• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
Ámbito sociolingüístico, 3º PDC, novembro 2009, 1º exameAlumn@___________________________________________________________________ TEXTO
Unha ocasión perdida
 Adaptación dun artigo de Ignacio Ramonet en http://www.altermundo.org| 11-11-2009
O 9 de novembro de 1989 caía o muro de Berlín. Hoxe, vinte anos despois, mentres o sistema económicodominante no planeta -o capitalismo- tamén pasa por unha crise, preguntámonos: como está o mundo trasesas dúas décadas que acaban de transcorrer? Por que non se derrubaron outros muros, igual de indignantes?De maneira simbólica, a caída do muro de Berlín marca o final da guerra fría, ou sexa, do enfrontamentoideolóxico, político e militar entre o bloque comunista, liderado pola URSS, e o bloque occidental, liderado por EEUU. Esa caída tamén supón a fin do comunismo autoritario de Estado en Europa, aínda que a UniónSoviética vaise manter ata decembro de 1991. En todo caso, o derrubamento do muro non significou oremate da aspiración de millóns de pobres a vivir dignamente nun mundo máis xusto e igualitario.O muro de Berlín afúndese debido, polo menos, a tres importantes feitos ocorridos na década dos 80:1) as folgas de agosto de 1980 en Polonia, que mostran como os Estados comunistas, en teoríacreados para apoiar a clase obreira, se teñen que enfrontar tamén á protesta dos traballadores.2) a elección de Mijaíl Gorbachov como secretario xeral do Partido Comunista da URSS, en 1985.Gorbachov pon en marcha reformas políticas e económicas que achegarán o comunismo soviético ásdemocracias occidentais. Esas reformas coñécense como “perestroika”;3) a represión das manifestacións en Beijing (Pequín, China), na primavera de 1989, en vésperasdunha visita de Mijaíl Gorbachov, nas que milleiros de persoas reclamaban reformas similares ásque se estaban a levar a cabo na URSS. O Goberno chinés fai intervir o Exército e hai centos demortos.Cando, no outono de 1989, cidadáns de Alemaña do Leste se botan á rúa para esixir reformasdemocráticas, as autoridades dubidan se disparar ou non sobre as multitudes. Moscova anuncia que as súastropas non participarán en ningunha represión. A intensidade das manifestacións multiplícase e o muro deBerlín cae. Nuns meses, un tras outro, tamén caen todos os gobernos comunistas de Europa.E está claro que o comunismo autoritario desapareceu por descomposición interna, e non porque oderrotase o capitalismo. Precisamente, neses anos Estados Unidos estaba en recesión desde que, había dousanos, a bolsa de Wall Street sufrira o “luns negro” (o índice Dow Jones caera, o 19 de outubro de 1987, un23%). Así e todo, a interpretación maioritaria da caída do muro será que o capitalismo se impuxo, derrotou por K.O., ao comunismo. E algúns, de maneira insensata, afirmarán que se chegou á “fin da historia”.Erro fatal. Ao perder o seu inimigo, o capitalismo xa non controlará os seus desexos de expansión edeixarase arrastrar polos seus peores instintos. Wáshington impón en todas as partes o que cre ser a ideatriunfal: a globalización económica. É dicir, a extensión ao conxunto do planeta dos principios ultraliberais:desprezo polo medio ambiente, privatizacións, eliminación dos servizos públicos, empeoramento dascondicións de traballo, marxinación dos sindicatos, etc. En resumo, unha volta ao capitalismo salvaxe. No plano militar, os EEUU interveñen alí onde lles interesa: Panamá, o Golfo, Afganistán... Reducen aaxuda aos países pobres do Sur e lanzan unha cruzada contra o “terrorismo internacional” utilizando todosos medios, incluídos os menos nobres: vixilancia xeneralizada, tortura, “desaparicións”, prisións secretas, penais ilegais como o de Guantánamo... Cren nun mundo unipolar, dirixido só por eles.Mais, o mundo pasou a ser multipolar. Varios grandes países -Brasil, Rusia, a India, China, Sudáfrica-crean alianzas á marxe das potencias tradicionais. Ademais, Bolivia, Ecuador ou Venezuela exploran novasvías do socialismo. O Norte non poderá ser o único que decida sobre os problemas mundiais.Non se aproveitou a oportunidade histórica que constituía a caída do muro de Berlín. O mundo de hoxenon é mellor. A suma das catro crises actuais -alimentaria, enerxética, ecolóxica e económica- dá medo. Asdesigualdades aumentaron e a muralla do diñeiro é máis impoñente ca nunca: a fortuna das cincocentas persoas máis ricas é superior á dos cincocentos millóns máis pobres. O muro que separa o Norte e o Sur  permanece intacto: a malnutrición, a pobreza, o analfabetismo e a situación sanitaria deterioráronse, particularmente en África; por non falar da fenda tecnolóxica.Ademais, levantáronse novos muros: como o edificado por Israel contra os palestinos; ou o de EstadosUnidos contra os emigrantes latinoamericanos; ou os de Europa contra os africanos... Cando decidiremosdestruír dunha vez para sempre todos eses muros da vergoña?
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...