LIBRERÍA CENTRAL LIBRERA
Tabajo publicado en el
, en el queJuan J. Burgoa da a conocer un interesante privilegio concedido a Ferrol en la villade Toro por el infante Don Sancho el año 1283.
UNHA CARTA REAL DE CONFIRMACIÓN DOSPRIVILEXIOS DE FERROL DO ANO 1283 NO ARQUIVODA CASA DE ALBA
Juan J. Burgoa
A cidade de Ferrol, situada ao Noroeste de Galicia, constitúe hoxe a cabeceira dunhacomarca que se configura como unha unidade xeográfica dentro do territorio abarcado polo histórico Golfo Ártabro, comprendendo practicamente a comarca natural da ría deFerrol e a conca do seu principal tributario, o río Grande de Xuvia, estendéndose cara aonorte por unha escarpada costa aberta ao Atlántico que chega ata Cedeira e baixando caraao sur polas suaves ribeiras da ría de Ares e Betanzos.Na época medieval a comarca da Terra e Mar de Ferrol tivo unha intensa actividademonacal, sendo o lugar de influencia de diversos mosteiros, uns asentados na propiacomarca: San Martiño de Xuvia, San Salvador de Pedroso e Santa Catarina deMontefaro, outros na comarca do Eume: San Xoán de Caaveiro e Santa María deMonfero e, xa máis arredado, na Terra de Melide, o de Santa María de Sobrado dosMonxes, ademais do propio convento de San Francisco dentro da vila de Ferrol. Todoseles tiñan grandes intereses na propia vila e o territorio circundante, administrando osrecursos dentro dunha economía de xestión da produción (especialmente agropecuaria e pesqueira) que era habitual nas vilas galegas altomedievais. Ademais de estar protexidos por membros das diferentes familias reais, estes mosteiros estiveron baixo o patrociniodas dúas principais liñaxes que señorearon a zona: os Froilaz-Traba na Alta IdadeMedia e os Andrade, máis tarde unidos aos Lemos, no período baixomedieval.Aínda que escritores e historiadores como Camacho Literas, Souto Vizoso e VázquezRey citan a existencia en datas moi temperás dunha freguesía ou pequeno núcleo de poboación que xa levaba o nome de Ferrol nos respectivos anos 847, 930 e 970,aludindo nos seus diferentes traballos ás sucesivas visitas levadas a cabo polo arcebispode Vienne, San Rosendo e o Conde Santo Osorio Gutiérrez, realmente a primeiramención documentada do nome de Ferrol na Idade Media aparece nunha escritura pertencente ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, publicada por Domingo Díaz deRobles e, máis tarde, por Montero Díaz. Trátase dun documento, datado o 30 de Maiode 1087, vendendo parte da igrexa de Santa María do Villar, onde, ao dar os límites davenda, se rexistra o nome da freguesía de “Santo Iuliano de Ferrol”.No que se refire ao núcleo urbano que se formou inicialmente en Ferrol sobre unantigo asentamento humano, dentro do lento proceso de repoboación e creación destes
Add a Comment