• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR PRESENTA O SEU INFORME ANUAL NO ÚLTIMOPLENO ORDINARIO DO ANO.A concelleira do BNG, Victoria Rei, presentou ante o pleno, o balance do traballo feito naconcellaría no ano 2009, como exercicio de transparencia e de satisfacción polo traballo feito,
destacando que pasaron de xestionar 47.625 € no ano 2006 a 169.928 € neste ano.
 Atenderonse directamente neste departamento a
884 persoas
( nun concello de 3.100habitantes).O programa que máis carga de traballo supuxo foi a
atención á dependencia
, pois lévansetramitado
167 solicitudes de dependencia
( 55 no ano 2009), das cales finaron 31 persoas e78 están pendentes de ter asignado algún recurso ( o que se coñece como PIA: PlanIndividualizado de Atención).O
Servizo de Axuda no Fogar
atendeu ó longo do ano a 28 persoas, prestando
765 horas
 mensuais de asistencia no fogar ( das cales 515 horas son de atención a persoas dependentes).Destacou tamén que desde finais de xullo temos
aprobada a nova ordenanza
do servizo deaxuda no fogar adaptada ós requisitos da Lei de Dependencia , aproveitando para denunciaruna vez máis que a pesar de que ten os prezos máis baratos de toda a comarca para a xentecon menos ingresos o PP votou en contra da súa aprobación pero sen presentar nin una solaalegación para a súa mellora, e agora a Xunta obríganos a encarecelos para poñelos ó mesmonivel que os demais .Os servizos de
perruquería e podoloxía no fogar
atende actualmente a
39 persoas
, e a pesarde que a Xunta non se compromete a financialos a través da súa nova orde de financiación, aconcelleira comprometeuse unha vez máis a manter estes servizos tan ben valorados polaspersoas usuarias.Respecto ás
prestacións económicas
propias do concello concedéronse as seguintes axudaseconómicas:-
Para familias: 12 solicitudes ( en concepto de alimentación, transporte, próteses…), un totalde 3.488 €.
 -Para axudas á escolaridade: 36 solicitudes , 29 concedidas con 43 escolares beneficiarios, un
total de 3.090 €.
 Unha das actividades que maior participación teñen e nos producen máis satisfacción, porquesupón potenciar a autonomía das persoas maiores e a mellora da súa calidade de vida a travésdo envellecemento activo, son as
Aulas de Educación Permanente
, durante o curso 08-09tivemos 4 grupos de Alfabetización e Estimulación da Memoria, que sumaron arredor de 80persoas participantes. Neste curso 09-10 puxemos en marcha
novos grupos chegando a 7lugares:
Lestrobe, Dodro, Tallós, Traxeito, Imo, Bexo e Teaio, cun total
de 150 persoas
 participantes.
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...