You are on page 1of 21

Que son os PTE?

1
Que son os PTE? 2

Índice

Páx.

1. Introdución............................................................................................3

2. Definición..............................................................................................4

3. Marco lega le natureza xurídica..........................................................4

4. Posta en marcha do proxecto.............................................................5

5. Funcións...............................................................................................7
5.1.....................................................................................Funcións xenéricas 7
5.2....................................................................................Funcións operativas 7

6. Composición.........................................................................................8
6.1. Órganos de representación..........................................................................8
6.2. Oraganigrama................................................................................................9
6.3. Órganos de goberno e administración......................................................10
Asamblea Xeral
Comité de Dirección
Comisión Técnica
Comité Asesor

7. Mapa da actuación Xeográfica.........................................................15

8. Fases de creación.............................................................................16

9. Equipa técnica da UPD de Lemos...................................................19


Que son os PTE? 3
Que son os PTE? 4

1. Introdución

Un Pacto Territorial de Emprego é un órgano de participación da administración


local e dos axentes económicos e sociais nas políticas de emprego da Consellería de
Traballo.

Na actualidade os pactos territoriais de emprego están en diversos grados de maduración,


segundo a data de creacción:

• Os 4 Pactos piloto: Pacto Territorial de Emprego da coste da Morte, de Lugo,


de Valdeorras e do Salnés. Evidentemente son os que se atopan nun estado
máis avanzado.
• Nun segundo nivel atópanse 7 Pactos: Pactos Territoriais de Emprego do
Barbanza-Noia, de Ferrorl, da Mariña, de Lemos, de Ourense, da Limia-Verín e
do Deza-Tabeirós.
• O terceiro e último nivel ocúpano os PactosTerritoriais da última fase de
consitutción, estes son 4: Pacto Territorial de Emprego da Coruña, de
Compostela, de Pontevedra e de Vigo.
Que son os PTE? 5

2. Definición

Un Pacto Territorial é, en primeiro lugar, un instrumento de participación da


administración local e dos axentes económicos e sociais nas políticas de emprego da
Consellería de Traballo.

Os Pactos Territoriais de Emprego supoñen esencialmente un incremento e unha


planificación e xestión coordinada do conxunto dos recursos públicos que se destinan ao
emprego na zona.

3. Marco legal e natureza xurídica

Tomando como base o acordado no Dialogo Social en Galicia publicouse o Decreto


98/2008, do 15 de Maio, polo que se crean e regulan os órganos consultivos denominados
“Pactos Territoriais de Emprego”.

Posteriormente, ditáronse dúas Ordes de desenvolvemento do Decreto 98/2008:

– Orde do 3 de xuño de 2008 pola que se constitúen os pactos territoriais de emprego do


Barbanza-Noia, de Ferrol, da Mariña, de Lemos, de Ourense, da Limia-Verín e do Deza-
Tabeirós.

– Orde do 3 de abril de 2009 pola que se constitúen os pactos territoriais de emprego da


Coruña, Santiago, de Pontevedra e de Vigo e se adscriben os concellos de Monfero e
Calvos de Randín aos pactos territoriais de Ferrol e da Limia-Verín respectivamente.

Os Pactos territoriais de emprego configúranse, como un órgano colexiado de carácter


administrativo adscrito ao departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia
de emprego.

Ao abeiro do Decreto 98/2008 poderán crearse ata un máximo de 15 Pactos territoriais


de emprego que, no seu conxunto abranguerán a totalidade do territorio de Galicia.
Que son os PTE? 6

4. Posta en Marcha do Proxecto

Os Pactos territoriais de emprego dispoñen, para o seu correcto funcionamento,


de tres instrumentos de actuación intimamente vinculados:

1. Instrumento Xurídico: A “Asociación Impulsora do pacto territorial de emprego”


como instrumento xurídico operativo para a relación do Pacto coas administracións
públicas, en especial a efectos de relacións interadministrativas.

2. Instrumento Político: O “Pacto” propiamente dito, onde debe imperar o principio de


consenso entre os axentes integrantes do pacto en aras a conseguir a mellora
da empregabilidade na zona de actuación do pacto.

3. Instrumento Técnico: A “Unidade de Promoción e Desenvolvemento”O instrumento


técnico e metodolóxico para o funcionamento dos Pactos corre a cargo dos equipos
técnicos das Unidades de promoción e desenvolvemento que serán os encargados da dar
cobertura técnica para o correcto funcionamento do Pacto.

a. Asociacións impulsoras dos Pactos territoriais de emprego de Galicia.

O pacto territorial de emprego deberá dotarse de entidade xurídica propia que lle
permita manter relacións coas diferentes administracións, sendo a fórmula
proposta á de: Asociación.

No mes de febreiro do ano 2008 constituíronse as “Asociacións impulsoras dos


Pactos territoriais de emprego de Lugo, Salnés, Valdeorras e Costa da Morte”
como instrumento esencial para a relación dos Pactos coas administracións
públicas.

Posteriormente, nunha segunda fase que tivo lugar no mes de xuño 2008,
constituíronse as “Asociacións impulsoras dos Pactos territoriais de emprego de
Barbanza-Noia, de Ferrol, da Mariña, de Lemos, de Ourense, da Limia-Verín e do
Deza-Tabeirós.”

Correlativamente, unha vez xa postas en en funcionamento as Asociacións


impulsoras dos pactos presentouse, na correspondente delegación provincial da
Consellería de traballo, o proxecto de solicitude dunha “Unidade de promoción e
desenvolvemento” para cada una delas, como instrumento técnico necesario
para o correcto funcionamento dos pactos.

b. Pactos territoriais de emprego


Que son os PTE? 7

Unha vez postas en marcha as Asociacións impulsoras, constituíronse de xeito


formal e consecutivo, os Pactos territoriais de emprego propiamente ditos como
instrumento político do proxecto.

A finais do mes de maio de 2008 en sesións consecutivas en cada unha das


zonas que abrangue a cada Pacto constituíronse os catro pactos pilotos, é dicir:
Lugo, Costa da Morte, Valdeorras e Salnés.

Posteriormente, como unha segunda etapa do proxecto a finais do mes de xuño


de 2008 e constituíronse os Pactos territoriais de emprego do Barbanza-Noia, de
Ferrol, da Mariña, de Lemos, de Ourense, da Limia-Verín e do Deza-Tabeirós.

c. Unidades de promoción e desenvolvemento.

As Unidades de promoción e desenvolvemento é o instrumento técnico e


metodolóxico para o correcto funcionamento dos Pactos.

Trala concesión ás Asociacións impulsoras dos Pactos, pola Xunta de Galicia


dunha subvención para a creación das “Unidades de promoción e
desenvolvemento” o seu funcionamento comezou a primeiros do mes de xullo do
2008 no caso dos catro pactos pilotos e seis meses despois, en Decembro do
mesmo ano comezou a andadura das sete restantes.

Todas as UPDs contan cun equipo de cinco persoas integrado por: persoal
directivo, técnico e administrativo con moita experiencia que materia de emprego
que están a realizar tarefas de análise e avaliación do seu territorio co obxectivo
de acadar as metas marcada no Decreto 98/2008.

É importante sinalar que a marxe do seu traballo no ámbito de actuación de cada


pacto, as UPDs funcionan de xeito coordinado coas outras, mediante a
celebración de xuntanzas periódicas na cidade de Santiago de Compostela coa
finalidade de acadar os mellores resultados posibles dentro dos obxectivos
marcados polo Dialogo Social en Galicia.

5. Funcións
Que son os PTE? 8

5.1. Funcións Xenéricas

Con carácter xeral, a función do Pacto é a de acercar o nivel de intervención ao


ámbito no cal se desenvolven as diferentes políticas de emprego e a creación de marcos
de coordinación e intervención das diferentes administracións e axentes sociais implicados
nos temas de emprego.

A modo de resumo, as principais funcións encomendadas os pactos serían:

• Facilitar a participación dos axentes sociais e concellos na construción e das políticas de


emprego.
• Servir como mecanismos de coordinación, evitando duplicidades nos recursos e
mellorando a eficiencia.
• Facilitar a planificación a curto, medio e longo prazo das políticas de emprego.
• Adaptar as políticas de emprego e as actuacións concretas as necesidades reais do
territorio.
• Mellorar a eficiencia do sistema público de emprego.

5.2. Funcións Operativas

Os diferentes Pactos Territoriais de Emprego deberán abordar as seguintes


funcións operativas:

• Análise da situación socioeconómica de partida e avaliación da evolución dos


diferentes indicadores de emprego do territorio.

• Elaboración dun DAFO, analizando as fortalezas e debilidades, oportunidades e


ameazas no ámbito do emprego do pacto territorial.

• Elaboración do Plan de Emprego do territorio no que se asenta e que, como mínimo,


deberá incluír:

– Análise do tecido empresarial, características sociais, económicas e


ocupacionais, o mapa de recursos actuais e materia de políticas activas de
emprego.
– A concreción no seu territorio dos obxectivos establecidos no acordo de
Obxectivos e medidas de Emprego.
– Plan de actuacións a levar a cabo no período de traballo cara a acadar
os obxectivos establecidos.
Que son os PTE? 9

– Incardinación do Plan de Emprego noutros programas de


desenvolvemento socioeconómico (complementariedade e coherencia de
políticas públicas)
– Proposta de avaliación e seguimento do Plan de Emprego.

• O informe das diferentes propostas de actuación relativas a políticas activas de


emprego que se desenrolen no seu territorio.

• A elaboración do Plan de traballo especifico para cada pacto.

6. Composición

6.1. Órganos de Representación

Dos Pactos territoriais de emprego, baixo os principios de colaboración máxima e a


representatividade que indica a continuación, formarán parte: a Xunta de Galicia, as
organizacións empresariais e sindicais intersectoriais máis representativas no ámbito da
comunidade de Galicia e os Concellos da zona que abrangue o Pacto e que
voluntariamente se adhiran.

NIVEL DE REPRESENTATIVIDADE NOS PACTOS


TERRITORIAIS DE EMPREGO
Consellería de Traballo 25%

Concellos 25%
Sindicatos 25%
Empresarios 25%

O 25% da representatividade dos Concellos repartírase entre cada un dos membros


do pacto nun 25% en función da poboación afiliada e nun 75% en función do paro
rexistrado)
Que son os PTE? 10

6.2. Organigrama

6.3. Órganos de goberno e administración


Que son os PTE? 11

Asemblea xeral.

Estará integrada por representantes da Consellería de Traballo, das Organizacións


Sindicais máis representativas, das Organizacións Empresariais mais representativas e de
cada un dos Concellos asinantes.

Cada Asemblea estará formada por:


a. Presidente: A Presidencia do Pacto estará representada por un concello e a súa elección
será realizada exclusivamente polos Concellos do Pacto. No caso do Pacto de Lemos: D.
Severino Rodríguez

b. Vicepresidencias: Elixiranse tres Vicepresidencias, unha da Consellería de Traballo, unha


pola parte sindical (que renovarase cada dous anos) e outra pola empresarial.

c. Vogais: Todos os representantes de cada unha das partes integrantes do pacto.

d. Secretario: Será a persoa encargada da dirección da comisión técnica (UPD) ou quen


nomee o comité de dirección . Acudirá as reunións con voz pero sen voto.

Comité de dirección.

A función do Comité de Dirección consiste fundamentalmente en executar os acordos


da Asemblea Xeral levando o día a día do Pacto Territorial.

O Comité de Dirección que estará formado por:

a. O Presidente do Pacto Territorial.


b. Cinco vocais representantes dos concellos da zona, elixidos polos alcaldes co sistema
de voto ponderado específico establecido na asamblea para os Concellos.
c. Un representante de cada unha das organizacións sindicais mais representativas.
d. O mesmo número de representantes das organizacións empresariais mais
representativas que representantes sindicais.
e. Representantes da Consellería de Traballo ata un máximo de seis.

O Comité de Dirección terá un sistema de votación ponderada, igual que na


Asemblea.
Comisión técnica.
Que son os PTE? 12

Dela formarán parte un Xerente designado polos membros do Comité de dirección


ou o director da UPD (promovida pola propia asociación), persoal técnico e
administrativo e que se encargará das tres grandes áreas :

a. prospección e análise do mercado de traballo


b. orientación e mellora da empregabilidade
c. emprendemento, promoción do emprego e orientación

A súa función é a elaboración da documentación técnica específica do Pacto


Territorial así como, o desenvolvemento dos diferentes plans de Traballo establecidos polo
Comité.

Comité asesor.

Poderase crear un Comité asesor do Pacto Territorial de Emprego, no cal


estarán representados as entidades asociativas locais ou comarcais, Universidades,
centros de investigación e aquelas institucións que o propio Comité de Dirección considere
oportuno.

A Constitución do Pacto Territorial polo Emprego de Lemos, levóuse a cabo en


Monforte de Lemos o día 19 de xuño do ano 2008 ás 17:00 horas, reunidos:

Por parte dos Concellos:

D. José Manuel Arias López, actuando en representación do Concello de Bóveda.


D. Julio Manuel Yebra Pimentel Blanco, actuando en representación do Concello de
Carballedo.
D. Manuel Anxo Taboada Rodríguez, actuando en representación do Concello de
Chantada.
D. Severino Rodríguez Díaz, actuando en representación do Concello de Monforte de
Lemos.
D. José Luis Álvarez Blanco, actuando en representación do Concello de Pantón.
Dona Adoración Fernández González, actuando en representación do Concello da Pobra
de Brollón.
D. Julio Álvarez Núñez, actuando en representación do Concello de Quiroga.
D. Roberto Castro González, actuando en representación do Concello de Ribas de Sil.
D. Juan Carlos Armesto Quiroga, actuando en representación do Concello do Saviñao.
Dona Raquel Arias Rodríguez, actuando en representación do Concello de Sober.
D. Ramiro Moure Ansoar, actuando en representación do Concello de Taboada.

Por parte das organización sociais e empresariais:


Que son os PTE? 13

D. Antonio Rodríguez Domínguez, actuando en representación da entidade Confederación


de Empresarios de Galicia.
D. Mario Docasar Docasar, actuando en representación da entidade Unión General de
Traballadores.
D. Carlos Hermida Dieguez, actuando en representación da entidade Comisións Obreiras.
D. José Manuel López Pérez, actuando en representación da entidade Confederación
Intersindical Galega.

Por parte da Consellería de Traballo:

D. Pastor Fuenteseca Díaz, Director Xeral de Formación e Colocación.


D. Enrique Negueruela Cortés, asesor da Consellería de Traballo.

Segundo a acta de constitución do Pacto Territorial polo Emprego de Lemos:

Os representantes dos concellos anteriormente referidos, elixen por unanimidade a


D. Severino Rodríguez Díaz, alcalde do Concello de Monforte de Lemos como Presidente
da Asemblea Xeral do Pacto Territorial polo Emprego de Lemos.

Os representantes sindicais elixen por unanimidade como Vicepresidente da


Asemblea Xeral do Pacto Territorial polo Emprego de lemos a D. Jesús Castro
Baamonde, representante de CC.OO.

D. Pastor Fuenteseca Díaz sinala que a Vicepresidencia a nomear pola


Consellería de Traballo recae no Director da Oficina do INEM de Monforte de Lemos, e
nomea tamén como vogal para o Comité de Dirección ao Director da Oficina do INEM de
Monforte a D. Angel Manuel Guillén.

Seguidamente son elexidos por unanimidade os vogais representantes dos


concellos no Comité de Dirección, os seguintes:
. D. Julio Álvarez Níñez, alcalde do Concello de Quiroga
. D. José Jesús Ramos Ledo, alcalde do Concello de Taboada
. D. José Luis Álvarez Blanco, alcalde do Concello de Pantón
. D. Manuel Anxo Taboada Rodríguez, alcalde do Concello de Chantada
. D. Migue lA. Sotuela Vega, alcalde do Concello de Ribas de Sil.
Que son os PTE? 14

A Constitución da Asociación Impulsora do Pacto Territorial polo Emprego de


Lemos, levóuse a cabo en Monforte de Lemos o día 19 de xuño do ano 2008 ás 17:00
horas, reunidos:

D. José Manuel Arias López, actuando en representación do Concello de Bóveda.


D. Julio Manuel Yebra Pimentel Blanco, actuando en representación do Concello de
Carballedo.
D. Manuel Anxo Taboada Rodríguez, actuando en representación do Concello de
Chantada.
D. Severino Rodríguez Díaz, actuando en representación do Concello de Monforte de
Lemos.
D. José Luis Álvarez Blanco, actuando en representación do Concello de Pantón.
Dona Adoración Fernández González, actuando en representación do Concello da Pobra
de Brollón.
D. Julio Álvarez Núñez, actuando en representación do Concello de Quiroga.
D. Roberto Castro González, actuando en representación do Concello de Ribas de Sil.
D. Juan Carlos Armesto Quiroga, actuando en representación do Concello do Saviñao.
Dona Raquel Arias Rodríguez, actuando en representación do Concello de Sober.
D. Ramiro Moure Ansoar, actuando en representación do Concello de Taboada.
D. Carlos Hermida Dieguez, actuando en representación da entidade Sindicato Nacional
Comisións Obreiras.
D. José Manuel López Pérez, actuando en representación da entidade Confederación
Intersindical Galega.
D. Mario Docasar Docasar, actuando en representación do Sindicato Unión General de
Traballadores de Galicia.
D. Antonio Rodríguez Domínguez, actuando en representación da entidade Confederación
de Empresarios de Galicia.
Que son os PTE? 15

Segundo a acta de Constitución da Asociación Impulsora do Pacto Territorial


polo Emprego de Lemos:

Os representantes dos concellos, sindicatos e confederación de empresarios


anteriormente referidos, elixen por unanimidade o Órgano de Goberno da Asociación

Impulsora do Pacto Territorial polo Emprego, quedando constituido coma sigue:

• Presidente: D. Severino Rodríguez Díaz, alcalde do Concello de Monforte de


Lemos.
• Vicepresidente 1: D. Antonio Rodríguez Domínguez, representante de
Confederación de Empresarios.
• Vicepresidente 2: D. Mario Docasar Docasar, representante de UGT.
• Secretario: D. Julio Álvarez Níñez, alcalde do Concello de Quiroga.
• Tesoureiro: D. Manuel Anxo Taboada Rodríguez, alcalde do Concello de
Chantada.
• Vogais:
. D. Ramiro Moure Ansoar, alcalde do Concello de Taboada
. D. José Luis Álvarez Blanco, alcalde do Concello de Pantón
. D. Juan Carlos Armesto Quiroga, alcalde do Concello do Saviñao
. D. Roberto Castro González, Tte.- alcalde do Concello de Ribas de Sil
. Dona Adoración Fdez. Glez, Tte.- alcaldesa do Concello da Pobra de Brollón
Que son os PTE? 16

7. Mapa da actuación xeográfica


Que son os PTE? 17

8. Fases de creación

Primeira fase: Os Pactos pilotos

Ao abeiro, do disposto na Disposición adicional segunda do Decreto 98/2008


constituíronse a finais do mes de Maio do 2008, de xeito formal e en sesións consecutivas
en cada unha das zonas que abrangue a cada Pacto, os Pactos territoriais de emprego de:
Lugo, Costa da Morte, Valdeorras e Salnés.

O seu ámbito de actuación de acordo co previsto no citado Decreto é o seguinte:

-Pacto territorial de emprego da Costa da Morte:


Está integrado polos concellos de: Cabana de Bergantiños,Camariñas, Carballo, Carnota,
Cee, Corcubión,Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, A Laracha,Malpica de Bergantiños,
Mazaricos, Muxía,Muros, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

-Pacto territorial de emprego de Lugo:


Está integrado polos concellos de: Abadín, Antas de Ulla, Baleira, Becerreá, Begonte,
Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, O Corgo, Cospeito, A Fonsagrada, Friol, Xermade,
Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara,Lugo, Meira, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de
Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei,Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita
do Cebreiro, Pol, Portomarín, Ribeira de Piquín, Samos, Rábade,Sarria, Triacastela, Vilalba
e Baralla.

-Pacto territorial de emprego de Valdeorras:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Barco de Valdeorras,O Bolo, Carballeda de
Valdeorras, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Petín, A Pobra de Trives,San
Xoán de Río, A Rúa, Rubiá, A Veiga, Viana do Bolo, Vilamartín de Valdeorras e Vilariño de
Conso.

-Pacto territorial de emprego do Salnés:


Está integrado polos concellos de: Cambados, Catoira, O Grove, Meaño, Meis,
Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e A
Illa de Arousa.
Que son os PTE? 18

Segunda fase

Ao abeiro do disposto na Orde do 3 de Xuño de 2008 a finais do mes de Xuño do


2008, constituíronse de xeito formal e en sesións consecutivas en cada unha das zonas
que abrangue a cada Pacto, os Pactos territoriais de emprego do Barbanza-Noia, de Ferrol,
da Mariña, de Lemos, de Ourense, da Limia-Verín e do Deza-Tabeirós.

O seu ámbito de actuación, de acordo co previsto no citada Orde, é o seguinte:

-Pacto territorial de emprego da Limia-Verín:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Baltar, Bande, Os Blancos, Castrelo do
Val, Cualedro,Entrimo, Xinzo de Limia, A Gudiña, Laza, Lobeira, Lobios, A Mezquita,
Monterrei, Muíños, Oímbra, Porqueira, Calvos de Randín, Rairiz de Veiga, Riós, Sandiás,
Sarreaus, Trasmiras,Verín, Vilar de Santos e Vilardevós.

-Pacto territorial de emprego do Deza-Tabeirós:


Está integrado polos concellos de: Cerdedo, Dozón, A Estrada, Forcarei, Agolada, Lalín,
Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

-Pacto territorial de emprego do Barbanza-Noia:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Boiro, Lousame, Noia, Outes, A Pobra do
Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

-Pacto territorial de emprego de Ferrol:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Ares, Cabanas, A Capela, Cedeira,
Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume,
As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Cariño.

-Pacto territorial de emprego da Mariña:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove,
Lourenzá, Mondoñedo, Muras, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O
Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Burela.

-Pacto territorial de emprego de Lemos:


Está integrado polos concellos de: Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do
Courel,Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón,Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao,
Sober e Taboada.

-Pacto territorial de emprego de Ourense:


Que son os PTE? 19

Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Allariz, Amoeiro, A Arnoia, Avión, Baños de
Molgas, Barbadás, Beade, Beariz, Boborás, A Bola, Carballeda de Avia, O Carballiño,
Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Coles, Cortegada, Esgos,
Gomesende, O Irixo, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadañedo, Leiro, Maceda,
Maside, Melón, A Merca, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de
Allariz, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Piñor, Pontedeva, Punxín,
Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo
de Cea, Taboadela, A Teixeira, Toén, Verea, Vilamarín e Vilar de Barrio.

Terceira fase

Ao abeiro do disposto na Orde do 3 de Abril de 2009con esta terceira fase, aínda


pendente de posta en marcha a día de hoxe, quedaría cerrado o proxecto de constitución
dos quince pactos territoriais de emprego previstos no Decreto 98/2008.
O ámbito de actuación destes catro pactos de acordo co previsto no citada Orde é o
seguinte:

-Pacto Territorial de Emprego da Coruña:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo,
Betanzos, Cambre, Carral, Cerceda, Cesuras, Coirós, A Coruña, Culleredo, Curtis, Irixoa,
Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada, Sobrado dos Monxes, Vilarmaior e Vilasantar.

-Pacto Territorial de Emprego de Santiago:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos : Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto,
Boqueixón, Brión, Dodro, Frades, Melide, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino,
Rois, Santiago de Compostela, Santiso, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra
e Vedra.

-Pacto Territorial de Emprego de Pontevedra:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo
Lameiro, Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra,
Portas e Vilaboa.

-Pacto Territorial de Emprego de Vigo:


Abranguerá o territorio dos seguintes concellos: Arbo, Baiona, Cangas, A Cañiza, Covelo,
Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mondariz, Mondariz-
Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, O Porriño,
Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño, Tui e
Vigo.
Que son os PTE? 20

8. Equipa técnica da UPD Pacto Territorial de Emprego de


Lemos
Que son os PTE? 21

You might also like