Elite Posto acadado na proba
Grupo de idade 5 puntos + posto acadado na proba
Retirados/Descalificados 150 puntos (contan os cortados en elite)
Non presentados 200 puntos
* Conta como roupa deportiva unicamente o traxe de competición (tritraxe)
** A ficha aboarase aos seis primeiros do ranking, contabilizando de forma
independente dúatlon (cross + ruta) e tríatlon (cross + ruta). Clasificación
inversa: gaña o que menos puntos suma.
AS DEVOLUCIONS FARANSE SI O CLUBE RECIBE AS
SUBVENCIONS!!!

You might also like