SOLICITUDE CLUBS DE LECTURA 2009-2010 - I. E. S. XESÚS TABOADA CHIVITE. VERÍN.
Club de lectura
A Árbore Vermella
do I.E.S. Xesús Taboada Chivite-
FINALIDADES
Gozar da lectura pola lectura, fóra das obras recomendadas polos departamentos do centro.
Espertar nos participantes a necesidade de comunicarse non só por medio da palabra falada senón tamén através da escrita como acto creativo.
Acadar que o espírito do club (comunicación, creatividade, valores, cooperativismo, sociabilidade...) trascendadun espazo e tempo concretos á vida do centro a través dos membros do club, das actividades, das creacións...
Potenciar o acto de ler unindo a dimensión privada e íntima á dimensión pública que implica a escoita, discusióne comparación de outras sensibilidades e puntos de vista.
Aproximarse, mediante a lectura voluntaria, a xéneros literarios que habitualmente provocan certa resistenciapor parte do alumno: poesía, artigos de xornais, etc.
Servir de apoio e estímulo para ler obras e autores variados, representativos de diversas tendencias artísticas eintelectuais, clásicas e contemporáneas.
Comprender a obra literaria no contexto da súa creación; é dicir, saber que opinan dela o autor, o críticoliterario, etc.
Estimular o emprego da literatura, a música e o cine como complemento do aprendido nas aulas.
Coñecer múltiples linguaxes expresivas: imaxe, música, pintura, escultura...
Ademais de todo o anterior, hai que recalcar que o obxectivo primordial é o de aumentar o pracer da lectura e asensibilidade ante calquera expresión artística.
COMPOSICIÓN. NÚMERO DE PARTICIPANTES. PROFESORADO RESPONSABLE E COLABORADOR
Funcionará unprimeiro grupointegrado por17 alumnos de ESOtodos os xoves ás 16:30.
Haberá unsegundo grupoformado por9 alumnas de 2º de Bacharelato. Encontrarémonos ao rematar a lectura das
obras escollidas para intercambiar impresións sobre elas. Haberá dúas ou tres reunións trimestrais mais poderánasistir ás reunións semanais con alumnos de ESO, que tamén consideramos interesantes para elas, ás 16.30.Un posiblegrupo de lectura de outros membros da comunidade educativaestaría integrado inicialmente por8
profesoresdo IES, pero aberto á incorporación de novos membros interesados en participar nesta actividade. Asreunións serían os mércores as 16.30 na biblioteca do centro e estaría coordinado polo equipo da Biblioteca Escolar,sendo oprofesor responsable desta coordinación de adultos D. Isaac César González Abellás.Osdous grupos de alumnosestaráncoordinados por Dª Mª Carmen Fernández González, profesora de Lingua
Galega, coa colaboración permanente deDª Antonia Roncero Martín, profesora de Lingua Castelá e Literatura eDª
Isabel Cota Muñiz, profesora de Inglés. Contaremos coa axuda e participación nalgunhas sesións deD. VíctorRomero, do Dpto. de Plástica,D. David Rodríguez Rivada, do Dpto. de Música eD. Francisco Javier Fontenla
García, do Dpto. de Lingua Castelá e Literatura. Aínda que non está este ano connosco no centro, seguiremoscontando coa sabedoría e a valiosísima axuda deDª Mónica Pazos Martínez, profesora de Lingua Galega.
O club de lectura terá tamén unha vinculación especial coa
Axenda 21
do noso instituto(blog:http://bioquimchivite.blogia.com), que ten como coordinador aD. Javier Rodríguez García, do Dpto. de Ciencias. A
Axenda 21
é un programa para desenvolver a sostibilidade a nivel planetario e gran parte dos seus obxectivosdependen case en exclusiva do papel das comunidades locais, das actitudes e comportamentos dos cidadáns. Épreciso concienciar o noso alumnado e inculcarlles valores que os convirtan e cidadáns comprometidos coa vida doseu planeta, e pensamos que os cidadáns sensibles ante os problemas de sostibilidade do seu medio ambientetamén o son ante a cultura en todas as súas manifestacións. Este ano no club leremos poemas incluidos no libro
Cultivos transxénicos
, de Carlos Negro, que falan da perda do mundo rural. Cremos que os valores que intentamostransmitir a través da arte son coincidentes cos que reivindica a
Axenda 21
mais nas sesións que versarán sobre aobra de Carlos Negro na que se fala do fin do rural, esas coincidencias van ser aínda máis evidentes.Igualmente, o club de lectura colaborará con e recibirá a axuda doequipo da Biblioteca Escolar, do que éresponsableDª Paula Castro Rocha. A partir deste ano, toda a información sobre o Club de lectura
A ÁrboreVermella
, que ata o ano pasado aparecía no blog dunha das profesoras participantes(o blog
Oracle Night
FORMA DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
A partir da difusión da actividade, e contando coa motivación que os profesores fan na aula, os alumnosinteresados acoden a unha reunión na biblioteca escolar cos profesores coordinadores. Nela expómoslles osobxectivos da actividade e propomos distintas posibilidades xa listadas no apartado de actividades previstas.Pensamos que o Club de Lectura debe combinar parte dirixida polo profesor coordinador coa participación doslectores na selección das actividades a realizar, pois convén lembrar que estamos ante unha elección voluntaria doalumno. Estes transmitirannos as súas inquedanzas, intereses e motivacións, que trataremos de aproveitar.Seleccionados os textos e as actividades nas que se traballará, daremos comezo ás reunións na biblioteca escolaros xoves pola tarde. Nelas debateranse aqueles aspectos máis destacados das obras lidas, ó tempo que taménfaremos lecturas colectivas (especialmente nos casos de poesía, artigos de xornais, etc), asistiremos á proxeccióndalgunha presentación (pensamos traballar tamén con novela gráfica), curtametraxe ou película, que seráncomentadas ó seu remate, escoitaremos pezas musicais de diferentes estilos, ou nos deteremos na observación eanálise de cadros, esculturas...Igualmente, ante o éxito acadado o ano anterior coa visita do escritor verinés Xosé Carlos Caneiro, cuxa obra
Blue
Moon foi lida no club de lectura, temos previsto repetir a experiencia este ano coa visita do poeta Carlos Negro,
Add a Comment