You are on page 1of 1

ALUMNOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE BALLET DE

RIVEIRA AMOSARÁN O SEU TALENTO ESTE


DOMINGO NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Santa Uxía de Riveira, 1 de xuño de 2010.- O Auditorio Municipal de


Riveira vai ser escenario este próximo domingo, a partir das 18
horas, da xa tradicional Actuación de Fin de Curso da Escola
Municipal de Ballet, na que actuarán un total de tres grupos de
bailaríns con idades comprendidas entre 4 e 17 anos.

O evento foi presentado este mediodía polo concelleiro de Cultura e


Festexos de Riveira, Luciano Fernández, e pola profesora de ballet
clásico da Escola Municipal, Cristina Riveiro, quen exercerá de
directora artística do festival.

Segundo informou esta última, no repertorio figurarán pezas de


Gottschalk (un autor moi próximo aos ritmos caribeños), de Helsted,
Paulli e Gade, e dos clásicos Strauss e Tchaikovsky. Tamén
incluiranse dúas obras de Philip Sousa e de Sting/Cheb Mami, que
levan por título “Estrellas” e “Rosa Desértica”, respectivamente.

Tanto Luciano Fernández como Cristina Riveiro quixeron destacar a


dedicación e o esforzo de que fixeron gala os alumnos dende o inicio
do curso, cuxos froitos poderán comprobar os asistentes no
espectáculo montado.

Así mesmo, recordaron que a entrada para asistir á actuación é


gratuíta e recomendaron retirar as entradas media hora antes do
inicio da función.

You might also like