You are on page 1of 20

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

GUÍA DE ORIENTACIÓN
ACADÉMICA E PROFESIONAL
4º E.S.O.
Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

I.
1. CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN
Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro
académico profesional. E recorda que o máximo responsable desta decisión es
ti, pero debes ter en conta a opinión da túa familia, que quere o mellor para ti.
Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos titores e do orientador.

Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera


información, non obstante, a información sobre estudos e profesións é un
aspecto moi importante. O contido prioritario de calquera Programa de
Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento da capacidade de
TOMA DE DECISIÓNS.

A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus


intereses, gustos, aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos
de aprendizaxe entre outros aspectos, confrontaos coas posibles alternativas
de estudos e profesións ás que tes acceso.

Este é o motivo polo que o presente programa está estruturado en tres


bloques:

A. Coñecemento de si mesmo.
Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses,
sobre a túa traxectoria en cada unha das materias que estudaches no Colexio
e sobre as características das diferentes actividades profesionais.
B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais
É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as
posibilidades de estudos e profesións que tes ó teu alcance e profundizarás
nas características daquelas que máis van ós teus intereses., ciclos formativos,
carreiras universitarias, outros estudos e profesións, ¿En qué consiste?,
centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte,
direccións de interese...
C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide

2. INFÓRMATE E DECIDE
Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin
precipitadamente (“xa o decidirei ó rematar a selectividade” é un gran erro). Tes
que valorar as túas capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil
ou “imposible” para ti.

Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que


unha capacidade insuficiente se pode corrixir cun maior esforzo. Se estás
motivado e tes uns intereses moi claros sobre o que queres facer terás moitas
posibilidades para logralo, xa que cunha boa organización para o estudo e as

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 2


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

técnicas adecuadas para aprender superarás a maior parte do que te


propoñas.

O abandono dos estudos universitarios ou ciclos formativos, na maior


parte dos casos, é pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer
ou qué queremos ser, pola falta de esforzo, capacidade de sacrificio, unha
baixa autoestima...

Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa


túa familia sobre as seguintes cuestións:

1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as


opcións que existen e ás que terías acceso.
2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de
maneira consensuada con eles.
3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos
consultando as dúbidas que teñan ó titor ou o orientador.
4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti.
5. Estudia con eles todas as posibilidades antes de tomar unha
decisión.

Para ter unha información adecuada, terás varias cauces no noso


centro:

1. Información xenérica que che facilitará a orientadora nalgunhas


clases.
2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do
centro.
3. O tablón da túa clase, onde a titora ou o orientadora porá
información moi interesante e actualizada.

A partir destes cauces coñecerás toda a información que dispón o centro


sobre Bacharelato, carreiras e estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos,
direccións de interese... para ter claro qué modalidade de bacharelato che
convén máis segundo a titulación universitaria ou CFGS que tes decidido; ou
que outros estudos prefires.

Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para tomar


unha boa decisión. Polo que, aparte de estudar moitísimo para sacar o título
de ESO, terás que investigar todas as posibilidades que tes ó teu alcance para
tomar a mellor decisión para a túa vida académico-profesional.

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 3


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

II. BLOQUE 1: COÑECEMENTO DE UN MESMO


1. AS MIÑAS APTITUDES
Cuestionario sobre estudos
Apelidos e nome...........................................................................Idade:............
Curso:.....................................Data...........................

1. ¿Que asignaturas che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde.


1................................................. 4....................................................
2................................................. 5....................................................
3................................................. 6....................................................
2. As que che resultan máis difíciles son:
1................................................ 4..................................................
2................................................ 5..................................................
3................................................ 6..................................................
3. ¿En que asignaturas sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas?
1(+)................................................ 1(-)...................................................
2(+)................................................ 2(-)...................................................
3(+)................................................ 3(-)...................................................
4. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas)

(+)Tes capacidade para estudialas ben. (-)Tes mala capacidade para estudialas
(+)Influiu a sorte. (-)Influiu a mala sorte.
(+)Tes interese nesa asignatura. (-)Pouco interese pola túa parte
(+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores
(+)Outras: ........................................... (-)Outras: ...........................................

5. Respecto aos teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta)
Moi favorable.
Simplemente favorable.
Móstranse indiferentes ante os meus estudos.
A súa influencia é algo perxudicial.
A súa influencia é moi perxudicial.

6. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas)
Os teus sistemas e formas de estudar.
As túas actitudes ante os exames.
A túa forza de vontade e constancia.
A túa postura ante as tarefas do Colexio.
Os teus hábitos de lectura.

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 4


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

2. OS MEUS INTERESES

Con fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos
que analizar un listado de actividades profesionais e pre-profesionais. Para
esta sesión seranos útiles diferentes test psicométricos que analizarán as
nosas preferencias e intereses.

Entre os test que faremos estarán.

_ “Test de Formación Profesional”, Avalía a preferencia en relación ás


familias profesionais.
Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optesfp2.htm

- “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar


os intereses profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos
académicos das distintas modalidades do bacharelato e o alumno ten que
pensar cál das opcións lle interesan máis.
Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm

- Test de intereses profesionais universitarios. Neste caso terás


que elixir entre actividades profesionais.
Pódelo atopar en: www.aplicaciones.info/utiles/optestun.htm

ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.

A)TEST DE FORMACIÓN PROFESIONAL:

B)TEST DE BACHARELATO:

C) TEST DE INTERESES PROFESIONAIS UNIVERSITARIOS

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 5


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

III. BLOQUE 2: ESTUDOS E SAÍDAS


1. ALTERNATIVAS DESPOIS DA E.S.O.

ESQUEMA DO SISTEMA EDUCATIVO L.O.E.


Título de Grao, Master, Doctor
Universidade Proba

Título de Técnico Superior

MUNDO LABORAL
Ciclo Formativo
P.A.U. Grao Superior Proba
+ de 18

Título de Bachiller Título de Técnico


Ciclo Formativo Proba
Bacharelato
16-18 Grao Medio
+ de 16
Programas de
Cualificación Profesional Inicial
+ de 16
Proba
Título de Graduado E.S.O

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA 12-16

EDUCACIÓN PRIMARIA 6-12

Educación Infantil 0-6

2.A FORMACIÓN PROFESIONAL


A formación profesional é un conxunto de accións formativas, durante un
período máximo de dous anos, que te capacitan para o exercicio dunha
profesión e te preparan para o acceso ao emprego.
A formación profesional ordénase segundo un grupo de ocupacións –familias
profesionais– que configuran un sector económico e concurren nunha mesma
actividade produtiva (comunicación, imaxe e son; electricidade e electrónica;
actividades marítimo-pesqueiras, sanidade, etc.)..
Pola súa vez, as familias profesionais están constituídas por ciclos formativos
co obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con máis
capacitación e máis cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto
de módulos profesionais de formación teórica e práctica.
Actualmente existe unha grande variedade de ciclos formativos organizados en
26 familias profesionais.
Os ciclos formativos poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa
duración é variable, cun máximo de dous cursos académicos. Tanto os de grao
medio como os de grao superior inclúen un módulo de formación en centros de

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 6


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

traballo (FCT), de duración comprendida entre tres e seis meses, para o que se
dispón de axudas económicas.
Podes realizar o acceso ben directamente ou ben mediante unha proba, se non
reúnes os requisitos do acceso directo. Ambos os accesos son incompatibles.

 Grao medio:

Acceso directo: cómpre teres o título de graduado/a en educación secundaria


ou equivalente.
Acceso mediante proba: podes concorrer, con carácter xeral, se cumpriches 17
anos ou se os cumpres no ano en que se realicen as probas.

 Grao superior:

Acceso directo: cómpre dispores do título de bacharelato ou equivalente.


Acceso mediante proba: podes acceder se tes 19 anos ou se os cumpres no
ano de realización da proba, ou 18 anos se tes o título de técnico nun ciclo
formativo pertencente á mesma familia profesional que o ciclo que desexas
cursar.

INSCRICIÓN:
Podes reservar praza e matricularte nos centros educativos que ofrezan
estudos de formación profesional. A relación de centros pódela consultar na
páxina web www.edu.xunta.es/fp.

O período ordinario de inscrición vai do 17 de xuño ao 2 de xullo.

TITULACIÓN:

Cando conclúas un ciclo formativo podes obter estes títulos:


– Técnico/a da correspondente profesión, en caso de superares todos os
módulos que integran o ciclo formativo de grao medio. No mundo laboral,
sitúate nun nivel 2 de cualificación dentro da Unión Europea.
– Técnico/a superior da correspondente profesión, se os módulos que
superaches integran un ciclo formativo de grao superior. No mundo laboral,
sitúate nun nivel 3 de cualificación dentro da Unión Europea.
Cos novos títulos de FP podes acceder a calquera titulación
independentemente do ciclo superior cursado. Non obstante, poderanse
establecer prioridades na vinculación dos títulos de técnico superior coas
ramas de coñecemento en que se estruturan as ensinanzas.

Podes chegar a validar, segundo o caso, de 60 a 120 ECTS (sistema Europeo


de transferencia de créditos) dos novos títulos universitarios de grao,
equivalente a un ou dous cursos académicos.

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 7


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

SAÍDAS PROFESIONAIS:

Podes acceder directamente ao mercado laboral ou converterte en


emprendedor/a ao constituír a túa propia empresa.
O último estudo de inserción laboral indica que preto do 81 % das persoas
tituladas de FP atopou emprego nos seis meses seguintes á finalización do
ciclo formativo, e máis do 70 % delas indica que o seu emprego está
relacionado cos estudos cursados.

• FAMILIAS PROFESIONAIS

- Cartel informativo da oferta ciclos formativos para o curso 2009-2010

Actividades físicas
Administración e
e deportivas
xestión

Agraria
Artes gráficas

Comercio e
Edificación e
márketing
obra civil

Electricidade e
electrónica Enerxía e auga

Fabricación Hostalaría e
mecánica turismo
Imaxe e son
Imaxe persoal

Industrias
Informática e
alimentarias
comunicacións

Instalación e Madeira, moble e


mantemento cortiza

Marítimo-pesqueiras Química

Servizos
Sanidade
socioculturais e á
comunidade
Transporte e
Téxtil, confección e
mantemento de
pel
vehículos

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 8


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:

www.edu.xunta.es/fp.

No menú atoparás información sobre:

• Novas de interese.
• Preguntas frecuentes.
• Probas de acceso.
• Oferta formativa 2009-2010 (pronto sairá a 2010-2011).
• Catálogo de ensinanzas.
• Acceso e admisión.
• Normativa.
• Validacións.

3. BACHARELATO
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o
currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 5°.- Estrutura.
1. O bacharelato comprende dous cursos académicos que poderán ser
cursados polo réxime ordinario ou polo réxime de ensinanzas de persoas
adultas en calquera das súas modalidades: presencial, semipresencial ou a
distancia.
2. O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato no réxime ordinario,
con carácter xeral, un máximo de catro anos, consecutivos ou non.
3. De acordo co establecido no artigo 34.1° da Lei orgánica 2/2006, do 3 de
maio, de educación, o bacharelato, cunha finalidade formativa, orientadora e
propedéutica, estrutúrase en tres modalidades, que son as seguintes:
-Artes.
-Ciencias e tecnoloxía.
-Humanidades e ciencias sociais.
4. O bacharelato organizarase en materias comúns, materias de modalidade e
materias optativas.
5. A modalidade de artes organizarase en dúas vías, a de artes plásticas,
deseño e imaxe e a de artes escénicas, música e danza.
6. As modalidades de ciencias e tecnoloxía e humanidades e ciencias sociais
terán unha estrutura única. Non obstante, dentro de cada unha delas, a
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá fixar bloques, cun
máximo de tres materias, entre aquelas que configuran a modalidade
respectiva, para o conxunto dos dous cursos.
7. O alumnado, no momento da súa inscrición para cursar bacharelato, deberá
optar por unha das modalidades.

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 9


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 10


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

NORMATIVA

MATERIAS COMÚNS
As materias de Lingua galega e literatura I e Lingua galega e literatura II;
Lingua castelá e literatura I e Lingua castelá e literatura II; Lingua estranxeira I
e Lingua estranxeira II son materias de aprendizaxes progresivas que
requerirán a superación das de primeiro curso para seren avaliadas as de
segundo curso.

MATERIAS DE MODALIDADE
O alumnado poderá elixir entre a totalidade das materias da modalidade elixida.
A súa elección só poderá estar limitada cando haxa un número insuficiente de
alumnos de acordo cos criterios que estableza a Consellería de Educación.
Cando a oferta de materias quede limitada nun centro por razóns organizativas,
a Consellería de Educación poderá autorizar que poidan ser cursadas noutro
centro educativo no réxime ordinario ou de ensinanza de adultos, en calquera
das súas modalidades.

MATERIAS DE MODALIDADE: VÍA DE ARTES PLÁSTICAS, DESEÑO E


IMAXE
As materias de Debuxo artístico I e Debuxo artístico II; Debuxo técnico I e
Debuxo técnico II son materias de aprendizaxes progresivas que requerirán a
superación das de primeiro curso para seren avaliadas as de segundo curso.

MATERIAS DE MODALIDADE: VÍA DE ARTES ESCÉNICAS, MÚSICA E


DANZA
As materias de Análise musical I e Análise musical II son materias de
aprendizaxe progresiva que requerirán a superación da materia do primeiro
curso para ser avaliada a materia do segundo curso.
MATERIAS DE MODALIDADE: VÍA DE CIENCIAS E TECNOLOXÍA
As materias de Debuxo técnico I e Debuxo técnico II; Matemáticas I e
Matemáticas II; Tecnoloxía industrial I e Tecnoloxía industrial II son materias de
aprendizaxes progresivas que requerirán a superación das de primeiro curso
para seren avaliadas as de segundo curso.
Existen materias de modalidade que precisan, para poderen ser cursadas
satisfactoriamente, de coñecementos previos, que se xustificarán, ben
cursando as materias que corresponden, ben acreditando os coñecementos
necesarios mediante o procedemento que estableza a Consellería de
Educación.
Física de 2º precisa de Física e química de 1º
Química de 2º precisa de Física e química de 1º
Electrotecnia de 2º precisa de Física e química de 1º
Bioloxía de 2º precisa de Bioloxía e xeoloxía de 1º
Ciencias da terra e ambientais de 2º precisa de Bioloxía e xeoloxía de 1º

MATERIAS DE MODALIDADE: VÍA DE HUMANIDADES E CIENCIAS


SOCIAIS
As materias de Grego I e Grego II; Latín I e Latín II; Matemáticas aplicadas ás
ciencias sociais I e Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II son materias

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 11


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

de aprendizaxes progresivas que requerirán a superación das de primeiro


curso para seren avaliadas as de segundo curso.

PROMOCIÓN
Ao finalizar o primeiro curso, e como consecuencia do proceso de avaliación, o
profesorado de cada alumna e de cada alumno adoptará as decisións sobre a
súa promoción ao segundo curso tendo en conta que:

a) As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción ao segundo curso cando


superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas
materias como máximo.

b) O alumnado que conseguise a promoción ao segundo curso con materias


avaliadas negativamente deberá cursalas ao longo do curso. Os centros
organizarán as actividades de seguimento, recuperación e avaliación das
materias pendentes, tendo en conta que a avaliación destas materias terá que
ser anterior á das materias de segundo curso.

PERMANENCIA DUN ANO MÁIS NUN MESMO CURSO


1º.- O alumnado poderá permanecer cursando bacharelato, no réxime
ordinario, con carácter xeral, un máximo de catro anos, consecutivos ou non.
2º.- O alumnado que non consiga a promoción ao segundo curso deberá
permanecer un ano máis no primeiro, cursándoo de novo na súa totalidade
se o número de materias avaliadas negativamente é superior a catro.
3º.- O alumnado que non consiga a promoción ao segundo curso e teña tres
ou catro materias con avaliación negativa poderá optar por:
a).- Repetir o curso na súa totalidade.
b).- Cursar as materias de primeiro curso con avaliación negativa e completar
con dúas ou tres materias de segundo curso que non coincidan no seu horario
coas de primeiro que estean suspensas. Estas materias de segundo curso en
ningún caso pertencerán a aquelas que teñan igual denominación, de
aprendizaxes progresivas nin as que requiran coñecementos de materias de
primeiro non superadas.
4º.- O alumnado que, ao finalizar o segundo curso, teña avaliación negativa
nalgunha materia, poderá matricularse destas sen necesidade de cursar de
novo as materias superadas.
CAMBIO DE MODALIDADE
O alumnado, unha vez cursado o primeiro curso de bacharelato e antes do
comezo das actividades lectivas do segundo, poderá solicitar á dirección do
centro o cambio de modalidade en función das súas expectativas futuras ou
aptitudes persoais.
O alumnado, unha vez autorizado para o cambio de modalidade, terá que
matricularse de polo menos dúas materias da nova modalidade
correspondentes ao primeiro curso e de todas as de segundo curso, tendo en
conta que das seis materias que o alumnado terá que cursar no bacharelato,
polo menos cinco, serán das que corresponden á modalidade elixida.
Computarase como optativa de segundo curso unha das materias de
modalidade cursada e superada en primeiro.

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 12


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

LEXISLACIÓN
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o
currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de
xuño de 2008).
Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o
currículo das ensinanzas de bacharelato na Com. Aut. de Galicia (DOG do 27
de xuño de 2008).
Orde do 25 de xuño pola que se establece a relación de materias optativas do
bacharelato, o seu currículo e se regula a súa oferta (DOG do 27 de xuño de
2008).
Orde do 23 de setembro de 2008 pola que se amplía a oferta de materias
optativas do bacharelato e se establece o seu currículo (DOG do 29 de
setembro de 2008).

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 13


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

4. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL

• ENSINANZAS DE GRAO MEDIO DE MÚSICA E DANZA

Condicións de acceso:
• Para inicia-los estudios de grao medio será preciso superar
unha proba. Poderán matricularse nesta proba os alumnos de réxime regrado e
os candidatos de réxime non regrado.
• Poderá accederse, tamén mediante proba, a calquera outro
curso de grao medio sen ter superados os anteriores.
• Non hai límite de idade no acceso ó grao medio.

Proba de acceso ó 1º curso. Realizarase nunha convocatoria anual


no mes de xuño. O centro publicará con anterioridade á matrícula o número de
vacantes por cada especialidade. A proba terá dúas partes: A. Especialidades
instrumentais e B. Canto.
TÍTULO EQUIVALENTE A LICENCIADO


G r a o S u p e r io r


1 ciclo


Título Proba de
Bacharel Acceso Específica


3º ciclo


G r a o M e d io


2º ciclo



1º ciclo


Proba de
Acceso


G r a o E le m e n t a l

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 14


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

• ENSINANZAS DE IDIOMAS

CONDICIÓNS DE ACCESO

Con carácter xeral poden acceder a estas ensinanzas, as persoas


maiores de 16 anos. Tamén se pode acceder con 14 anos, pero só se poderán
matricular nun idioma, e que non sexa o mesmo que o que cursan como
primeira lingua extranxeira na ESO.
Se xa tes coñecementos do/s idioma/s que queres cursar, poder realizar
unha proba de clasificación no mes de setembro para acceder ao curso que se
corresponda co teu nivel.
Do mesmo modo, se estás en posesión dalgún título ou certificado
recoñecido do idioma extranxeiro (consultar na táboa) poderás acceder
directamente aos distintos cursos dos niveis.

ORGANIZACIÓN / ESTRUCTURA

As ensinanzas de idiomas estructuranse en tres niveis: básico,


intermedio e avanzado. Cada nivel consta de 2 cursos, aínda que pode ter
unha duración distinta segundo a complexidade de cada idioma. Ao final de
cada un dos niveis, realizarase unha proba para acadar o certificado oficial de
ter superado o nivel correspondente.

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 15


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

Certificado

Nivel Avanzado
Nivel Avanzado
Proba de
Certificación

Certificado
Nivel Intermedio

Nivel Intermedio
Proba de
Certificación

Certificado
Nivel Básico
Nivel Básico

Proba de
Certificación

• ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

As Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño teñen unha estructura


semellante á da Formación Profesional Específica e comprenden un conxunto
de Ciclos Formativos que se organizan en Módulos Profesionais cunha
formación teórico-práctica e dunha duración que estará en función da natureza
da competencia profesional característica do título correspondente.

Accédese mediante o título de graduado en ESO ou equivalente e


ademais superar a proba específica que consta de 3 exercicios:

• 1º exercicio: desenvolver por escrito un tema sobre artes plásticas


e coñecementos histaorico-artísticos.
• 2º exercicio: realizar debuxos e bosquexos sobre un tema
proposto par a súa posterior aplicación.
• 3º exercicio: execución con bosquexos e debuxos realizados no
exercicio 2º.

Existen unha ampla oferta de ciclos de grao medio, agrupados por


familias profesionais:

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 16


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

Agora ben, hai que dicir que na nosa CC.AA, contamos con 4
Escolas de Artes e Oficos, nas que se imparten os seguintes Títulos de Grao
Medio:

A Coruña: E.Art. Pablo Picasso

 Dourado e Policromía Artística

Santiago de Compostela: E. Art. Mestre Mateo

 Procedementos de Xoiería Artística


 Esmaltado sobre Metal

Lugo: E.Art. Ramón Falcón

 Serigrafía Artística

Ourense: E.Art. Antonio Failde

 Ebanistería Artística

• Ensinanzas Deportivas

As ensinanzas deportivas teñen por finalidade a formación de


adestradores, monitores e técnicos na ensinanza ou adestramento dos
deportes e refírense exclusivamente a unha modalidade ou, se é o caso,
especialidade deportiva.

Estas ensinanzas regradas comprenden o grao medio e o grao superior,


conducentes ao título de técnico deportivo e técnico deportivo superior,
respectivamente, nas correspondentes modalidades ou especialidades
deportivas, tal e como se desprende do Real Decreto 1913/1997.

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 17


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

4. Universidade

Os novos plans de estudios universitarios comezan no curso 2008/2009


As licenciaturas e diplomaturas desaparecen para ser substituídas por:
- Títulos de Grao,
- Máster e
- Doctorado

1. Títulos de Grao , 240 créditos, repartidos en catro anos .


Os 60 primeiros serán comúns en varias carreiras englobadas nun mesmo
bloque, o que permitirá cambiar de carreira en calquera momento.

2. O Máster será unha titulación de especialización académica e profesional,


dunha duración de entre 60 e 120 créditos, entre os que se inclúe tamén un
traballo final do alumno.

3. Quen teña superado os anteriores, poderá facer o Doctorado : investigación


conducente a unha tese. Podería durar entre tres e catro anos.

4. Certificación , se che vai mal na Universidade:


Unha vez superados 120 créditos, o estudiante recibirá un Certificado de
Estudios Universitarios Iniciais (CEUI), co que poderá acreditar o estudiado.
Isto vai posibilitar a saída e entrada dos estudiantes do mundo laboral á
universidade.

A partir do curso 2009-2010 o acceso á universidade verase


modificado e as carreiras estarán agrupadas por ramas de
coñecemento.
Establécense cinco ramas de coñecemento.

a. Artes e Humanidades
b. Ciencias
c. Ciencias da Saúde
d. Ciencias Sociais e Xurídicas
e. Inxeniería e Arquitectura

ARTES E HUMANIDADES
- Antropoloxía
- Arte
- Economía
- Ética
- Expresión Artística
- Filosofía

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 18


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

- Xeografía
- Historia
- Idioma Moderno
- Latín
- Lingua
- Lingüística
- Literatura
- Socioloxía

CIENCIAS
- Bioloxía
- Bioquímica
- Estadística
- Física
- Fisioloxía
- Xeografía
- Xeología
- Historia
- Informática
- Matemáticas
- Medio Ambiente
- Química

CIENCIAS DA SAÚDE
- Anatomía
- Bioloxía
- Bioquímica
- Farmacoloxía
- Fisioloxía
- Histoloxía
- Informática
- Microbioloxía
- Nutrición
- Psicoloxía
- Química
- Saúde Pública
- Toxicoloxía

CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS


- Antropoloxía
- Ciencia Política
- Comunicación
- Dereito
- Didáctica
- Documentación
- Economía
- Educación
- Empresa
- Estatística
- Historia

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 19


Guía de Orientación Académica e Profesional. 4ºESO. 2009-2010

- Matemáticas
- Psicoloxía
- Socioloxía

ARQUITECTURA E INXEÑERÍA
- Comunicacións
- Economía
- Electrónica
- Estatística
- Expresión Gráfica
- Física
- Xeoloxía
- Informática
- Matemáticas
- Materiais
- Mecánica
- Medio Ambiente
- Medios Continuos
- Química
- Redes

Departamento de Orientación. Colexio Sagrada Familia.Aldán 20

You might also like