ORFEO E EURÍDICE.
Ovidio, Metamorfosis X, 1-85
Tradución:José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro Páxina 2
canta: “ Ó, divindades do mundo escuroa onde vimos caer todos os que nacemos mortais,se é lícito, e vós me permitides que diga a verdade,deixando de lado os rodeos dunha boca falsa,non baixei aquí, para ver o escuro Tártaro
7
, nin para amarraras tres gargantas da monstruosa Medusa, cubertas de serpes
8
;a razón da viaxe é a miña esposa, a quen unha víbora,ó ser pisada, envelenou e privou dunha vida futura.Quixen aguantar, non vou dicir que non o tentei:gañou Amor. É este un deus ben coñecido no mundo dos vivos;Non sei se o é aquí, pero presinto que aquí tamén o é,se non é falsa a lenda do antigo raptoa vós tamén vos xuntou Amor
9
. Por estes espazos cheos de temor,por este Caos inmenso e o silencio deste reino interminable,estando como estou, pídovolo, tecede de novo o destinoprecipitado de Eurídice. Todo é voso cumprido un prazoe tarde ou cedo camiñamos cara ó mesmo lugar.Todos nos diriximos aquí, esta é a última morada, e vóssodes os amos dos máis vastos territorios do xénero humano.Ela tamén será da vosa propiedade cando adulta teña cumpridoos anos xustos: pídovos como recompensa que ma deixedes.
7
Parte do mundo dos mortos onde están os peores suplicios.
8
Todo isto se refírese á viaxe que fixo Heracles (Hércules) para capturar a Cérbero, o famoso can de trescabezas que gardaba os infernos.
9
Hades namorado de Perséfone raptouna e levouna ó mundo dos mortos onde era rei. A nai desta,Deméter (deusa da agricultura), pediu a Zeus que mediara na disputa. Perséfone debía estar seis mesesco seu esposo e os outros seis coa súa nai.
Add a Comment