• Embed Doc
  • Readcast
  • Collections
  • CommentGo Back
Download
 
I
Saíu ó patio do recreo: unha aira na parte traseira da escola; esentouse baixo da sombra dun maxestoso castiñeiro para protexerse doforte sol de primavera. Tirou do peto un anaco de pan e medio chourizoenvolto en papel amarelado. Mentres comía sen moita gana contemplaba ósseus compañeiros correr e berrar pola aira. Pero el tiña a mente noutra parte. Non era un día normal para aquel neno de catorce anos, delgado e tanalto que parecía un adulto feito a présa.Un dos seus amigos achegouse para invitalo a xogar.-Ven xogar comigo. Necesito un compeiro para a billarda. – Orostro redondo e salpicado de pecas do neno parecía traer unharesposta afirmativa no sorriso. Pero non foi así.-Hoxe non Manolo. –Contestou o rapaz. –Hoxe estou un pouconervioso.-¿E logo que tes?-Meu pai foi a Ourense co señor Perfecto. – Soou coma una sentencianunha xuntanza de vellos.Abondaban máis explicacións. O Manoliño entendeu ó momento de quése trataba e non dixo nada. Percorreu coa mirada aquel recinto rectangular,rodeado dun muro de pedra que lle chegaría á altura do peito, buscandooutro compañeiro de xogos, e de que lle pareceu atopalo marchou correndo. Non, aquel non era un día normal. Baixo a reconfortante protección avella árbore o mozo lembraba cómo comezara todo, un ano atrás.Un día chuvioso de inverno a mestra entrou na aula cun home que noncoñecían. Tódolos nenos se levantaron automaticamente para expresar oseu respecto, en forma de saúdo sincronizado, para recibir ó visitante. Nonera habitual que ninguén viñera a aquela pequena escola perdida na Serrado San Mamede.
 
Despois dun sinal case imperceptible da mestra os rapaces sentáronsenos seus pupitres de madeira e dispuxéronse a escoitar.-Este señor que me acompaña chámase don Perfecto.Era unha muller cos trinta cumpridos, delgada e miúda; coa caraagarimosa e sempre riseira e uns cabelos longos, negros e crechos quedomaba cun pano de cores discretas. Levaba una camisa de liño arroupada por unha ampla chambra marrón e unha saia longa, cinco centímetros por riba dos nocellos, tal como esixían as ordenanzas.-Vén de Celanova e quérevos amosar unha cousa. - As palabras saíancerimoniosas dos seus beizos delgados e descoloridos.O forasteiro soamente musitou unhas verbas de agradecemento cara adona Adelaida. Non a coñecía. Viña recomendado polo mestre dunha parroquia próxima. Despois saudou ós rapaces e rapazas cun lacónico bosdías.Era un home groso e pequeno de faciana redonda e fronte despexada.Un mostacho cinsento polas canas conferíanlle un aspecto rexo, asistido por un elegante traxe escuro do que asomaba o colo almidoado dunhacamisa branca. Moveuse paseniñamente cara á mesa da mestra e abriu unhacaixa moura na que ninguén reparara, pois os nenos só tiñan ollos paraaquel estraño. Da caixa sacou, con moita reverencia, un instrumentomusical alongado, negro e dourado. Volveu desandar os catro pasos que osituaban no medio da tarima e púxoo nos beizos con delicadeza. A aulaencheuse dunha sica melodiosa e doce que foi encrescendo enintensidade e invadindo tódolos recunchos da estancia. Os rostros dosnenos reflecan sorpresa. Olbanse uns ós outros coma buscandoxustificación do que estaba a acontecer. Pero iso só ocorreu no primeirominuto daquel improvisado concerto. Despois, ata o remate, non se moveuninguén nin se escoitou o menor ruído. A música foinos engaiolando no seuuniverso máxico.
 
O rapaz pechou os ollos uns intres e bebeu daquel momento coma sefose un agasallo. A súa face alongada, máis se cabe por un longo e finonariz, concentraba toda a paz e a bondade que se pode atopar en nesta terra.A melodía entraba polas súas grandes orellas coma un bálsamo de tenrura eharmonía. Sentiuse só no mundo, voando sen se mover do pupitre. Un pouco turbado por aquel estado de éxtase involuntario, e ante a vergoña deque os outros rapaces se puideran dar conta, volveunos abrir pouco antes deque rematara aquela pequena peza; por iso e quizais tamén para asegurarsede que aquelo que estaba pasando era verdade.Fíxose o silencio. Ninguén se movía. Ninguén reaccionaba. Foi amestra a que tivo que aguilloar nos rapaces para que aplaudiran. DonPerfecto fixo unha pequena inclinación de agradecemento e comezou afalar.-Este instrumento que acabades de escoitar chámase clarinete. –Dixomentres o levantaba lixeiramente e o separaba do seu corpo para queo viran con claridade. - É un instrumento de vento. Ten unha boquilla – Fixo unha breve pausa mentres a sacaba para ensinala- euns buratos que se tapan e se destapan para formar as diferentesnotas musicais. – Volveu calar mentres repoñía a peza no seu lugar.Deu un paso adiante e baixou da tarima. - ¿Alguén coñece o nomedoutros instrumentos de vento?A sala encheuse de mans levantadas pero ninguén dixo nada. DonaAdelaida sentiu certo orgullo de ver que disciplinara ben ós seus discípulos,moitos dos cales deixarían aquel mesmo ano a escola. O invitado foisinalando ós rapaces de adiante atrás. Unha trompeta, un trombón, unhafrauta, foron as respostas das primeiras filas. As mans comezaron a baixar eapreciáronse algúns xestos de fastío. Só quedou en alto a man do neno daquinta fila. Don Perfecto avanzou polo pasillo central da aula e situouse ásúa altura.
of 00

Leave a Comment

You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...
You must be to leave a comment.
Submit
Characters: ...