O gaélico cede terreo en Irlanda malia o seu carácteroficial
Desde a súa independencia en 1922, Irlanda adoptou medidas para protexer oidioma que se falaba na illa ata a conquista inglesa na Idade Media. Así, ogaélico é oficial xunto ao inglés, e ata idioma de traballo da UE desde xaneirodo 2007. Todos os documentos oficiais publícanse preferentemente enirlandés, materia obrigatoria desde a educación infantil e lingua vehicular dasao redor de duascentas
gaelschools
(gaelescolas, se se permite a traduciónlibre ao galego) con inmersión lingüística.Con todo, o resultado non é nada alentador. Un 69% da poboación coñecepouco ou moi pouco o irlandés, fronte ao 31% que o fala ben ou moi ben. Sóhai bilingüismo real nas
gaeltacht
, zonas onde é maioritario e onde goza dunhaprotección aínda maior pero onde habitan só 85.000 persoas. Fóra delas, é oidioma materno de apenas 10.000. Ou sexa, menos de 100.000 irlandeses cogaélico como lingua materna, cando en 1922 eran ao redor de 250.000.
Obrigatorio
Ante ese panorama, ata o Fina Gael, partido nacionalista fundado por MichaelCollins, propuxo que se elimine o seu carácter obrigatorio na escola, onde,asegura, converteuse nunha materia antipática.
Francia ignora as linguas rexionais e aposta polasestranxeiras
Francia é o exemplo perfecto do que sucede cun idioma cando asAdministracións públicas impiden que os seus falantes poidan usalo connormalidade en todos os ámbitos do seu desenvolvemento vital. O Estado galoé un dos máis centralistas de Europa, e desde hai séculos despreza a riquezacultural e patrimonial das linguas propias das súas rexións: bretón, corso,occitano, gascón, franco-provenzal, alsaciano, vasco, catalán... Todos están enperigo de desaparición porque non gozan de ningunha promoción, e si sofrenintentos de rebaixar aínda máis a súa categoría, como o que levou aoParlamento a debater unha emenda que pretendía suprimir a mención a esaslinguas na Constitución, que, por certo, consagra o francés como única linguaoficial do país.
Optativas sen relevancia
Os idiomas rexionais están practicamente relegados do sistema de ensinofrancés, onde só poden estudarse como materias optativas de escasarelevancia curricular. En Bretaña hai partidos que piden o ensino bilingüe, peroos plans educativos do Goberno de Sarkozy pasan por primar en exclusiva aaprendizaxe de linguas estranxeiras, como o alemán, o inglés e o español.
3
Add a Comment