3
2.XUSTIFICACIÓN.
No CEIP de Aguiño actualmente estamos elaborando o PSC iniciada nocurso 2007-08. Somos conscientes de que é un proceso longo e dilatado xaque implica varias fases: deseño de enquisas, documentación sobre distintostemas, baleirado e contraste de datos, análise de resultados, debate…peronecesario para coñecer con profundidade a realidade sociolingüística do nosocentro.O tratamento destes datos vai trazar un contexto onde se poñen demanifesto as distintas necesidades detectadas en base ás que deberemosintervir.O noso alumnado conta cunha alta porcentaxe de galego-falantes xuntocoas súas familias. Aínda que o uso estea xeralizado, estanse detectandoalgúns prexuízos, falta de valoración, procesos de desgaleguización,indiferenza cara á situación actual do galego… que cómpre que sexa o nosofoco de atención como institución educativa.En canto ao profesorado, a lingua vehicular de tratamento co alumnado émaioritariamente en galego, respetando a lexislación vixente, aínda que arelación entre profesionais sexa en moitas ocasións en castelán, conlevando orisco dun desaxuste na percepción do alumnado cara nós coma referentes.A isto súmase que o feito de pertencer á Coordinadora do Barbanza deENDL permítenos intercambiar distinto tipo de información, salientándo oseguimento do noso alumnado en etapas posteriores que apuntan nalgúns
Add a Comment