You are on page 1of 2

VI CERTAME LITERARIO

IES de SANXENXO
Cando teñas algo que dicir, dio; cando non, tamén.
Escribe sempre.

Augusto Monterroso.

Co obxectivo de fomentar a creatividade literaria e animar a ler e a escribir, o Ies de Sanxenxo a


través da Biblioteca do centro e en colaboración cos Departamentos de Galego, Castelán, Plástica
e Normalización Lingüística convoca o VI CERTAME LITERARIO, de acordo coas seguintes
bases:

Primeira. Participantes e categorías.

A Terceiro ciclo de Primaria C Segundo ciclo de Secundaria


B Primeiro ciclo de Secundaria D Bacharelato

Segunda. Fases do certame.

1ª. Fase de selección: realizarase en cada centro e enviarase a relación dos participantes por
categorías antes do 13 abril ao endezo eléctrónico: bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com

O alumnado do centro convocante inscribirase na Biblioteca antes da data sinalada, poidendo


requerirlle un traballo de redacción previo para a súa selección.

2º. Fase de realización. Terá lugar no Ies Sanxenxo o 23 de abril dende ás 9:30 h. ás 12 h.

Terceira. Características do texto de redacción.

Tema: será elexido polo participante entre dúas opcións propostas pola organización.

Lingua: galega ou castelá.

Modalidade: prosa ou verso.

Extensión: Os textos terán unha extensión máxima de 1DIN– A4 polas dúas caras escritas a
bolígrafo, sen asinar. As follas oficiais do certame na fase final levarán un número e a letra da
categoría como única identificación para garantizar o anonimato.
Cuarta: Premios.

Establécense dous premios por categoría:

 PRIMEIRO PREMIO: 80 €
 SEGUNDO PREMIO: 50 €

Os premios consistirán nun talón económico canxeable en librerías.

A entrega de premios terá lugar en acto público en lugar e data dos que se informará.

Quinta. Xurado.

A presidencia do xurado será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que
delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca escolar do instituto
convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura, profesores
da área de linguas e de arte e humanidades, e ex- alumnos premiados en edicións anteriores.

As súas deliberacións serán secretas e das súas decisións inapelábeis; redactarase a acta
correspondente.

Sexta. Traballos seleccionados

Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte dos fondos da Biblioteca do
centro. As obras premiadas e finalistas poderán ser obxecto de publicación.

Sétima. Aceptación das bases.

A presentación no Certame supón a aceptación das bases por parte dos participantes. O
incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática descalificación. Estas bases
poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante en aqueles aspectos non previstos.

Máis información: http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/

Tfno: 986 724 10

Sanxenxo, 5 de marzo de 2010

You might also like