• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
1/24
ANÁLISE URXENTE DO ANTEPROXECTO DE LEI POLO QUE SEREGULA O APROVEITAMENTO EÓLICO EN GALICIA E SECREAN O CANON EÓLICO E O FONDO DE COMPENSACIÓNAMBIENTAL
30 de setembro de 2009
Sumario
UNHA VISIÓN XERAL ..................................................................................... 2
 
O PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO .............................................................. 3
 
A PARTICIPACIÓN PÚBLICA ............................................................................ 5
 
CONSIDERACIÓNS SOBRE O ARTICULADO ....................................................... 7
 
Falta de previsión dun regulamento de desenvolvemento da Lei ....................... 7
 
Perda de garantías ambientais ...................................................................... 8
 
Un tributo de natureza contraditoria: o canon eólico....................................... 12
 
a. O efecto desincentivador do canon sobre unha actividade primada. ........... 14
 
b. Non recolle de forma eficiente a totalidade do feito impoñible ................... 16
 
c. Non considera a potencia do parque eólico .............................................. 17
 
d. O tipo de gravame está deficientemente definido. ................................... 17
 
e.
 
O canon ten unicamente finalidade coercitiva e recadatoria ................... 18
 
f.
 
Co canon confúndense as figuras de autorización administrativa econcesión ............................................................................................... 19
 
Un Fondo de Compensación Ambiental excesivamente vago e con dúbidasreferidas á súa xestión ............................................................................... 19
 
A preferencia pola expropiación forzosa ........................................................ 20
 
A inseguranza xurídica ............................................................................... 21
 
CONCLUSIÓNS ............................................................................................. 24
 
 
2/24
UNHA
 
VISIÓN
 
XERAL
Unha primeira aproximación ao texto do anteproxecto de lei polo que se regula oaproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo deCompensación Ambiental permite facer tres afirmacións xerais, que ao noso verresumen o seu contido::a.
 
A Lei mantén en trazos globais o esquema do Decreto 242/2007, do 13 dedecembro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.O borrador de anteproxecto pretende superalo pero só o consegue entermos de elevación e conxelación de rango normativo,, empeorandotecnicamente e na práctica administrativa o procedemento deseñado naquel.b.
 
Só hai dúas innovacións normativas que xustifiquen unha nova regulacióncon rango legal:1)
 
a mutilación da posibilidade da participación pública nas empresasprodutoras de enerxía eléctrica, substituíndoa por unha nova figuratributaria autonómica, o canon eólico e reemprazando a participaciónda Xunta de Galicia nas empresas que explotan os parques eólicospola figura do Fondo de Compensación Ambiental que de contado sepoderá converter nun elemento discrecional ao servizo de políticasopacas desenvolvidas dende o Goberno Galego; e2)
 
a eliminación de garantías ambientais substanciais na tramitación dasautorizacións de novos aproveitamentos eólicos.c.
 
A elevación de rango normativo pretende amparar unha medida arbitraria,atentatoria contra a seguridade xurídica e claramente ilegal, como é aterminación sobrevida e forzosa do procedemento de autorización deproxectos en rexime concorrencia competitiva aberto pola Orde de 6 demarzo de 2008. Con ela, o único que se pretende é que o lexislador deacobertura legal á anulación dun procedemento perfectamente legal e aapertura dunha nova convocatoria, que poda resolver o novo goberno, senaboar as correspondentes indemnizacións por dano emerxente e lucrocesante aos lexítimos interesados beneficiarios da Orde de 26 de decembrode 2008, e sen posibilidade de recurso ordinario destes, causando así unataque directo e frontal á tutela xudicial efectiva.
 
3/24
O
 
PROCEDEMENTO
 
ADMINISTRATIVO
O borrador de anteproxecto dedica o Título IV a regular o procedemento deautorización de instalacións de parques eólicos: un procedemento que no dereitoautonómico galego sempre se recolleu en norma regulamentaria.O esquema trazado polo anteproxecto de Lei correspóndese co mesmo do Decreto242/2007: un procedemento autorizatorio en dúas pezas, cunha primeira fase deselección de anteproxectos e unha segunda fase que se corresponde coaautorización administrativa propiamente dita.Os supostos nos que opera o procedemento selectivo de anteproxectos en réximede concorrencia competitiva son os mesmos que introduciu o Decreto 242/2007:1.
 
No suposto de presentarse solicitudes por un número igual ou inferior demegawatts ao que se determine na orde de convocatoria, supón a admisióna trámite de todos os anteproxectos solicitados.2.
 
No suposto de presentarse solicitudes por un número superior de megawattsou producirse concorrencia sobre o mesmo espazo territorial determina aapertura do trámite de selección de anteproxectos.Até aquí todo igual. Xa que logo, debemos supoñer que polo que se refire áexistencia dun trámite previo de selección de anteproxectos a Xunta de Galicia nonviu ningún aspecto contrario a dereito no Decreto 242/2007, do 13 de decembro,en contra do declarado por algún responsable da Consellaría de Economía eIndustria, e polo propio informe da Directora Xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de5 de agosto de 2009.No tocante á existencia duns criterios de valoración e un órgano ou comisiónencargado de examinar os anteproxectos, tamén o presente anteproxecto de leicontempla a existencia destas figuras, aínda que cunha imprecisión deliberada quepermitirá actuar nunha ancha banda de discrecionalidade que doadamente podecaer no arbitrario.O paralelismo que o anteproxecto realiza do procedemento administrativo recollidono Decreto 242/2007 é sorprendente. Podemos afirmar que a grandes trazos nadanovo achega respecto do procedemento administrativo regulado no devanditodecreto. Ora ben, esta paráfrase imperfecta empeora o orixinal ao simplificalo para
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...