You are on page 1of 1

PROHIBIDO FIXAR CARTEIS

Gráfico das visitas rexistradas no blog denunciado

A recentemente publicada demanda de Cores Tourís, Rosa Oubiña, Domínguez e


Aragunde está a provocar unha reacción importantísima na rede e na sociedade, e non
falo só de Cambados. Durante a fin de semana os xornais comarcais fixeronse eco da
denuncia, e publicaron artigos relacionados coas webs críticas da zona.

Onte a nova saltou aos medios galegos, trala publicación na portada de Vieiros
da demanda e noutras páxinas importantes como Chuza!. Pero é que hoxe este
debate se abriu xa a todo o Estado coa publicación no País electrónico dunha reseña
extraída da Voz de Galicia.

O libro de visitas está que arde, e o Señor X xa fixo públicas as súas impresión
acerca do tema. Algo que se agardaba con impaciencia, e máis despois de que hoxe
algún medio deixara entrever que a demanda pasara factura ao autor de
camba2.blogspot.com, xa que aínda non voltara a actualizar.

Á espera de recibir máis novas da denuncia, o debate está aberto. Hai delicto do
publicado nos blogs denunciados? Eu coido que non, xa que se se criminaliza esta
actividade, entón debería ocorrer o mesmo con revistas húmorísticas españolas, con
caricaturistas, con programas de televisión, e , sinceramente, todos sabemos separar o
que é o campo do humor co campo do serio e da política. Todos? Non, algúns
empéñanse seguido en cargar contra aqueles que disinten, con aqueles que pensan
algo diferente, porque no seu réxime non cabe a diferencia e a pluralidade.

Cambados.tk vai estar onde sempre estivo: coa verdade, coa independencia e co
activismo democrático, polo que no posíbel sumaremos forzas con todo aquel que
estea disposto a denunciar o que xa está a ser visto en todo o Estado como unha
prohibición do dereito á libre expresión.

You might also like