You are on page 1of 2

PREMIO DE ILUSTRACIÓN

2MIL10
A palabra como materia prima dunha obra de arte.

VI CERTAME LITERARIO
IES de SANXENXO

Co obxectivo de publicar os textos gañadores e finalistas, seleccionados nas distintas categorías

do VI CERTAME LITERARIO, o IES de Sanxenxo, a través da Biblioteca do centro e en

colaboración cos Departamentos de Galego, Castelán, Plástica e Normalización Lingüística

convoca o PREMIO DE ILUSTRACIÓN 2mil10 para a portada do libro, de acordo coas seguintes

bases:

• Participantes: Estudantes menores de 23 anos.

• Categoría: única.

• Premios: un único premio de 80 €

O premio consistirá nun talón canxeable en librerías ou tendas de artes plásticas.

• Características da ilustración:

1. Diseñar a portada do libro que recolla os textos gañadores e finalistas do VI Certame

Literario IES de Sanxenxo.

2. Tema: “A palabra como materia prima dunha obra de arte.”

3. Técnica: libre.

4. Serán orixinais e inéditos.

5. Asinaranse con seudónimo incluíndo en sobre adxunto os datos persoais e académicos

e fotocopia do DNI.
6. Enviaranse ao enderezo postal:

Premios ilustración 2mil10

IES de SANXENXO

Baltar s/n Portonovo 36970 Sanxenxo. Pontevedra

ou ben ao enderezo electrónico: bibliotecaiessanxenxo81@gmail.com antes do 30 de abril.

7. Entrega de premios: terá lugar en acto público en Sanxenxo, no lugar e data dos que se

informará.

8. Xurado: A presidencia será asumida pola Directora do IES de Sanxenxo ou persoa na que

delegue e actuará como secretaria a profesora encargada da Biblioteca do centro

convocante. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo da cultura,

profesores de arte e humanidades. As súas deliberacións serán secretas e das súas

decisións inapelábeis; redactarase a acta correspondente.

9. Orixinais seleccionados: Pasarán a ser propiedade do IES de Sanxenxo e formarán parte

dos fondos da Biblioteca do centro. A obra premiada e as finalistas poderán ser obxecto de

publicación.

10. Aceptación das bases: A presentación no Premio supón a aceptación das bases por parte

dos participantes. O incumprimento dalgunha das mesmas dará lugar á automática

descalificación. Estas bases poderán ser interpretadas polo Xurado e o órgano convocante

en aqueles aspectos non previstos.

11. Máis información: http://bibliotecaiesanxenxo.blogspot.com/

Tfno: 986 724 108

Sanxenxo, 5 de marzo de 2010

You might also like