You are on page 1of 2

Regata de primavera 2010

Ribeira

Anuncio de regata

Volandeira e Zoa na primeira proba da Regata de inverno 2010.


No Lajareu, virando para o Camouco e coas Airoas ao fondo.

Asociación Cultural Lajareu por Barlovento


Regata de primavera 2010 Anuncio de regata 7. Percorridos
7.1. A Regata constará de catro probas nas datas sinaladas e terá lugar nas augas da Ría de Arousa,
podendo ser o percorrido diferente para cada unha delas.
Asociación Cultural Lajareu por Barlovento 7.2. A ubicación da liña de saída e de chegada será na praia de Coroso, en Ribeira. Utilizaranse como
Ribeira balizas as que coloque a Organización, as sinais marítimas e os accidentes naturais dentro da ría.
7.3. O percorrido definitivo detallarase nas Instrucións de Regata.
1. Organización, lugar e datas 8. Inspección e medición
1.1. As diferentes probas da Regata de primavera 2010 celebraranse en Ribeira, nas augas da Ría de 8.1. O Comité de Control e Medición realizará as tarefas de control, medición e inspección.
Arousa, entre os meses de abril e maio de 2010, organizada pola A. C. Lajareu por Barlovento de 8.2. Unha dorna ou o seu equipo poden ser inspeccionados antes, durante ou despois de cada proba para
Ribeira. comprobar o cumprimento das regras e as Instrucións de Regata.
1.2. A organización da Regata está a cargo do correspondente Comité de Regata, contarase así mesmo 8.3. Especialmente revisará os elementos que afecten ás condicións de seguridade e navegabilidade que
cun Comité de Control e Medición e un Xuíz de Regata. reflicte o RCDV ou o RCD. En todo momento será obrigatoria a presencia e bo estado de uso dos
2. Regras seguintes elementos:
a) Empanetado, que o terá completo.
2.1. A Regata rexerase por: b) Chalecos salvavidas, un por cada tripulante.
a) O Regulamento da clase dorna (RCD) aceptado pola A.C. Lajareu por Barlovento. c) Medios de fondeo, de 4 Kg e o seu cabo.
b) Subsidiariamente polas regras de regata tal e como se definen no Regulamento de Regatas a Vela d) Elementos de flotabilidade.
da ISAF 2009-2012, en adiante RRV. e) Vela: lonxitude da relinga (máx. 440 cm).
c) Este Anuncio de Regata e as Instrucións de Regata, que poden modificar a algúns dos anteriores. 8.4. Se unha dorna non cumpre calquera dos requisitos anteriores será descalificada.
3. Participantes 9. Puntuación
3.1. A Regata de primavera 2010 está aberta a todas as embarcacións da categoría dorna tal e como se 9.1. Individual: Establecerase unha única clasificación xeral individual para o que se aplicará o Sistema de
define no RCD que pertenzan á A.C. Lajareu por Barlovento. Puntuación Baixa do Apéndice A4 do RRV.
3.2. A Organización poderá aceptar a inscrición doutras dornas que non pertenzan a esta Asociación. a) A puntuación provisional virá definida pola posición de chegada das dornas á liña de chegada.
3.3. A Organización poderá aceptar a inscrición doutras dornas que non cumpran co RCD. b) A puntuación individual de cada proba será a que resulte das correccións da puntuación provisional
3.4. Os participantes deberán estar en posesión do correspondente seguro de responsabilidade civil en logo do control de medición e das reclamacións que se formulen.
regata. c) A clasificación individual definitiva da Regata será a que resulte de sumar as puntuacións de máximo
4. Publicidade tres probas, logo de elexir un descarte, ordeada de menor a maior.

4.1. Os participantes poderán exhibir publicidade individual. 10. Premios

5. Inscricións 10.1. Entregarase un trofeo a cada un dos tripulantes das cinco primeiras dornas clasificadas.
10.2. Entregarase un recordo da Regata a todos os participantes en recoñecemento á súa participación.
5.1. Inscricións
a) A inscrición da dorna e os seus dous tripulantes poderá realizarse no local social da A. C. Lajareu 11. Regulamentacións locais de mariña
por Barlovento, sito no peirao deportivo, s/n, Ribeira. 11.1. Será de aplicación o R/D 62/2008 de 25 de xaneiro polo que se aproba o “Reglamento de las
b) Será necesaria a inscrición para cada unha das probas da Regata nas que se queira participar. condiciones de seguridad marítima, de la navegación y de la vida humana en el mar aplicables a las
c) A momento límite para inscribirse en cada proba será 30 minutos antes da saída da Regata. concentraciones náuticas de carácter conmemorativo y pruebas náutico deportivas”.
d) A inscrición formalizarase na folla de inscrición oficial e estará asinada polo patrón da dorna inscrita. 11.2. A A. C. Lajareu por Barlovento informa a tódolos participantes que dispón da correspondente póliza de
e) Será preciso presentar ou confirmar que ten en vigor o seguro de responsabilidade civil en regata. seguros de responsabilidade civil.
f) A inscrición é gratuíta. 11.3. É responsabilidade de cada barco estar provisto dos seguros complementarios que estime
6. Calendario de regatas e programa convenientes, ademais do esixido neste Anuncio de Regata.

6.1. O calendario das probas da Regata é o seguinte: 12. Responsabilidade


1ª proba 10 de abril 12.1. Todos os participantes na Regata de primavera 2010 farano baixo o seu propio risco e
2ª proba 24 de abril responsabilidade.
3ª proba 8 de maio 12.2. A Organización, ou calquera outra persoa ou organismo involucrado na organización do evento,
4ª proba 22 de maio carecen de responsabilidade algunha por perdidas, danos, lesións ou molestias que puideran acaecer a
6.2. O programa de cada proba será o seguinte: persoas ou cousas, tanto en terra como en mar, como consecuencia da participación nas probas
12:00 Apertura da oficina de regatas amparadas por este Anuncio de Regata.
Rexistro de participantes e entrega das Instrucións de Regata 12.3. Chamase a atención sobre a regra 4 “Decisión de regatear” da parte 1 do RRV, que establece: “É de
16:30 Inicio da proba (1ª pitada) exclusiva responsabilidade dun barco decidir se participa nunha proba ou se continua en regata”.
19:30 Finalización da proba
13. Dereitos de imaxe
Medicións e reclamacións, de selo caso
*20:00 Entrega de trofeos (este último punto unicamente na derradeira proba) 13.1. Os dereitos de imaxe pertencen, en exclusiva, á A. C. Lajareu por Barlovento, que poderá usalos da
6.3. De producirse a suspensión dalgunha proba trasladarase a súa celebración ao sábado seguinte ou á forma que estime conveniente.
data que fixe o Comité de Regata.
14. Modificacións deste anuncio
6.4. As Instrucións de Regata poderán introducir variacións no programa previsto.
14.1. A Organización reservase o dereito de modificar este Anuncio. Calquera modificación feita a este
Anuncio con anterioridade á celebración da Regata será publicada de forma axeitada.

A. C. Lajareu por Barlovento. Peirao deportivo s/n, Ribeira lajareu@gmail.com http://lajareu.blogspot.com tel. 647553332

You might also like