You are on page 1of 7

Grao en Pedagoxía Proposta do Comité

Facultade de Ciencias da Educación Lucía Iglesias da Cunha, Elisa Jato Seijas, Miguel
A. Zabalza Beraza, Elena Fernández Rey
Universidade de Santiago de Compostela

Perfil (elaboración a partir da proposta da Conferencia de Decanos de Ciencias da Educación sobre as


«Competencias» a formar no Grao de Pedagoxía)

O grao en Pedagoxía forma a un profesional (experto, asesor, planificador, analista) en


sistemas, institucións, contextos, recursos e procesos educativos e formativos, así como
nos procesos de desenvolvemento persoal, profesional e comunitario que concorren de
forma integrada nas persoas e grupos ao longo de toda a vida.

É competente tanto no deseño, xestión, desenvolvemento como na avaliación de plans,


proxectos, programas e accións formativas e educativas. Está capacitado para innovar,
adaptar e contextualizar metodoloxías e recursos educativos. Sendo tamén competente
na análise e seguimento de plans, proxectos, programas e accións formativas e
educativas presenciais e virtuais.

Ámbitos de aplicación

SERVIZOS EDUCATIVOS E FORMATIVOS


ORGANIZACIÓNS SOCIAIS E LABORAIS
RECURSOS HUMANOS (FORMACIÓN E ORIENTACIÓN PARA A CARREIRA)
CONTORNOS PRESENCIAIS E VIRTUAIS DE FORMACIÓN E
COMUNICACIÓN

3. OBXECTIVOS

Obxectivos xerais do Título

O Título de Grao de Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela deberá


garantir a formación de profesionais con coñecementos académicos e científicos e con
destrezas e habilidades necesarias para lograr os seguintes obxectivos xerais:

1. Coñecer os fundamentos conceptuais, teóricos, metodolóxicos e legais do ámbito de


estudo da Pedagoxía.

2. Comprender os referentes socio-políticos, históricos, culturais e ambientais nos que


se enmarcan as problemáticas e necesidades educativas en diferentes contextos.

3. Realizar o deseño, desenvolvemento e avaliación de procesos, planes, programas,


accións, materiais e recursos educativos e formativos contextualizados ás características
diferenciais de suxeitos, grupos ou organizacións nas modalidades de ensino-
aprendizaxe presencial e/ou virtual.

4. Desenvolver propostas de intervención que impliquen a mellora da práctica


educativa, de maneira individual ou coordinadamente con outros profesionais
educativos e sociais.

5. Promover a implantación de procesos e modelos de xestión da calidade da educación


a partir dos planes de avaliación desenvoltos nas institucións e organizacións educativas
e formativas.

6. Realizar a xestión profesional de centros, servizos e recursos educativos e formativos.

7. Poder ofrecer asesoramento pedagóxico a persoas, grupos, organizacións e


institucións nos procesos educativos e formativos que desenvolvan.

Competencias

Para lograr os anteriores obxectivos xerais e de acordo co establecido no RD


1393/2007, de 29 de outubro establécense as seguintes competencias básicas que os
estudiantes deberán adquirir:

1. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos da área de


estudo da Pedagoxía, sendo capaces de analizar os conceptos, teorías,
metodoloxías e elementos que interveñen no desenvolvemento dos procesos
educativos en diversos contextos.
2. Ser capaces de analizar críticamente os marcos históricos, culturais e
sociopolíticos dos contextos de desempeño profesional, desde un enfoque
centrado nos valores de respeto aos dereitos fundamentais, a igualdade de
oportunidades, a non discriminación e a accesibilidade universal das persoas con
discapacidade.
3. Ser capaces de aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos na
planificación, no desenvolvemento da intervención e na avaliación de procesos
educativos e formativos a partir de necesidades detectadas en diversos contextos,
nas modalidades de ensino-aprendizaxe presencial e/ou virtual.
4. Desenvolver e coordinar accións educativas en diferentes contextos como
resposta a necesidades e problemáticas formativas específicas, promovendo a
participación, a innovación e a calidade.
5. Ser capaces de recoller e interpretar datos e informacións significativas que
permitan emitir xuicios vinculados co cumprimento das súas funcións
profesionais.
6. Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións referidas a
situacións educativas a persoas, grupos ou institucións no marco do seu
desempeño profesional.
7. Poder afrontar a toma de decisións relativa a continuación de estudios cun nivel
elevado de autonomía.
Ademais dos coñecementos e habilidades expostos, o Título de Grao en Pedagoxía
deberá garantir que os estudiantes desenvolvan determinadas competencias
transversais importantes para o seu labor profesional, que se concretan nas seguintes:

- Comprometerse coa identidade, desenvolvemento e ética profesional.


- Desenvolver unha actitude crítica e autocrítica e de reflexión, análise e síntese.
- Involucrarse nos procesos de toma de decisións e de solución de problemas.
- Desenvolver un conxunto de habilidades interpersonais básicas para o seu
desempeño profesional.
- Desenvolver unha expresión e comunicación adecuadas en diversos códigos e
recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
Competencias

As competencias están agrupadas en función de cinco categorías:

1. Coñecer, comprender e analizar de Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais,


modo integral situacións educativas en políticos, ambientais e legais que conforman as
diferentes contextos. situacións e os programas educativos.

Diagnosticar as necesidades educativas e as posibilidades


de desenvolvemento educativo das persoas e das
organizacións.

Comprender os procesos de ensino-aprendizaxe e a súa


incidencia na formación integral das persoas.

Identificar problemas educativos e indagar sobre eles


para posibilitar propostas de mellora na práctica
educativa.
2. Planificar e programar accións Deseñar plans, programas e accións adaptados aos
formativas distintos niveis do sistema educativo, nas modalidades
presenciais e virtuais.

Deseñar materiais e recursos educativos adaptados e


contextualizados ás necesidades educativas.

Deseñar plans de formación (profesorado, formadores,


técnicos en educación e outros profesionais).

3. Acción educativa, coordinación e Desenvolver estratexias e técnicas para promover a


xestión de programas e equipos participación no ensino-aprendizaxe en diferentes
educativos contextos educativos.

Aplicar técnicas e estratexias de dinamización de grupos.

Organizar e xestionar centros, institucións, servizos e


recursos educativos e formativos.

Desenvolver procesos e modelos de xestión de calidade


da educación e a formación.

Coordinar intervencións educativas con outros


profesionais.

4. Avaliar programas e accións Avaliar plans, programas, proxectos, centros, accións,


formativas materiais e recursos educativos e formativos.

Avaliar políticas, institucións e sistemas educativos

Avaliar os procesos de ensino-aprendizaxe en diferentes


contextos educativos

Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre


características, necesidades e demandas pedagóxicas.

5. Asesoramento educativo Asesoramento a persoas e/ou grupos nos procesos


educativos e formativos

Asesorar sobre o uso pedagóxico dos materiais e


recursos educativos

Asesorar sobre a integración das tecnoloxías da


información e a comunicación nos procesos educativos e
formativos

5. PLANIFICACIÓN DAS ENSINANZAS DO GRAO DE PEDAGOXÍA

5.1. Estrutura e organización dos estudos.

Distribución en créditos ECTs e módulos para a formación de Grao en Pedagoxía:

54 ECTS Ciencias Sociais e Xurídicas


6 ECTS Humanidades
48 ECTS A profesión, ámbitos e axentes
18 ECTS As institucións educativas
30 ECTS Deseño de plans, programas e metodoloxías educativas
36 ECTS Mencións. Innovación educativa // Formación e Orientación laboral //
Avaliación educativa
36 ECTS Practicum en Pedagoxía
12 ECTS Proxecto Fin de Grao en Pedagoxía
240 ECTS Totais

Distribución das materias correspondentes aos módulos, con indicación do número de


créditos ECTS de cada una, o curso e o cuatrimestre para a súa impartición:

Créditos Curso Cuatrimestre

Módulo Ciencias Sociais e Xurídicas: A realidade educativa, social e cultural


EDUCACIÓN /
1º 1
ANTROPOLOXÍA Antropoloxía da educación 6
EDUCACIÓN /
1º 2
COMUNICACIÓN Comunicación didáctica 6
EDUCACIÓN /
1º 2
DEREITO Dereito e educación 6
EDUCACIÓN /
1º 1
ESTATÍSTICA Estatística en educación 6
EDUCACIÓN Filosofía da Educación 6 1º 2
PSICOLOXÍA Psicoloxía da Educación 6 1º 1
PSICOLOXÍA Psicoloxía Social 6 1º 2
SOCIOLOXÍA Socioloxía da educación 6 1º 1
EDUCACIÓN Teoría da Educación 6 1º 2
IDIOMA
1º 1
MODERNO Inglés / Francés 6

Módulo A profesión, ámbitos e axentes


Didáctica Xeral 6 2º 1
Educación Ambiental 6 2º 1
Historia do Pensamento Pedagóxico 6 2º 1
Educación Especial 6 2º 1
Investigación Educativa 6 2º 1
Modelos de Orientación 6 2º 2
Pedagoxía Social 6 2º 2
Tecnoloxía educativa 6 3º 1

Módulo As institucións educativas


Política e lexislación educativa 6 2º 2
Educación Comparada 6 2º 2
Modelos de organización educativa 6 2º 2
Módulo Deseño de plans, programas e metodoloxías educativas
Diagnóstico de necesidades educativas 6 3º 1
Dinámica de Grupos 6 3º 1
Planificación e xestión educativa 6 3º 2
Economía da Educación 6 4º 1
Avaliación de Plans e Programas Educativos 6 4º 1

MENCIÓN INNOVACIÓN EDUCATIVA


E-learning 6 3º 1
Deseño de Materiais Didácticos 6 3º 2
Innovación no curriculum educativo 6 3º 2
Técnicas de educación creativa 6 4º 1
Educación e perspectiva de xénero 6 4º 1
Educación Intercultural 6 4º 1

MENCIÓN FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL


Pedagoxía Laboral 6 3º 1
Orientación para a carreira profesional 6 3º 2
Formación e Recursos Humanos 6 3º 2
Formación e desenvolvemento profesional do
4º 1
profesorado 6
Formación e Orientación nas organizacións
4º 1
laborais 6
Mediación e servizos comunitarios 6 4º 1

MENCIÓN AVALIACIÓN EDUCATIVA


Instrumentos de Medida en educación 6 3º 1
Análise de datos na investigación educativa 6 3º 2
Dificultades de Aprendizaxe 6 3º 2
Avaliación do sistema educativo 6 4º 1
Avaliación de espazos e aulas virtuais 6 4º 1
Análise da comunicación didáctica 6 4º 1

Módulo: Proxecto Fin de Grao


Proxecto Fin de Grao en Pedagoxía 12 4º 2

Módulo: Practicum
Practicum I. Contextualización 6 3º 1
Practicum II. Deseño de Proxectos Educativos 12 3º 2
Practicum III. Perspectiva profesional en
4º 2
Pedagoxía 18

You might also like