You are on page 1of 5

VOCABULARIO UNIDADE 3 e 4

- Réxime térmico: evolución cíclica da temperatura dun lugar.


- Evaporación: proceso físico que consiste no cambio lento e gradual dun
estado líquido a outro gaseoso, en función dun aumento natural ou artificial
da temperatura.
- Humidade: Cantidade de auga presente no aire. Pode expresarse e forma
absoluta ou relativa.
- Condensación: paso do vapor de auga atmosférico de estado gaseoso a
estado líquido ou sólido, despois de que o aire teña acadado a saturación de
humidade.
- Precipitación: auga que en estado sólido ou líquido se deposita na superficie
da terra a consecuencia de procesos atmosféricos.
- Inversión térmica: aumento da temperatura coa altitude nunca capa da
atmósfera, cando debera diminuír segundo o gradiente térmico normal.
- Brétema: nube de auga e condensada en forma de gotas líquidas ou cristais
de xeo suspendida na atmósfera xusto sobre a superficie da atmósfera.
- Solaina: paraxe exposto directamente ao sol.
- Umbría: parte de terreo apenas exposto á iluminación solar.
- Humidade atmosférica: cantidade relativa de vapor de auga que contén o
aire atmosférico.
- Isohieta: nun mapa, liña que une puntos que reciben igual cantidade de
precipitación.
- Réxime pluviométrico: distribución mensual das precipitacións caidas nun
ano nunca zona determinada.
- Déficit hídrico: desequilibrio entre o aporte de humidade e a perda por
evaporación nun lugar.
- Aridez: escaseza de humidade no aire e no solo, definida sobre todo en
relación coa necesidade da vegetación e dos cultivos e co réxime térmico.
- Microclima: clima dunha área específica, de moi reducidas dimensións, que
presenta contrastes co da área na que se atopa inserto.
- Clima urbano: refírese as condicións do clima en áreas urbanas diferentes
do entorno rural atribuidas ao desenrolo urbano.
- Biosfera: esfera de vida ou espacio que ocupan na Terra os seres vivos.
- Hidrosfera: esfera líquida na Terra ou conxunto total das augas, tanto
superficiais como subterráneas.
- Rede fluvial: conxunto dunha serie de cursos fluviais jerarquizados, que
drenan un territorio máis ou menos extenso.
- Conca fluvial: área delimitada por todas as divisorias de augas dos ríos que
forman un sistema fluvial, que é o único que as desauga ou drena.
- Divisoria de augas: liña imaxinaria que separa dúas concas hidrográficas,
coincide cos puntos máis altos do relevo e organiza a dirección das augas
superficiillas.
- Canle: canalización artifical pola que corre a auga.
- Acuífero: bolsa de auga subterránea que se forma cando as augas de
precipitación, se infiltran, atopan un estrato impermeble se depositan sobre
él.
- Infiltración: movemento lento de descenso das augas superficiais no solo o
unas rochas.
- Augas subterráneas: augas que se atopan no subsolo resultado dun proceso
de infiltración dende a superficie terrestre ou liberadas de magmas
ascendentes.
- Nivel freático: superficie superior da zona de saturación nas rochas
permeables. Este nivel varía estacionalmente.
- Aforo: en hidroloxía, aplícase á medida das augas dun río.
- Caudal: volume de auga que despraza un río nun momento dado en un punto
determinado do seu recorrido. Mídese en cm/s.
- Avenida: crecida impetuosa do caudal dun río.
- Inundación: ocupación por parte da auga de zonas que habitualmente están
libres dela.
- Estiaxe: nivel de caudal mínimo que alcanza un río ou unha laguna en
determinadas épocas do ano debido principalmente á sequía.
- Torrente: organismo fluvial curto, de forte pendente, orixinado onde as
precipitacións caen de forma violenta en moi pouco tempo e o sustrato é
doado de excavar.
- Canón: corrente de auga nunca zona escarpada con fortes pendentes,
caudal irregular e que pode ter gran capacidade de erosión.
- Terraza fluvial: pequenas plataformas sedimentarias construidas nun val
fluvial polos propios sedimentos dun río que se depositan aos lados do cauce
en lugares de pouca pendente.
- Rambla: cauce seco, de ríos que só levan auga parte do ano, cun réxime
torrencial, típico das áreas máis áridas do clima mediterráneo.
- Réxime fluvial: fluctuación estacional do caudal dun río ao longo dun ano
que depende xeralmente das características das súas fontes de
alimentación.
- Esteiro: extensión mariña próxima a desembocadura dun río, na que as
interaccións de mar e río son notables.
- Ría: val fluvial asolagado en parte o una súa totalidade polas augas do mar.
Na súa formación interveñen a acción erosiva dos ríos, as variacións do nivel
do mar así como a tectónica.
- Marisma: terreo lixeiramente deprimido con respecto ao nivel do mar que
resulta asolagado polas augas mariñas cando sobe a marea.
- Albufeira: lagoa litoral formada por auga salgada e separada do mar por un
cordón litoral.
- Marea: oscilación periódica do nivel do mar producida principalmente por
las fuerzas gravitatorias que exercen a Luna e o Sol
- Tómbolo: acumulación de area e terra que une o continente a unha illa.
- Bioclimático: límite producido por factores e elementos climáticos que
inciden na variación da vexetación e da fauna dunha zona concreta.
- Biomasa: masa de materia orgánica dos seres vivos que existe nun
determinado ecosistema.
- Ecosistema: sistema formado por unha comunidade natural de seres vivos e
o seu ambiente físico.
- Vexetación climax: vexetación que está en equilibrio coas condicións
ambientais dun lugar, é dicir, a vegetación potencial que debería existir nun
lugar de non mediar outros factores que os meramente ambientais.
- Endemismo: especie biológica exclusiva dun lugar, área ou rexión
xeográfica.
- Conífera: árbores ou arbustos caracterizados por portar estructuras
reproductivas chamadas conos.
- Frondosa: orden de plantas que non producen conos ou piñas, no cal se
inclúen case todas as angiospermas actuais.
- Especie hidrófila: especie vexetal que é esixente en humidade, polo que se
desenvolve óptimamente nos medios húmidos.
- Especie termófila: especie vexetal adaptada a medios climáticos cálidos,
polo que non resiste as baixas temperaturas.
- Especie xerófila: especie vexetal que resiste á aridez, por estar adaptada
na súa constitución á sequidade e déficit de humidade.
- Especie helófila: planta que precisa unha alta insolación para o seu correcto
desenrolo (ex: matogueiras mediterráneas).
- Especie mesófila: vexetación que require un medio cunhas precipitacións e
temperaturas de tipo moderado ou medio, como ocorre con case todas as
árbores.
- Formación arbórea: planta leñosa de polo menos 5 metros de altura, cun
troco ben definido ata o arranque das pólas.
- Formación arbustiva: planta leñosa de menos de 5 metros de altura e que se
ramifica dende a base, carecendo de tronco principal.
- Formación herbácea: conxunto de plantas pequenas que teñen un talo, a
diferencia de árbores e arbustos, sen tecido leñoso.
- Bosque caducifolio: formación forestal onde predominan árbores que
perden temporalmente as súas follas (Carballo, castiñeiro…).
- Bosque perennifolio: formación forestal onde predominan árbores que
manteñen o seu follaxe todo o ano (piñeiro, eucalipto…).
- Devesa: terreo pecuario, con alternacia de árbores e amplos claros, máis ou
menos cercado, para ordear o pasto, de gran extensión superficial, e propio
da España seca.
- Sotobosque: espacio vexetal que se desenrola baixo as copas das árbores
dun bosque.
- Pradería: área extensa cuberta de pastos e prados, apta para o
aproveitamento gandeiro.
- Landa: formación arbustiva propia das áreas de clima templado oceánico
húmido, onde destacan plantas como os brezos, toxos… e desenvolvidas
normalmente sobre solos acedos.
- Maquis: formación arbustiva mediterránea, rica en especies, desenvolvida
sobre solo silíceo e de gran densidade a diferencia da garriga.
- Garriga: formación arbustiva de ámbito mediterráneo, pouco densa, aberta
e xeralmente produto da degradación antrópica.
- Solo: parte superficial da codia terrestre que se debe á alteración física e
química da rocha e a descomposición de materia orgánica, constituindo o
medio natural para o desenvolvemento das plantas terrestres e dos
microorganismos que contribúen á súa evolución.
- Cliserie: distribución escalonada de tipos de vexetación diferentes en
función da altitude ou da latitude, determinada por variacións no clima. Na
cliserie altitudinal diferéncianse catro pisos según a altura: basal, montano,
subalpino e alpino.
- Contaminación Atmosférica: alteración da atmosfera terrestre pola adición
de gases, partículas sólidas ou líquidas en suspensión en proporcións
distintas ás naturais. Os principais mecanismos de contaminación
atmosférica son os procesos industriais que implican combustión, tanto en
industrias como en automóbiles e calefacciones residenciales.
- Contaminación Acústica: ruído (entendido como son excesivo e molesto),
provocado polas actividades humanas (tráfico, industrias, locais de lecer,
etc.), que produce efectos negativos sobre a saúde auditiva, física e mental
das persoas.
- Residuos Sólidos Urbanos: Desfeitos que proveñen de alguna actividade
humana (producción, consumo) que se encontran en estado sólido e que é
posible tratar e reciclar para evitar a súa acumulación masiva.
- Contaminación Industrial: emisión pola industria de calquera sustancia ou
forma de enerxía con potencial para provocar danos, irreversibles ou non, no
medio inicial.
- Chuvia Ácida: fórmase cando a humidade no aire combínase co óxido de
nitrógeno e o dióxido de azufre emitidos por fábricas, centrais eléctricas e
vehículos que queiman carbón ou produtos derivados do petróleo. En
interacción co vapor de auga, estes gases forman acedo sulfúrico e acedos
nítricos. Finalmente, estas sustancias químicas caen á terra acompañando ás
precipitacións, constituíndo a choiva aceda.
- Efecto Invernadoiro: fenómeno polo cal determinados gases, compoñentes
dunha atmosfera planetaria reteñen parte da enerxía que o chan emite por
ser quentado pola radiación solar. Afecta a todos os corpos planetarios
dotados de atmosfera. De acordo co actual consenso científico, o efecto
invernadero estase vendo acentuado na Terra pola emisión de certos gases,
como o dióxido de carbono e o metano, debida á actividade económica
humana.
- Deforestación: é o proceso de desaparición dos bosques ou masas forestales,
fundamentalmente causada pola actividade humana, principalmente debido a
tállalas realizadas pola industria maderera, así como para a obtención de
chan para cultivos agrícolas.
- Desertización: enténdese o proceso polo que un territorio que non posúe as
condicións climáticas dos desertos, principalmente unha zona árida,
semiárida ou subhúmeda seca, termina adquirindo as características destes.
Isto sucede como resultado da destrución da súa cuberta vegetal, da
erosión do chan e da falta de auga.
- Reciclaxe: Transformación de produtos de refugallo de diversas actividades
para poder ser reutilizados noutras actividades económicas e evitar a
acumulación de residuos improdutivos ou contaminantes.

You might also like