/  7
 
4.060 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 49
Luns, 10 de marzo de 2008Ricardo de Cora Paradela como vicepresidente,Blanca de Cora García como secretaria e Antonio deCora García, Diego de Cora García, José Vincius deCora Sierto e Gonzalo de Cora Sierto como vogais.5. A comisión integrada polos secretarios xerais detodas as consellerías eleva ao conselleiro de Presi-dencia, Administracións Públicas e Xustiza propostade clasificación como mixta da
Fundación Puro Cora
dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndosecumpridos os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do1 de decembro, de fundacións de interese galego, esegundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decre-to 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba oRegulamento de organización e funcionamento doprotectorado das fundacións de interese galego, pro-cede a súa clasificación como mixta e a súa adscri-ción á Consellería de Presidencia, AdministraciónsPúblicas e Xustiza.Fundamentos de dereito.1. O artigo 34 da Constitución española recoñece odereito de fundación para fins de interese xeral deacordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de auto-nomía para Galicia outórgalle competencia exclusi-va sobre o réxime das fundacións de interese galego.2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) doDecreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se apro-ba o Regulamento de organización e funcionamentodo protectorado das fundacións de interese galego,correspóndelle a esta consellería a clasificación dafundación e a adscrición á consellería correspon-dente, quen exercerá plenamente o protectoradosobre ela.3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regula-mentarias establecidas para o caso, de acordo coaproposta realizada pola Comisión de SecretariosXerais na súa reunión do día vinte e cinco de febrei-ro de dous mil oito.Vista a Constitución española de 1978, o Estatutode autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6de abril), a Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fun-dacións de interese galego, así como as demais nor-mas de desenvolvemento e de xeral aplicación.Na súa virtude,
 DISPOÑO:
Clasificar como mixta a
Fundación Puro Cora
ads-cribíndoa á Consellería de Presidencia, Administra-cións Públicas e Xustiza que exercerá plenamente oprotectorado sobre ela.Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2008.José Luis Méndez RomeuConselleiro de Presidencia, AdministraciónsPúblicas e Xustiza
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 29 de febreiro de 2008 pola que seestablecen as bases que rexen as axudas aoalumnado de niveis non-universitarios para aadquisición dun ordenador persoal durante oano 2008 e se procede á súa convocatoria.
O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 31,establece a competencia plena para o regulamento eadministración do ensino en toda a súa extensión,niveis e graos, modalidades e especialidades, noámbito das súas competencias e sen prexuízo do dis-posto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgáni-cas que o desenvolven.A Consellería de Educación e Ordenación Universi-taria, como órgano da Administración autonómica res-ponsable do exercicio das competencias e funcións enmateria de políticas educativas, debe potenciar asnovas tecnoloxías da información e comunicación coobxectivo de contribuír á creación de mellores condi-cións para o desenvolvemento económico, social e cul-tural, e á mellora da calidade de vida dos cidadáns.Para lles facilitar o uso das novas tecnoloxías aaqueles colectivos que teñan menor posibilidade deacceso a elas, a Consellería de Educación e Ordena-ción Universitaria convocou durante os anos 2006 e2007 axudas que tiveron como finalidade proporcio-narlles axudas aos alumnos de niveis non universi-tarios para a adquisición de equipamentos informá-ticos co obxecto de incrementar o número de fogaresna comunidade autónoma que dispoñen de equipa-mento informático adecuado.Tendo en conta o volume da actividade administra-tiva que deriva das competencias que ten atribuídasa Consellería de Educación e Ordenación Universi-taria na tramitación destas axudas, e coa finalidadede acadar unha maior axilización no trámite e reso-lución delas, aconsellan delegar no titular da Direc-ción Xeral de Formación Profesional e EnsinanzasEspeciais determinadas competencias legalmenteatribuídas á conselleira, todo iso en beneficio tantoda Administración como dos administrados.Esta nova convocatoria axústase ao disposto naLei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.Por todo isto,
 DISPOÑO:
Artigo 1º.-
Obxecto
.Esta disposición ten por obxecto establecer asbases para regular a concesión de 2.666 axudas, enréxime de concorrencia competitiva, ao alumnado deniveis non universitarios que adquiran un ordenador persoal no ano 2008.Artigo 2º.-
Orzamento
.A Consellería de Educación e Ordenación Universi-taria financiará as anteditas axudas con cargo á partidaorzamentaria 09.03.423B.780.0 dos orzamentos xeraisda Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008,cun total orzamentario de 799.800 €.
 
Nº 49
Luns, 10 de marzo de 20084.061DIARIO OFICIAL DE GALICIAArtigo 3º.-
 Destinatarios.
Poderán solicitar as axudas os pais, nais ou titoreslegais do alumnado que reúna os seguintes requisitos:a) Estar matriculado/a no ano escolar 2007-2008nun centro educativo sostido con fondos públicos daComunidade Autónoma de Galicia en calquera doscursos de educación primaria e de educación secun-daria obrigatoria, ou equivalentes no caso do alum-nado con necesidades educativas específicas.b) Adquirir ou ter adquirido un ordenador persoalde primeira man, de escritorio ou portátil, no perío-do comprendido entre o 1 de xaneiro e o 20 desetembro de 2008. O ordenador persoal de escritorioestará composto, como mínimo, pola CPU, un tecla-do, un rato e unha pantalla.c) Ser o único membro da unidade familiar para ocal se solicita a axuda.d) Non ter recibido esta axuda a unidade familiar en anteriores convocatorias.e) Que os ingresos familiares anuais non superenos 25.000 euros, calculados segundo se indica noartigo 5º, punto 2 desta orde.Artigo 4º.-
Solicitudes e documentación.
1. Os que desexen optar á axuda deberán comple-tar, en liña, a solicitude e anexos que como formula-rio electrónico se atoparán na xina web:http://www.edu.xunta.es/axudasord, ou ben presen-tar os anexos desta orde debidamente cubertos. Pos-teriormente, e sempre antes de que remate o prazoestablecido no punto 2 deste artigo, presentarán esamesma solicitude impresa e anexos, debidamenteasinados, no rexistro da Consellería de Educación eOrdenación Universitaria (edificio administrativoSan Caetano, s/n, código postal 15781, en Santiagode Compostela), ou ben por calquera dos mediosprevistos para a presentación de instancias no arti-go 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deréxime xurídico das administracións públicas e doprocedemento administrativo común, modificadapola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Se a solicitude seremite por correo, presentarase en sobre aberto paraque sexa datada e selada polo funcionario de correosantes de proceder á súa certificación.De acordo co establecido no artigo 71 da citadaLei 30/1992, do 26 de novembro, naquelas solicitu-des en que non se acheguen os requisitos sinalados,requirirase do interesado que nun prazo de dez díashábiles emende as faltas ou presente os documentospreceptivos; de non facelo, considerarase que desis-tiu da súa petición e arquivarase o expediente, nostermos previstos no dito artigo.2. O prazo de presentación de solicitudes será dunmes contado a partir do día seguinte ao da publica-ción desta orde no
Diario Oficial de Galicia
. Entende-rase como último día do prazo o correspondente aomesmo ordinal do día de publicación. Se o último díado prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao pri-meiro día hábil seguinte e, se no mes do vencementonon houbese día equivalente ao inicial do cómputo,entenderase que o prazo expira o último do mes.3. Para os efectos do disposto na disposición adicio-nal do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que seregulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentosxerais da Comunidade Autónoma de Galicia para oano 2006, os solicitantes deberanlle consentir expre-samente á Administración concedente incluír e facer públicos, nos rexistros regulados no citado decreto, osdatos relevantes referidos ás axudas recibidas.A reserva que o peticionario poida facer no sentidode non autorizar a obtención de datos ou a publicida-de dos datos nos rexistros, que en todo caso terá queexpresar, poderá dar lugar á exclusión do proceso departicipación para obter a axuda ou subvención ou,noutro caso, á revogación do acto de outorgamento e,se procede, ao reintegro do importe concedido.4. Ás solicitudes achegarase a seguinte documen-tación:a) Copia do DNI do solicitante (pai, nai ou titor legal) ou, de ser o caso, do NIE (número de identi-dade de estranxeiro).b) Fotocopia compulsada do libro de familia enque figuren todos os membros da unidade familiar (pai, nai, fillos menores de dezaoito anos e fillos dedezaoito ou máis anos con algunha minusvalidez).No caso de non ter libro de familia terá que presen-tarse un documento ou documentos que acrediten osmembros da unidade familiar. No suposto de nonconvivencia de ambos os proxenitores, deberaseacreditar que o solicitante convive cos fillos (certifi-cado de convivencia do concello).c) Autorización do solicitante e doutros membros dafamilia cuxos ingresos son computables para coñecer os ingresos totais da unidade familiar, coa finalidadede poder recadar datos de carácter tributario ou eco-nómicos que fosen legalmente pertinentes á AxenciaEstatal de Administración Tributaria relativos aonivel de renda (IRPF). A autorización cubrirasesegundo o modelo que figura no anexo III. Na medidaen que, a través deste sistema, a Consellería de Edu-cación e Ordenación Universitaria poida dispoñer dasditas informacións, non se lles exixirá aos interesadosa achega individual de certificacións expedidas polaAxencia Estatal de Administración Tributaria, nin apresentación, en orixinal, copia ou certificación, dassúas declaracións tributarias.d) Declaración responsable do solicitante de per-cibir ou non outro tipo de bolsa ou axuda das admi-nistracións públicas ou calquera dos seus organis-mos, entes ou sociedades públicas, para a adquisi-ción de ordenadores, segundo modelo do anexo II.e) Fotocopia compulsada do certificado de minus-validez no caso de que algún membro da unidadefamiliar teña esa condición. Na referida certifica-ción deberá constar o grao de minusvalidez, que teráque ser do 33% ou superior.
 
4.062 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 49
Luns, 10 de marzo de 2008f) Documento orixinal, facilitado pola entidade ban-caria, acreditativo da existencia dunha conta bancariaaberta a nome do solicitante (pai, nai ou titor legal), enque conste o código da conta do cliente comprensivodos códigos que identifican o banco ou caixa, a ofici-na, o díxito de control e o número de conta.g) Declaración responsable de que o solicitante e obeneficiario non incorren nos supostos previstos nospuntos 2º e 3º, do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 dexuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo doanexo IV.Os que presentaron na convocatoria anterior osdocumentos correspondentes ás alíneas a), b), e) e f)e non resultaron beneficiarios da axuda estaránexentos de presentalos sempre que o fagan constar por escrito no momento de realizar a solicitude.Artigo 5º.-
Criterio de valoración
.1. O criterio de valoración que se terá en conta paraconceder estas axudas será o do nivel de ingresos daunidade familiar, ordenados de menor a maior.2. Os ingresos determinantes do dereito á axudaestarán referidos aos ingresos familiares, que se fixa-rán en función da contía, en número de veces o sala-rio mínimo interprofesional, corrixida segundo seestablece no punto 4º deste artigo, da parte xeral eespecial da base impoñible reguladas nos artigos 38,39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislati-vo 3/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o textorefundido da Lei de imposto sobre a renda das per-soas físicas, correspondente á declaración (ou decla-racións) presentada por cada un dos membros da uni-dade familiar relativa ao período impositivo inmedia-tamente anterior (con prazo de presentación vencido)á solicitude de axuda. Para tal efecto, atenderase aoimporte comprobado pola Administración tributaria.Se o representante legal ou os membros da unidadefamiliar do solicitante non presentasen declaración,por non estaren obrigados a iso, a acreditación dosseus ingresos familiares efectuarase mediante a infor-mación de carácter tributario ou económico facilitadapola Administración tributaria, relativa ás menciona-das parte xeral e especial da base reguladas nos arti-gos 38, 39 e 40, respectivamente, do Real decretolexislativo 3/2004, do 5 de marzo.Para efectuar o cálculo dos ingresos anuais parti-rase, como se mencionou anteriormente, da contíada parte xeral e especial da renda. A operación con-sistirá en sumar os recadros 476+479 da declaraciónda renda, restarlle a contía do recadro 490, e oresultado multiplicalo polo coeficiente corrector quese indica no punto 4º deste artigo.3. Para os efectos desta orde, enténdese por ingre-sos familiares os referidos á unidade familiar tal ecomo resulta definida polas normas reguladoras doimposto sobre a renda das persoas físicas. As refe-rencias á unidade familiar para efectos de ingresosse fanse extensivas ás persoas que non estean inte-gradas en ningunha unidade familiar.4. Aos ingresos familiares aplicaráselles un coefi-ciente multiplicativo corrector, en función do núme-ro de membros da unidade familiar:Número de menbrosda unidade familiar Coeficiente correcto1 ou 2 1,003 0,974 0,935 0,886 ou máis 0,83No caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado con minusvalidez, nas condiciónsestablecidas na normativa do imposto sobre a rendadas persoas físicas, o coeficiente corrector aplicableserá o do tramo seguinte a aquel ao cal lle corres-pondería sen esta consideración.5. Todas estas circunstancias se valorarán unica-mente no caso de que, da documentación que figura noexpediente, se poida deducir claramente o seu conti-do, en virtude de certificacións orixinais ou copiascompulsadas delas. En caso contrario, non se terán enconta para a adxudicación da contía destas axudas.Artigo 6º.-
 Importe das axudas.
1. O importe de cada unha das axudas destinarasea sufragar parte dos gastos derivados da adquisicióndun ordenador persoal.2. Estas axudas son compatibles co aproveitamen-to de calquera outro tipo de axudas de instituciónspúblicas ou privadas destinadas á adquisición deordenadores, sen prexuízo do establecido na alí-nea d) do artigo terceiro.3. O importe da axuda será de 300 €. En ningún casoo importe da axuda será tal que, illadamente ou en con-correncia con outras axudas ou subvencións doutrasadministracións ou entes públicos ou privados, nacio-naisouinternacionais,supereocustototaldoordenador.Artigo 7º.-
Comisión de avaliación.
A selección dos beneficiarios será realizada por unha comisión de avaliación integrada por:-O subdirector xeral de Ensinanzas Especiais eFormación Permanente, que actuará de presidente.-OxefedoServizodeEnsinanzasdeximeEspecial.-O xefe do Servizo de Xestión Económica e Educa-ción de Adultos.-Un representante da Subdirección Xeral de Siste-mas Informáticos.Actuará como secretario un funcionario da Direc-ción Xeral de Formación Profesional e EnsinanzasEspeciais.A comisión poderá dispoñer a constitución dunhasubcomisión técnica só para os efectos de colaborar na valoración dos documentos achegados segundo oprevisto no punto 4 do artigo c4º.Artigo 8º.-
Tramitación e resolución
.1. Unha vez valoradas as solicitudes conforme oscriterios fixados no artigo 5º desta orde, a comisiónde avaliación publicará unha listaxe provisional de

Share & Embed

More from this user

Add a Comment

Characters: ...