Dirixido aos alumnos do quinto e sexto de Primaria
O CONCELLO DE RIVEIRA CONVOCA O 1º CONCURSOESCOLAR “TODOS E TODAS SOMOS CONSTITUCIÓN”PARA CELEBRAR O ANIVERSARIO DA CARTA MAGNA
O PREMIO DO CERTAME CONSISTIRÁ NUNHA VIAXE ASANTIAGO DE COMPOSTELA QUE INCLÚE UNHA VISITA AOPARLAMENTO GALEGO
Santa Uxía de Riveira, 4 de decembro de 2009.- Xa se achega
o día daconmemoración da
Constitución Española
, e tal e como se ven facendo dendehai anos, a
Concellería de Cultura e Festexos
ten intención de celebraloorientando algunha das actividades aos Ciclos de Primaria dos centroseducativos da cidade. Este ano cámbiase o modelo de celebración e proponseo
“Primeiro Concurso Escolar – TODOS E TODAS SOMOS CONSTITUCIÓN“
.Este certame pretende dar a coñecer a importancia, trascendencia, historia evalor entre a poboación infantil da Constitución, poñendo de manifesto todos osdereitos fundamentais que recolle a nosa Carta Magna.Segundo as bases do concurso, poderán participar todos aqueles colexiospúblicos e privados que estean situados no termo municipal de Riveira, conunha ou varias clases do terceiro ciclo de Primaria ( 5º e 6º de Primaria),sempre co límite de catro traballos por colexio ou centro educativo e un mínimode 10 e máximo de 25 alumnos/as por traballo.O tema único é a Constitución Española de 1978 e a relación que ten para acidadanía, o estado de dereito e sobre todo, os nenos e nenas, na sociedadeactual.Deberá estar realizado en galego, papel A4 e escrito a ordenador en
TimesNew Roman
ou
Arial
, tamaño 12 e interlineado sinxelo, con ou sen ilustracións,e cunha extensión mínima de 5 e máxima de 20 páxinas para traballos deinvestigación, ficción, literarios e poéticos, ou xornalísticos.
Prazos
O prazo de presentación de traballos comeza o 6 de decembro e remata o 22do mesmo mes, podendo ser entregados no Rexistro Xeral da Casa doConcello de Riveira ou no Auditorio Municipal en horario de 9:00 a 13:30 h deluns a venres. Tamén poden ser enviados por correo postal ao Rexistro Xeral,
Leave a Comment