You are on page 1of 72

1

2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
40
41
42
43
44
45
46
47
48
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
64
65
66
67
68
69
ASÍ XOGABA EU COS MEUS AMIGOS

Cando eu estaba no colexio xunto con algúns dos vosos pais non tiñamos a sorte
de que nos organizasen torneos de xogos. O que facíamos era xuntarnos algúns
e botar partidiños de fútbol. Imaxinádeos, máis de 200 rapaces no cámpo de
fútbol, xogabamos en calquera recuncho e as porterías eran un par de pedras e
os balóns de plástico,os cales eran nosos,e se algún estaba ben inflado era un
milagre.

Onde esta o edificio de infantil tiñamos un patio cuberto ,tiña unha parede que
o partía pola metade e nesa parede xogabamos a un xogo moi curioso,
chamabámoslle "XOGADORES":
Eran caixas de mistos abertas pola metade. Para xogar necesitabamos
unha parede na que faciamos unha raia horizontal máis o menos a
altura do peito e tiñamos que bater as caixas "xogadores" contra a
parede sempre por enriba da raia. Todos os “xogadores” que quedaran
por debaixo dela eran para o dono do "xogador".
Tamén podías pedir tirar a plomo, que consistía en poñer pegado o
"xogador" na parede a altura da raia e deixalo caer.Xogábamos ata que
o outro compañeiro quedara sen "xogadores" ou tocara "o pito" porque
daquela non había timbre.
Recuperar este xogo non é moi doado xa que os mistos pasaron a
mellores tempos, ao mellor algún de vos non os viu nunca.

Ainda que tamén xogabamos a cousas que xogades vos hoxe en día coma os
trompos, pero nós usabamolos con puntas de ferro moi afiadas pois o
importante era facerlle unhas boas "miñocas" (buracos) aos outros, ainda que
preferiamos "escachalos".A época dos trompos era por San Martiño de feito
existe un refrán que di:
¡¡¡¡¡¡¡ EN SAN MARTIÑO TROMPOS AO
CAMIÑO E EN SAN AMARO TROMPOS AO FAIADO !!!!!!!

RAFA

70

You might also like