You are on page 1of 2

PERSOAS LIBRO DECÁLOGO.

( Adaptación do blog da Libraría Michelena


http://libreriamichelena.blogspot.com/2007/08/declogo-de-las-personas-libro-
proyecto.html)

DECÁLOGO DAS PERSOAS LIBRO

1. - As persoas libro constituímos unha extravagante minoría que clama no deserto


aínda que quizais poidamos ser dalgunha utilidade ao mundo. Non estamos seguras de
nada, agás de que os libros están ben arquivados tras os nosos tranquilos ollos.

2. - Nunca esquecemos que non somos superiores a ninguén no mundo polo feito de
levar un libro dentro das nosas cabezas. Só somos sobrecubertas para os libros, sen
valor intrínseco ningún.

3. - O Proxecto Fahrenheit 451 busca crear un vínculo entre todas as persoas libro, crear
unha organización para resistir fronte á tendencia real, a "ditadura" que, se non prohibe,
si impide de feito que leamos, que pensemos, que falemos entre nós de algo diferente e
con matices.

4. - O Proxecto Fahrenheit 451 busca que a poboación ande por aí recitando en voz alta
os seus libros.

5. - Que ninguén pense que se esixe a heroicidade de aprenderse o Quijote, pero por que
non soñar cun encontro de capítulos ou de anacos de capítulos. O importante é a
actitude, nunca o heroico.

6. - A persoa libro fala ao claro, ao liso, ao non intricado, con repouso, pero non de
maneira que pareza que se escoita a si mesma porque sabe que toda afectación é mala;
narra sen que a xente se decate e sen artificios, con naturalidade.

7. - A pedra angular da narración das persoas libro está na actitude de non colonización
da palabra, na busca da palabra verdadeira sen opacidade e sen sombra, dada e recibida
no mesmo instante de narrar.

8. - As persoas libro saben que as palabras posúen unha ´ cor', un ´ sabor', unha ´
textura', unha ´ fragrancia' ou un ´ aroma'.

9. - A base da narración é a mirada de quen narra. A mirada que sempre busca: algo, a
alguén... A mirada que respira e narra, que mostra máis que di. A mirada que fai que as
persoas que escoitan existan de verdade xunto á persoa libro, que saberá dosificar as
súas palabras porque coñecerá o valor do silencio.

10. - Este xeito de defender os libros é un xesto de recoñecemento do erro que supón a
destrución das bibliotecas, xa sexa a de Don Quixote ou a de Sarajevo, Bagdad... porque
quen queima libros remata tarde ou cedo por matar persoas.

You might also like