• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
IES UNIVERSIDADE LABORALProfesora: Rosa María Cid Galante
 
COMENTARIO DE RELEVO(PERFIL TOPOGRÁFICO)
Iniciamos o comentario indicando que tipo de gráfica e explicamos en que consiste esa representación ( perfiltopográfico elaborado polas liñas ou curvas de nivel que son liñas que unen puntos de igual altitude). Logo disosinalamos a dirección que ten e citamos as unidades do relevo que van aparecendo dende un punto A a un B como seestivésemos lendo. Posteriormente fragmentamos o comentario en tantos apartados como unidades van aparecendo. Decada unidade imos indicando:a)Orixe xeolóxica desa unidade b)Tipo de relevo desa unidadec)Altitude (se se indica no corte)d)Tipo de rochedoe) Serras importantes desa unidades
COMENTARIO DE CLIMOGRAMA
“Trátase da representación gráfica dun clima, mediante barras e liñas. As barras representan as precipitacións e as liñasas temperaturas. En canto ás precipitacións...Precipitacións (indicar que son as precipitacións, como se miden e como se poden originar): Abundancia Regularidade –MIRAR EN QUE ESTACIÓN CHOVE MÁIS, meses que chove máis e meses que chove menos(indicar mm segundo a gráfica) –FORMA DE CAER AS PRECIPITACIÓNSTemperaturas (indicar que é a temperatura, como se mide): –Temperatura media anual –Amplitude rmica (ver gráfico) –Temperatura do verán, indicar o mes máis quente e a súa temperatura –Temperatura do inverno indicar o mes máis frío e a súa temperatura –Aridez: aridez mensual (Gaussen) –A aridez xeral (Meyer)Identificación do climaLocalizacn xeogfica
Relación do clima con outros elementos do medio.
COMENTARIO DE MAPA DO TEMPO
a) Coñecementos previos Débense observar os distintos elementos de que están compostos:1. Liñas isobaras, que son aquelas que unen puntos con igual presión e indícannos a existencia dos centros de acción:- Altas presións ou anticiclóns (símbolo: A), que son as causantes de ceos despexados e tempo estable. Recoñécense porque as liñas isobaras superan 1.015 milibares.- Ciclóns ou baixas presións (símbolo: B), causantes dos ceos nubrados e da estabilidade. Recoñécense porque neles asliñas isobaras teñen menos de 1.015 milibares de presión.A dirección do vento sempre vai das altas ás baixas presións, aínda que discorre paralelo ás liñas isobaras debido ásforzas que actúan sobre el. A proximidade ou distancia entre as liñas, que é o chamado gradiente de presión, tamén nosindica a velocidade do vento, que será maior se están máis próximas.2. Frontes, marcan a liña e dirección do avance dunha masa de aire, pode ser unha fronte fría, se o aire é frío ou máisfrío que o aire que a rodea, unha fronte cálida (representado por unha liña con semicírculos), se se trata dunha masa deaire cálida. Existe tamén a fronte ocluido (representado por unha liña que alterna triángulos e semicírculos), que se produce pola mestura das masas de aire dunha fronte fría e outro cálido, o que supón que a choiva cesa ou é moi débil.O aire frío (representado por unha liña con triángulos), ao pesar mais, forma unha especie de cuña e levanta ao airequente, xerando estabilidade. O aire inicia un xiro contrario ás agullas do reloxo e orixínase a borrasca ou baixa presión(zona de converxencia de ventos). b) Comentario e interpretación dun mapa do tempo en superficieSinalaranse as causas e consecuencias do tipo de tempo representado, sabendo que durante o ano produciransemúltiples e distintas situacións barométricas que condicionarán a sucesión de tipos de tempo. Entre as causas, pódense
Profesora: Rosa María Cid Galante
2
 
indicar as masas de aire xeradoras dunha determinada situación atmosférica (masa de aire tropical mariño, tropicalcontinental, polar continental, polar marítimo e pingas frías)Entre as consecuencias, que podemos deducir do mapa do tempo representado,destacamos:- Precipitacións: localización e intensidade.- Ventos: dirección e intensidade-Nubosidade.Ao final do comentario pódese determinar o tipo de tempo concreto e a estación do ano da que é característica estasituación. Tamén é importante analizar que incidencia pode ter no medio físico, é dicir, nos chans, pendentes,vexetación, cursos fluviais, etc.,
COMENTARIO DUNHA CLISERIE
En primeiro lugar deberase indicar que se trata dunha representación esquemática dunha cliserie (definimos cliserie) devexetación dunha determinado lugar.Farase referencia ás circunstancias relacionadas coa súa situación xeográfica dentro do conxunto da península ibérica,enmarcándoa dentro da rexión bioxeográfica á que pertence.Aludirase a como a montaña modifica as condicións climáticas, con mención ás temperaturas, precipitacións einsolación como elementos relevantes, e as súas alteracións, tanto en función da altitude como da disposición do relevo,tendo en conta a orientación xeral da cadea montañosa.Darase conta das variacións máis relevantes que se observan en relación á altitude ( a baixas altitudes especies máistermófilas e as diferenzas entre a solana e umbría, destacando as principais desarmonías entre a vertente Norte e a Sur,(aparición da enciñeira e do carballo na zona sur ou meridional e a faia na norte. Por que?)
COMENTARIO DE HIDROGRAMA
1.Identificar o tipo de réxime dun ríoCoeficiente de caudal mensual k= caudal medio de cada mes/caudal medio anual.Valor 1=sen variación de caudalValor superior a 1= augas altasValor infeior a 1= augas baixasRéximes nivales e mixto: os puntos onde se sitúan as medicións están en posicións elevadas preto dos nacementos dosríos (por iso teñen pouco caudal). Teñen en común que a finais de primavera e no verán, teñen máis caudal polo desxeo.Réxime nival (puntos a máis de 2500m): máis caudal no verán (de 3 k: coeficiente de caudal) con desxeoRéxime nivo-pluvial (puntos situados entre 2000 e 2500m) máis caudal en maio ( de 2k), pero estiaxe no verán (-1k)Réxime pluvio-nival (puntos situados entre 1600 e 1800m) pico en abril-marzo. Estiaxe no verán ata outono.Réximes pluviais: caudal en función das choivas que acompañan a cada clima:Pluvial-oceánico: alto módulo absoluto ( 200 m/s) máis caudal no inverno. Suave estiaxePluvial mediterráneo continental: baixo caudal absoluto (-20 m/s) máis caudal na primavera e outono. Importanteestiaxe.Pluvial mediterráneo litoral do levante: baixo caudal (-20 m/s) irregular, picos en outubro, febreiro e maio (ao ter tres picos distínguese do continental). Suave estiaje.
Profesora: Rosa María Cid Galante
3
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...