Estado o número 30 do apartado 1 do artigo 149 da Constitución, e da altainspección necesaria para o seu cumprimento e garantía (artigo 31 EAG).Por outra parte, a Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregadopúblico, contén un mandato expreso dirixido, entre outras, á Administraciónpública da nosa comunidade autónoma, ao dispoñer no seu artigo 56.2, que asAdministracións públicas, no ámbito das súas competencias, deberán prever aselección de empregados públicos debidamente capacitados para cubrir ospostos de traballo nas Comunidades Autónomas que gocen de dúas lenguasoficiais.O presente proxecto, considerando as ensinanzas recollidas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación, e co impulso do plan xeral denormalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento deGalicia no ano 2004, desenvolve aquelas previsións legais autonómicas,materializando o mandato contido no artigo 12.2 da citada lei, que encomendaa Xunta de Galicia a regulamentación da normalización do uso das linguasoficiais no ensino, aínda que desbordando en algúns puntos, que máis adiantese apuntarán, a cobertura legal citada.Nestes termos, ditado o regulamento, sequera en parte, en execución ou endesenvolvemento dunha lei, a competencia deste Consello Consultivo para aemisión do ditame resulta do disposto no artigo 11, d) da Lei 9/1995, do 10 denovembro, do Consello Consultivo de Galicia.
Segunda.-
Procedemento de elaboración do proxecto.Como requisito previo ao exame do referido proxecto normativo cómpreexaminar se é correcto o procedemento de elaboración instruído e se acomodaás prescricións de aplicación contidas, fundamentalmente, nos artigos 4, 34.5,37 e 39 da Lei reguladora da Xunta e do seu presidente, 1/1983, do 22 defebreiro, e os artigos 4, 5.1, 8 e 22 do Regulamento de réxime interior da Xunta,Decreto 111/1984, do 25 de marzo, e a súa modificación polo Decreto 57/1994,do 25 de marzo, así como, supletoriamente, ao disposto no artigo 24, da Lei50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, que fixa o procedemento deelaboración normativa para os regulamentos que aproba o Goberno do Estado,sen prexuízo da aplicación doutra normativa sectorial que esixe a práctica detrámites específicos como o artigo 8 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para aigualdade de mulleres e homes, ou o artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, detransparencia e boas prácticas na Administración pública galega.O proxecto sometido a ditame cumpre, de maneira xeral, os requisitos para aconfiguración do expediente necesario para a formalización do procedementode elaboración ou modificación, como é o caso, dunha norma regulamentaria,obrando as memorias xustificativa e económica do proxecto de decreto,informes da Dirección Xeral de Función Pública e da Asesoría Xurídica Xeralda Xunta de Galicia, así como o da Secretaría Xeral da Consellería deEducación e Ordenación Universitaria.Polo que respecta ao trámite de audiencia, debe formularse a observación da
Add a Comment