/  43
 
 
 
ANÁLISE DAFO:Estratexias Territoriais no ámbito do emprego do Pacto Territorial Deza - Tabeirós
1
 
A partir da información recollida no Estudos da Situación Inicial do Pacto Territorial de Emprego de Deza-Tabeirós, realízase un DiagnósticoEstratéxico baseado na metodoloxía DAFO.A análise
DAFO
é unha metodoloxía de estudo da situación competitiva dunha organización, territorio ou sector no seu contorno externo e dascaracterísticas internas da mesma, para os efectos de determinar as súas Fortalezas, Oportunidades, Debilidades e Ameazas. A situación internacomponse de dous factores controlables: fortalezas e debilidades, mentres que a situación externa componse de dous factores non controlables:oportunidades e ameazas. A análise DAFO é a ferramenta estratéxica por excelencia mais utilizada para coñecer a situación real na que se encontra aorganización.
 
Este recurso foi creado a principios da década dos setenta e produciu unha revolución no campo da estratexia empresarial. O obxectivo daanálise DAFO é determinar as vantaxes competitivas da organización, territorio ou sector baixo análise, e a estratexia xenérica a empregar polamesma que máis lle conveña en función das súas características propias e das do mercado en que se move.
ANÁLISEDAFO 
AspectosNegativosDEBILIDADES (FREAR)AMENAZAS (CONTRARRESTAR)AspectosPositivosFORTALEZAS (IMPULSAR)OPORTUNIDADES (APROVEITAR)
 
ANÁLISE DAFO:Estratexias Territoriais no ámbito do emprego do Pacto Territorial Deza - Tabeirós
2
 
A
 Análise Externa
permite fixar as
oportunidades e ameazas
que o contexto pode presentarlle a unha organización. As
Oportunidades
sonaquelas situacións externas,
positivas
, que se xeran no ámbito e que unha vez identificadas poden ser aproveitadas. As
Ameazas
son situacións
negativas
, externas ao programa ou proxecto, que poden atentar contra este, polo que chegado ao caso, pode ser necesario deseñar unha estratexiaaxeitada para poder sorteala.A
análise interna
, permite fixar as
fortalezas e debilidades
da organización, realizando un estudo que permite coñecer a cantidade e calidadedos recursos e procesos con que conta. Para realizar a análise interna dunha corporación deben aplicarse diferentes técnicas que permitan identificardentro da organización que atributos lle permiten xerar unha vantaxe competitiva sobre o resto dos seus competidores. As
Fortalezas
son todosaqueles elementos internos e positivos que diferencian á organización. As Debilidades refírense, pola contra, a todos aqueles elementos, recursos,habilidades e actitudes que constitúen barreiras para lograr a boa marcha da organización. As
Debilidades
son problemas internos, que unha vezidentificados e desenvolvendo unha axeitada estratexia, poden e deben eliminarse.
 
A partir de aquí determínase a Estratexia a seguir. Da combinación de fortalezas con oportunidades xorden as potencialidades, as cales sinalanas liñas de acción máis prometedoras para a organización. As limitacións, determinadas por unha combinación de debilidades e ameazas, constitúenunha seria advertencia. Mentres que os riscos (combinación de fortalezas e ameazas) e os desafíos (combinación de debilidades e oportunidades),determinados pola súa correspondente combinación de factores, esixirán unha coidadosa consideración á hora de marcar o rumbo que aorganización deberá asumir cara ao futuro desexable..Neste estudo preséntanse os aspectos positivos e negativos da diagnose sa situación realizada previamente e que afecta á realidade territorial,demográfica, produtiva, laboral e de políticas activas de emprego.

Share & Embed

More from this user

Add a Comment

Characters: ...