You are on page 1of 11

PARA SER

DECÁLOGO

lingüísticamente

!"!#$%&'
UNIVERSIDADES
DE CATALUNYA
Servicios Lingüísticos Universitarios
2008 Tradución: Maquetación:
Ano Internacional das Linguas Adelia Troncoso Mónica Muñoz
(O.N.U.) I.E.S. Val do Tea C.E.I.P. Frian - Teis
(Ponteareas) (Vigo)
1Sé respectuoso con todas as linguas
!

! Cando dis que unha lingua non che gusta, ou que non é útil ou importante,
sen darte de conta aplicas estes mesmos prexuízos ás persoas que a falan.

" Todas as linguas son iguais, e todas son diferentes.


2Observa e escoita: interésate polas
linguas do teu contorno.
! Moi a miúdo, a carón teu, fálanse linguas que nin sequera sospeitas. Que non
sabes nin como se chaman. Moitas veces, saber o nome ou algunha verba é da-
bondo para demostrar que aprecias ós que te rodean, que non che son indiferen-
tes. Dille grazas a alguén na súa lingua, e de seguro que lle arrincarás un sorriso.
3Non teñas medo de aprender novas
linguas: sempre serán as túas alia-
das.
! Moita xente pensa que unha lingua ou se fala ou non se fala, que non hai
termo medio. Ou que para facer entrar unha lingua no caletre ha de saír outra.
Aprender, pouco ou moito, unha lingua non quere dicir esquecerse doutra, nin fa-
lala peor. Unha soa verba pódeche ser ùtl, e chegues onde chegues, unha miga é
mellor ca nada. Sempre gañarás.
4As línguas ábrenche novas perspecti-
vas: non renuncies ás fontes de coñe-
cemento que che ofrecen as linguas.
! Todas as linguas conteñen coñecemento e prodúceno de novo; non te limites
ó inglés. Non deixes de lado aquilo que está escrito en linguas próximas á túa. A
miúdo descubrirás que as podes ler e entender mellor do que pensas, e que as
boas ideas non teñen lingua, ou que todas as linguas as teñen. As diferentes lin-
guas expresan diferentes miradas sobre a realidade. Aprender linguas diferentes
axudarache a ampliar miras.
5Da voz ós minoritarios e escóitaos.
! Entre todos os minoritarios constituímos unha maioría. Non contribúas a
acentuar o desequilibrio lingüístico, non trates as linguas con poucos falantes
como non che gusta que te traten a ti. Se podes elixir, dálles prioridade ás que te-
ñen menos altofalantes. Axúdaas a chegar a todas partes e elas axudaranche a ti.
6Non impoñas linguas dominantes, re-
planta linguas ameazadas.
! Non fagas só de difusor das grandes linguas en detrimento das que teñen
menos falantes. Mira de interesarte pola lingua que pode extinguirse: verás que é
útil e necesaria, e contribuirás á reforestación lingüística.
7Un pequeno mercado pode ser unha
gran porta.
! É importante non confundir a audiencia potencial coa real. Escribir ou falar
unha lingua de moitos falantes non é ningunha garantía de ser escoitado. En
cambio, falar coma os que temos máis á beira é facernos sentir. O importante
non é a cantidade de xente que te podería entender, senón as persoas ás que de
veras lles dis algunha cousa. Cando Shakespeare escribía, os anglofalantes non
chegaban a seis millóns.
8Practica a diversidade lingüística can-
do te movas polo mundo.
!
" Aproveita toda a riqueza e diversidade que o mundo che ofrece se o escoi-
tas. Non vaias a Gales ou a Malta soamente a aprender inglés. Proba a falar as
linguas dos lugares que visites: canto menos se esperen os teus interlocutores
oírte dicir cousas na súa lingua máis se alegrarán.
9Preserva o teu espazo de liberdade: a
lingua non cha poden quitar se ti non
queres.
!
" As linguas non son cousas, non se estorban unhas ás outras: non te deixes
convencer do contrario. Seguramente ó longo da túa vida non sempre poderás
falar na primeira lingua que aprendiches, pero sempre a poderás manter: é un
coñecemento que che axudará a coñecer outras. Non o perdas: cantas máis lin-
guas saibas, máis sabes da túa lingua e do mundo.
10
Non exclúas a ninguén dunha lingua.
!
" As linguas, sobre todo as pouco faladas ou pouco estendidas, crean lazos
invisibles, son sinais de benvida, transforman a un alleo nun veciño. Non prives ós
outros de aprender e usar a túa lingua. Non lles digas coa lingua que non son dos
teus. En Catalunya, por exemplo, tamén se fala catalán: non os deixes fóra da ca-
sa. O catalán é un pasaporte que non caduca: axúdalles a obtelo para sempre.

You might also like