A COVA DA SERPESempre que podía, unha doncela chamada Berta cabalgaba polosbosques de Friol en terras galegas. Ou seu pai, o Señor de San Paio deNarla, non o vía con bos ollos, malia que a súas continuas ausencias lleimpedían ofrecer á súa filla compañía e maior control paterno. Por iso nonfoi de estrañar o que sucedeu un día. No medio dunha cabalgadadesenfreada, a montura da doncela acabou por desbocarse. Un home daaldea viu o que pasaba e, a risco de resultar pisado polos cascos da besta,conseguiu aferrarse ao animal e calmalo. Logo acompañou á muller un treito,pero ao coñecer quen era e onde vivía, o labrego retirouse rapidamente. Apesar diso, a rapaza quedou impresionada pola fortaleza e a valentía daquelhome.Ao día seguinte, saíu na súa procura. Non lle foi moi difícil dar con el.Dende entón, todas as tardes se vían. O trato levou ao namoramento mutuo.Ao principio, crían que a súa relación permanecía a salvo, pero naqueleslugares a intimidade era algo raro. Pronto Chegou a oídos do Señor de SanPaio a amizade da súa filla cun plebeo, e estalou nun ataque de furia quederivou na orde de apresar ao aldeán que se atreveu a achegarse á súa filla.Pero os cabaleiros séguenlles, pisándolles os talóns. Preto de alí, o aldeánsabe que existe unha cova. Todos tratan de evitar esas paraxes. No pobodin que se trata da gorida dun dragón, ao que chaman a Serpe. Non hai máisremedio. O home conduce á súa amada ata a cova e introdúcense nela. Nonteñen armas. Pero cando aparece a cabeza do enorme dragón, coas faucesabertas, disposto a matalos, cunha furia inmensa o aldeán arróxase contra abesta, e grita á súa amada que se poña a salvo. Os cabaleiros quédanse naentrada da Cova da Serpe, sen atreverse a ir máis aló, aterrorizados polosruxidos e os berros que chegan ata os seus oídos desde o interior. A filla doseñor sae fuxindo da Serpe, tola pola dor de perder ao seu amado e aterrible escena que acaba de contemplar. É conducida á torre do seu pai,onde chora a súa traxedia e a súa soidade.Desde entón, a Serpe sae a miúdo da súa gorida. A inmensa serpe vaiacabando cos gandos, e ataca a cantos atopa ao seu paso, na zona próxima aoque xa chaman o Pozo da Serpe. Alí, un grupo de valentes conseguiu ao findarlle morte, envelenándoa; -Pero esta é xa outra historia.
Add a Comment