You are on page 1of 6

II RUTA BTT

MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA

O domingo día 18 de Xullo terá lugar a II Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova.

REGULAMENTO XERAL DE OBRIGADO CUMPRIMENTO

Art.1. A II Ruta BTT Mancomunidade Terra de Celanova está aberta a todo aquel que dispoña

da maioría de idade ou 16 anos con autorizacións de pais ou titores e que teña completado

satisfactoriamente o proceso de inscrición.

Art2. Conta cun recorrido de dificultade media-alta de aproximadamente 46 km. A

Mancomunidade Terra de Celanova como organizador do evento, reservase o dereito de

modificar o recorrido cando as circunstancias ou autoridades así o recomenden. A saída oficial

da ruta será ás 9.30 horas e o peche do control será ás 14.30 horas.

Art3. Pódese facer a preinscripción en:

http://www.terradecelanova.es/index.php?option=com_artforms&formid=1&Itemid=95.

O ingreso deberá realizarse no número de conta 2080-0292-91-0040038650 da entidade

CAIXANOVA por un importe de 15 euros, facendo constar o nome, apelidos e DNI do

participante. Ningunha inscripción se considerará en firme ata que non se efectúe o pago da

mesma. O pago deste importe da dereito a participar na ruta BTT, portando obligatoriamente o

dorsal, a acceder ás duchas ó termino da mesma, a recibir un obsequio conmemorativo da súa

participación, a repoñer enerxías cun xantar na zona sinalada paro o mesmo, a un sorteo dun fin

de semana nun hotel rural para duas persoas, tres entradas dobles para a “Festa da carne

cachena”, un cullotte de tirantes e a disfrutar das instalacións das piscinas municipais de

Quintela de Leirado gratuitamente nese día. Os acompañantes tamén poderán acceder a

comida previo pago de 6 euros na mesma conta indicando nome, apelidos e a referencia

“acompañante”.
Art4. Os participantes poderán inscribirse por correo, enchendo a ficha de inscripción e

enviandoa a Mancomunidade “Terra de Celanova” Barrio da Ermida nº39/baixo 32800 Celanova

–Ourense xunto co xustificante bancario, tamén se poderá facer vía mail mandando ambos

impresos a dirección terradecelanovasaudable@hotmail.com, por fax o 988451646 (verificar

envío) ou nas oficinas da Mancomunidade. Tamén se poderán inscribir no lugar da proba sempre

e cando non se sobrepase o número máximo de participantes (200) ata 30 minutos antes do

comenzo da mesma. Calquera duda ou aclaración podese resolver chamando o telefono

988451646 (preguntar por Nazaret ou Victor quenes aclararan as peticións correspondentes).

Art5. Poderase efectuar a recollida de dorsais:

1. Das 9.00 a 14.00 na Mancomunidade Terra de Celanova (Barrio da Ermida,

nº39/baixo – Celanova).

2. No control de saída, situado en Quintela de Leirado, na porta do concello

(Leirado s/n) entre as 9.00 e as 9.25 horas do propio día 18 de xullo.

Art6. Todo participante inscrito está obrigado a levar casco e a seguir as indicacións dos

axentes da autoridade e o persoal da organización habilitado.

Art7. Todo participante deberá situarse por detrás do vehículo da organización que se

identifique como de apertura da proba, non rebasalo en ningún caso.

A organización declina toda responsabilidade naqueles casos que por falta de

cumprimento do presente regulamento, da Lei de seguridade vial, así coma das instruccións

dadas polo persoal habilitado pola organización, se poideran producir danos físicos ou morais,

propios ou a terceiros, así coma outro tipo de prexuicios ou accidentes que por estas causas se

poideran ocasionar.

A organización resérvase o dereito de emprender as accións que consideren pertinentes

naquela persoa que non presente o comportamento debido ou faga caso omiso as indicacións que

reciba por parte dos membros habilitados pola organización.


Art8. A Ruta BTT ten un carácter lúdico polo que non se realizará ningún tipo de clasificación,

nin mención especial de orden de chegada considerando que tódolos participantes oficialmente

inscritos e que realicen o percorrido completo son os verdadeiros vencedores deste evento

deportivo.

Art9. A bicicleta que se utilizará será de montaña e, recoméndase levar vestimenta adecuada e

bote de auga.

Art10. A aceptación (inscribíndose) do presente regulamento implica que o participante da o

seu consentimento á Organización para que poida utilizar a súa imaxe para a promoción e

difusión da Ruta BTT da Mancomunidade Terra de Celanova en tódalas súas formas (internet,

carteis, medios de comunicación, etc).

Art.11. Os avituallamentos serán:

1. Líquido + sólido

2. Líquido + sólido

3. Líquido + sólido (á chegada)

Art12. O feito de inscrición nesta proba supón a aceptación do presente regulamento e a

renuncia a tódolos dereitos contra a Organización.

Art.13. Recoméndase levar o día da proba a seguinte documentación: DNI, xustificante da

inscrición, xustificante de pago e confirmación de envío de fax.

A saída e a chegada da marcha será no concello de Quintela de Leirado. O percorrido

trazado será polos concellos de Quintela de Leirado, Ramirás, Celanova, Verea e Quintela de

Leirado apreciando as paisaxes esplendorosas e inolvidables con grandes cimas coma

Penegache, San Paio dos Pitos etc...O percorrido será mixto alternando estrada e sendeiro.
CÓMO CHEGAR
Celanova é o punto de confluencia de dúas importantes vías de comunicación: a N-540

(Ourense-Portugal) e a C-531 que une A Cañiza con Xinzo de Limia. Ademáis na comarca hai un

acceso desde a N-540 a A-52 a través de A Mezquita no concello de A Merca.

 Desde Ourense

Para chegar a Quintela de Leirado desde Ourense, temos que chegar a Celanova (26

Km), e unha vez na entrada da vila collemos a dereita dirección Cortegada – Quintela de

Leirado, carretera comarcal 531 (dirección A Cañiza, Cortegada), e o chegar a menos dun Km.

tomar unha desviación á esquerda da comarcal OU0209 dirección Quintela de Leirado. Está

ben sinañizado.

Pasado un pequeno altozano encontraremonos ca aldea de SANTA EUFEMIA

(Milmanda). A continuación ven CARRACEDO e despois chegam a LEIRADO (aproximadamente

15 minutos)

 Desde A Cañiza

Unha vez na Cañiza collemos dirección Cortegada, unhos 13 Km aproximadamente e alí

dirección Celanova. Ó chegar a Celanova collemos no campo de fútbol á dereita, a carretera

OU0209 dirección Quintela de Leirado.

Distancias aproximadas:

OURENSE: 26 Km.

SANTIAGO: 137 Km.

PONTEVEDRA: 103 Km.


ALOXAMENTOS

 Pensión “O Miradoiro”

Leirado, s/n - 32814

Quintela de Leirado

Telf. 988 49 37 17

 Habilitarase un zona de acampada para á noite anterior nas inmediacións do núcleo

de Leirado
FICHA DE INSCRIPCION

II RUTA BTT

MANCOMUNIDADE TERRA DE CELANOVA

FACER INGRESO EN CAIXANOVA 2080-0292-91-0040038650

AS INSCRIPCIÓNS FARANSE EFECTIVAS PREVIO PAGO

ENVIAR: RESGARDO DO INGRESO Ó FAX: 988451646 OU POR MAIL:

terradecelanovasaudable@hotmail.com ou correo ordinario á Mancomunidade Terra de

Celanova - Barrio da Ermida nº39/baixo C.P.32800 Celanova - Ourense

1º APELIDO

2º APELIDO

NOME

DOMICILIO (rúa, nº, piso)

POBOACIÓN

CÓDIGO POSTAL

PROVINCIA

TELÉFONO (nº ó que poder

avisar en caso de incidencia na

marcha)

DNI:

Pódese facer a preinscripción en:

http://www.terradecelanova.es/index.php?option=com_artforms&formid=1&Itemid=95.

You might also like