El Clima
Tema. O CLIMA DA PENÍNSULA IBÉRICA
Tempo:
É o estado da atmosfera (temperatura, precipitacións e presión) nun momentoe nun punto determinado da terra. O estudio científico do tempo denomínasemeteroloxía.
Clima:
Estado medio da atmósfera nun lugar concreto e durante un período de temponon inferior a 30 anos.
Presión atmosférica:
É a presión exercida polo peso da atmosfera sobre a superficieda terra.A presión media a nivel do mar é de 1.013,25 milibares.
Milibar:
(mb). É a unidade que se utiliza para medir a presión atmosférica.
Barómetro:
é o instrumento para medir a presión atmosférica. Foi inventado en 1643por Torricelli.
Isóbara:
é a liña que une os puntos de igual presión atmosférica. Utilízanse nosmapas do tempo con intervalos de 4 en 4 mb.
Anticiclón:
Son centros de altas presións. Nos mapas de isobaras esta é superioraos 1014 mb. E representase cunha A. Son centros emisores de ventos e estes xiranno sentido das agullas do reloxo no hemisferio norte e no sentido contrario nohemisferio sur. Os anticiclóns poden ser térmicos (permanecen un tempo sobre asuperficie terrestre) e dinámicos (son centros permanentes e soen localizarse sobreos océanos por norma xeral). As zonas dominadas polos anticiclóns son areas detempo estable.
Borrasca:
En metereoloxia identifícase cunha área de baixas presións. Nos mapas deisóbaras esta é inferior a 1.014 mb. e represéntase cunha B. Son centros receptoresde ventos e estes xiran no sentido contrario ás agullas do reloxo e no sentido dasagullas do reloxo no hemisferio sur. Onde se sitúa unha borrasca prodúcese tempoinestable.
Pantano barométrico:
É o campo de presión que presenta un gradiante moi baixo ecunha presión moi pouco definida, de tal maneira que apenas aparecen isóbaras nosmapas alí onde se atopan, e no caso de aparecer forman núcleos con valores moipróximos á presión media. No inverno, esta figura orixina un tipo de tempocaracterizado pola presenza de néboas, mentres que no verán da tormentas.
Fronte:
Separación entre dúas masas de aire con características diferentes.
Corrente en chorro:
É un “cinto” estreito de ventos do oeste que circula a grandealtura (12.000 km) nas latitudes temperadas. A súa velocidade varía, aínda que asúa velocidade media é superior aos 100 km/h e é o causante do tempo nasuperficie. Por exemplo, a evolución do fronte polar está guiada pola corrente enchorro. Recibe o nome de
Jet Stream
.
Gota fría:
Trátase dunha depresión pechada localizada nos niveis altos daatmosfera, consistente nun embolsamento de aire frío rodeado doutro de aire máiscálido.
Barlovento:
Ladeira ou vertente exposta á acción directa dos ventos dominantes, quenormalmente recibe maior cantidade de precipitacións. É o oposta a sotavento.
Sotavento:
Ladeira o lado protexido do vento. É o oposto a barlovento.
Brisa:
É un vento de intensidade débil, entre forza 2 (brisa lixeira) e forza 6(brisa forte).
Radiación:
Modo de transmisión da enerxía calorífica e luminosa entre dous corpossen contacto material, mediante ass ondas electromagnéticas que poden atravesar ovacio. Desta maneira chega á Terra a enerxía solar. Tamén a terra emite enerxíacara o espazo, aínda que é absorvida pola atmosfera.
Insolación:
É a cantidade de radiación solar difusa e directa que alcanza asuperficie da Terra. Xoga un papel importante na definición das zonas climáticas.Aínda que a Terra recibe unha cantidade moi pequena do Sol, esta é vital para aposta en marcha dos mecanismos terrestres e atmosféricos.
Isoterma:
Liña que une los puntos con igual temperatura.
Amplitude térmica
: É a diferenza entre a temperatura máxima e mínima, poder serdiaria, mensual ou anual.
Inversión térmica:
Fenómeno meteorolóxico que se produce cando unha capa de airequente sitúase por encima dunha capa de aire frío. Produce néboas persistentes enas grandes cidades un aumento dos niveis de contaminación do aire. As inversiónsmáis comúns se producen no fondo dos vales no inverno (néboas no fondo e sol nasalturas).
1
Leave a Comment