Welcome to Scribd. Sign in or start your free trial to enjoy unlimited e-books, audiobooks & documents.Find out more
Download
Standard view
Full view
of .
Look up keyword or section
Like this
1Activity

Table Of Contents

0 of .
Results for:
No results containing your search query
P. 1
No fondo

No fondo

Ratings: (0)|Views: 19|Likes:
Published by raquelcoutoantelo
Despois do maremoto Xiana e os seus amigos sobreviven na clandestinidade recuperando cousas que quedaron aló no fondo.
Despois do maremoto Xiana e os seus amigos sobreviven na clandestinidade recuperando cousas que quedaron aló no fondo.

More info:

Published by: raquelcoutoantelo on Apr 03, 2010
Copyright:Attribution Non-commercial

Availability:

Read on Scribd mobile: iPhone, iPad and Android.
download as PDF, TXT or read online from Scribd
See more
See less

10/25/2011

pdf

text

original

 
 
No fondo. Raquel Couto Antelo
1
Preparativos
Para contar ben esta historia teño que comezar porpresentar á xente que a protagoniza. A ver se ofago ben:
 Andrés
é, é un detective de pouca monta, unexpolicía, non saiu da policía con deshonra, saiua fume de carozo antes de que a cousa chegase amaiores, é que o soldo de funcionario xa bensabemos que non chega a moito, claro.
Carlos
é avogado, si, podía ser peor. Estudioupara facerse rico; pero ben sabemos que ninguén sefixo rico traballando así que casou con Alicia.
 Alicia
é unha nena rica, non tan nena enrealidade, casou con Carlos porque había que casare foi o único, que ela cría que se deixaba.
Paco
, Paquiño é policía, sin ex, policía enactivo, non aquí, na capital. Évos un poucocaradura e algo aproveitado pero aquí un Pacosempre hai ter algo que facer.
 Alberto
, Alberto é bo rapaz, algo mullereiro e moidescarado; pero bo rapaz, policía tamén; púxenosxuntos porque canto antes pasemos por eles mellor.
 María
é excepcional, muller traballadora, con tresfillos, dona da súa casa... só ten un pequenodefecto, é concellala, non, ese non é o defecto, odefecto éche ser Concellala de Cultura... nesteconcello.
Josefa
tamén é concellala e traballadora,Concellala de Educación nada menos, 45 anos evividora no tempo libre. Non a xuzgo, estou podrede envexa.
Carme
, Carme non é que sexa excepcional, é unhasanta, divorciada do Concellal de Urbanismo, quexa ten delito, o de casar con el, non o de
 
 
No fondo. Raquel Couto Antelo
2divorciarse, e tamén entre outras moitas cousas énai de Alicia.
O Concello
pola regla de tres dos policías deberíafalar aquí do resto dos do Concello pero é que sonpara darlles de comer a parte.
Salva
ai Salva, Salva é boa xente ho; pero tandifícil de explicar...
Sandra
é fantástica, tenra, doce e sempre feliz,optimista por natureza e como algún defecto tiñaque ter pois ten o peor de todos, está enganchada,si, ós programas do corazón ¡¡nada menos!!
Ramón
, Ramón é, é, divino, bueno non nos imosenganar, Ramón é ¿guapo? non, ¿nobre? non,¿cariñoso e atento? non; pero é o protagonista epolo tanto hai que dicir que é guapo, nobre,cariñoso e atento porque si, e punto.
Xiana
, Xiana pódese describir cunha soa palabra D-i-v-i-n-a... pero de verdade da boa verdadeira detodo, é a protagonista e ademais, son eu.E algunha outra personaxe aparecerá por aí, perosó por esixencias do guión.Para ler ben esta historia tes que lela moirápido, é complicado xa o sei, pero ti pensa quees Juan Pazos no Alfaiate contando iso de“amanuece un nuevo día” a un público entregado.Procurarei facer os capítulos curtos para que chedea tempo a respirar, de todos os xeitos, se vesque te vas poñendo azul e o punto e a parte nonchega ti vai collendo aire.E, por último, a historia chega a algún sitio, bensei que polas múltiples interrupcións che podeparecer que non, pero xúroche sobre a versión engalego de Sin Chan que si.Agora que xa esta todo claro imos comezar.
 
 
No fondo. Raquel Couto Antelo
3
Capítulo 1. O comezo
Andaba dando unha volta polo Campo volante,aproveitando que a marea estaba baixa, que oschiringuitos estaban moi ben e que había moitosturistas, que non facía máis que vir turistas ealgo pillaría... de traballo quero dicir, porque éque eu estaba no paro. Bueno vale, pillar dooutro; xa que non me credes que cobrando por nonfacer nada quixera facer algo, pois terei quedicir a verdade.O caso é que andaba distraída, mirando para todoslados, había moito persoal que cho digo eu, habíafamilias con nenos e cans e gatos, bueno ¡unhafesta! Total que andaba moi distraída mirando paraatrás mentres camiñaba cara adiante, é dicir, todaretorcida, e cando fun poñer a cabeza na mesmadirección que as pernas empotreina contra uncorpazo ¡que corpazo mimá! Era Ramón, seguía tangrande como o lembraba, grande fisicamente, querodicir non é que fose a luz que iluminaba o meucamiño nin nada diso.Ó tropezar con el, cando aínda non mirara caraarriba para lle ver a cara e como unha estaba noparo pero ten a súa educación pedín perdón, onormal nestes casos vamos, e el dixo:-
 
¡Estás bébeda Xiana!En realidade non dixo isto, é unha homenaxe afrase “Estás bébeda Sue Ellen”, porque me faimoita gracia e porque me apetecía poñela aquí. Oque de verdade dixo foi:-
 
Nada, tranquila, non foi nada, ben vin queías distraída. ¡Hostia Xiana! ¡Es ti! Cantotempo tía, ven tomar algo con nós e falamos.

You're Reading a Free Preview

Download
scribd
/*********** DO NOT ALTER ANYTHING BELOW THIS LINE ! ************/ var s_code=s.t();if(s_code)document.write(s_code)//-->