You are on page 1of 8

O PRIMEIRO

DÍA DE
ESCOLA

COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

BALAÍDOS

Rúa Pablo Iglesias 1 36210-Vigo

Teléfono: 986 20 27 19 - Fax: 986 21 32 50


O voso fillo, a vosa filla medraron: an-
dan, falan, son cada vez máis autóno-
mos...e aprenderon convosco unha
chea de cousas das que vos sentides
moi orgullosos e orgullosas.
Un apaixoante mundo se lles abre coa
entrada na escola: un ambiente dife-
rente ao do voso fogar, novos amigos,
outros adultos que van ser importan-
tes na súa vida e, sobre todo, a opor-
tunidade de seguir medrando e de-
senvolvendo as súas potencialidades.
O labor que se realice na escola por
parte dos mestres vai ser complemen-
tario ao voso como pais e nais no ca-
miño de facer de esos nenos e nenas
adultos sans e FELICES.
A entrada na escola é un momento im-
portante na súa vida.
Todos os nenos e nenas reaccionan dal-
gún xeito, que non ten por que ser o
mesmo, ante esta nova situación.
Dende a familia débese coidar que a
súa adaptación se produza da “mellor
forma posible”.
Preséntanse aquí unha serie de pau-
tas a seguir dende a familia para
preparar a entrada na escola:

• Faládelle coa suficiente antelación


de que vai ir á escola e do ben que o
vai pasar alí. Terá moitos amigos e
xogos.

• Aproveitade o verán para que vaia


asumindo o seu control de esfínte-
res, poios isto é imprescindible para
o inicio da súa escolarización.
• Escoitádeo cando di que non quere
vir ao “cole”. Falade con el ou ela,
atendendo ás súas razóns.

• O primeiro día facede as cousas con


tempo. Que non haxa que almorzar á
présa ou vir correndo porque se fai
tarde.
• Cumpride o horario que se vos en-
vía dende o colexio para a entrada do
alumnado os primeiros días de esco-
la. Por suposto, tamén durante o re-
sto do curso.

• Sede moi puntuais cando veñades


recollelos, pois se ven sair ao resto de
nenos e vós non estades poden
sentirse “abandoados”.

• Se o neno ou a nena se excitan e


non queren entrar, primeiro debere-
des de tranquilizarvos vós, e logo
esperar a que eles se calmen.
• Poñédevos dacordo coa mestra ou
co mestre para que traia ao colexio
o seu xoguete preferido.

• Ao deixalos na
clase, non os enga-
nedes. Non lles di-
gades que vos que-
dades alí aínda que
estean a chorar.

• Ao voltar á casa,
se están enfada-
dos, non os rexei-
tedes. Amosáde-
lles interese polo
que fixeron na es-
cola, pero sen in-
sistir demasiado
se é que non que-
ren falar de iso.
O profesorado do CEIP Balaídos

You might also like