You are on page 1of 3

COSMOS

CARL SAGAN
Telmo Loureiro, 1º BACH A

Capítulo 1:
Os seres humanos vivimos no planeta Terra, un corpo celeste de proporcións mínimas que durante
moito tempo foi o centro do noso mundo, significándoo todo para nós en canto á existencia, xa que
non imaxinabamos que podía haber algo máis alá del. En realidade a Terra é un simple planeta
rochoso que forma parte do Sistema Solar, en cuxo centro está a estrela máis cercana a nós: o Sol;
este Sistema Solar atópase nun dos brazos dunha galaxia en espiral chamada Vía Láctea, que xunto
con outras galaxias forman o denominado Grupo Local.
Para medir as distancias entre estas estruturas as unidades de medida como metros ou quilómetros
son demasiado pequenas, polo que necesitamos empregar outras coma o ano luz (9.46 × 10¹² km). E
aínda esta unidade é insuficiente para medir o tamaño do universo, xa que o seu diámetro é de
93,016 miles de millóns de años luz; isto significarían xeracións e xeracións para recorrer toda esta
distancia, e nin sequera temos aínda a tecnoloxía necesaria. Ademais, en todo o Cosmos, non hai
mostras de vida intelixente aparte dos habitantes do noso planeta, o que deixa á humanidade nunha
situación de soidade, xa que de momento somos os únicos que poderían chegar a ser capaces de
coñecer máis o universo. Sen embargo, aínda que as probabilidades sexan moi baixas xa só de
atopar unha galaxia (a maioría do que hai no universo non é máis que baleiro), non é imposible a
existencia doutras civilizacións avanzadas coma os seres humanos que tamén se sumen á
exploración do universo, seres que Sagan denomina "irmáns do Cosmos".
Se volvemos ó noso planeta, podemos averiguar que a intención de explorar o espazo exterior e
coñecer todo este universo superior ó coñecido existe dende a Idade Antiga: xa o filósofo grego
Eratóstenes pretendía descubrir como era posible que, sendo a Terra plana, os raios do Sol xerasen
sombra nuns puntos mentres que noutros non. Cun contacto en Asúan para comprobar que os raios
do sol ó mediodía no solsticio de verán non xeran sombras nas paredes dun pozo e estando el en
Alexandría vendo que si se xeraban sombras, determinou cal era o ángulo resultante con respecto a
un posible núcleo da Terra, que eran aproximadamente 7º; a partir de ahí, e sabendo que a distancia
entre Alexandría e Asuán son 800km, só tivo que multiplicalo por 360/7 para saber cal era o
perímetro da circunferencia da Terra: uns 40000km. Foron estes cálculos de Eratóstenes os que
revelaron a idea de que se podía chegar ás Indias atravesando o mar e que, séculos máis tarde,
tomaría Cristóbal Colón, aínda que con erros de cálculo, para chegar a América. Mais en Alexandría
non só destacou Eratóstenes, xa que Alexandre Magno quería facer da cidade a capital territorial, da
economía e da sabedoría de todo o que se coñecía nese momento, polo que fixo construír a maior
biblioteca da época, a biblioteca de Alexandría; alí educáronse eruditos coma Hiparco, Euclides,
Dionisio, Herófilo ou da gran matemática e astrónoma Hipatia. Desafortunadamente, apenas
conservamos os textos da biblioteca, mais si os legados dos diferentes pensadores, e continuamos
traballando sobre eles para descubrir o máximo posible sobre o mundo que nos rodea, do mesmo
xeito que facían eles pero coa diferenza de que nós o facemos a unha moito maior escala: coñecer
na súa totalidade o universo, e con el as nosas orixes, pois nos procedemos directamente do
Cosmos.
Capítulo 7:
As estrelas son soles poderosos a anos luz de distancia na vastitude do espacio interestelar. Esa é a
conclusión á que se chegou despois dos miles de anos que leva vivindo o ser humano na Terra. O
descubrimento foi bastante e recente tardío pois, como di Carl Sagan, púidose ter levado a cabo nos
tempos de Cristo. Pero por que levou tanto tempo? Para sabelo, debemos coñecer as circuntancias
que rodeaban a astronomía nesa época.
A orixe de todas as ciencias tivo lugar en Jonia, uns 400 anos antes de nosa era. Non puido ter tido
lugar noutra das grandes civilacións da época, xa que había certos factores que o impedían. Os
pobos de Sudamérica, China, Exipto, Grecia ou mesmo a India tiñan culturas moi avanzadas, mais
certos aspectos desas culturas, como a concepción do mundo ou costumes, eran tan homoxéneos
que non causou unha cuestión sobre a orixe das cousas sen incluír aos deuses. Mentres tanto, en
Jonia, un estado formado por illas con tradicións moi diferentes en cada unha, levouse a cabo unha
revolución que tivo como obxectivo xustificar os procesos da natureza sen intervención divina, xa
que se un dos deuses dun pobo fixo o mesmo que o doutro, un destes (ou ambos) podía ser unha
invención. Ademais, outro dos factores da auxe das ciencias en Jonia foi que os seus eruditos eran
descendentes de mariñeiros, polo que non lles supoñía reparo algún poñerse a traballar para
demostrar as súas ideas. O primeiro científico jonio foi Tales de Mileto, quen foi capaz de
demostrar, entre outras cousas, como medir unha construción a partir da lonxitude da súa sombra e
o ángulo do sol no horizonte ou que os dous ángulos da base dun triángulo isóscele son iguais.
Outro xenio a destacar foi compatriota e amigo de Tales, Anaximandro de Mileto. Foi o autor do
primeiro reloxo solar ou un mapa do mundo en Grecia, e cría que o Sol e as estrelas eran bólas de
lume que se podían ver a través dunha cúpula no ceo e que estaban equidistantes da Terra, que se
situaba no centro do universo. Aínda que a súa teoría foi desmentida, puxo as bases para desvincular
os deuses dos corpos celestes, mais non durou demasiado. Anaximandro foi acollido polo tirano
Polícrates, quen expandiu a cultura polas súas novas conquistas e iniciou o que sería a eclipse da
ciencia durante séculos, polo que outros científicos apareceron anos mais tarde e comezaron a
concluír en colectividade en teorías como a da evolución de Darwin (apoiada por Anaximandro,
xunto con Empédocles ou Demócrito). O último deste grupo de 3, Demócrito, tiña a teoría de que o
universo estaba dividido en mundos, e que eses mundos colisionaban, ou viaxaban sós no espazo,
ou que ían acompañados de sol e lúas (como o noso planeta); foi o inventor da palabra “átomo” e
explicou que había elementos na natureza dos que estábamos formados e que non se podían facer
máis pequenos e tamén postulou que o brillo da lúa era debido á luz emanada do Sol, que, igual ca
outro posterior a el, Anaxágoras, era unha bóla de lume.
Estas crenzas tiñan certa controversia na Grecia clásica, xa que nunca perseguiron nin ameazaron a
Demócrito, mais en séculos posteriores, cos filósofos Platón e Aristóteles, consolidouse a idea de
que o Sol e a Lúa eran deuses e estaba prohibido atentar contra a autoridade dos deuses. 300 anos
despois de Pitágoras, un dos últimos científicos jonios, apareceu Aristarco de Samos, quen fundou
as bases da teoría heliocentrista de Copérnico, postulada 1800 anos despois, xa que dicía que a
Terra era un planeta que non estaba no centro do universo e que as estrelas eran soles en miniatura,
entre outros aspectos que coinciden co científico moderno, pero sen influencia na xente ata que este
último a enunciou.
A conclusión deste capítulo é que os seres humanos levamos moito tempo descoñecendo a
realidade do universo, dende os tempos de Aristarco ata Copérnico, mais agora por fin o sabemos e
evolucionamos a pasos axigantados para somerxirnos de cheo no espazo e coñecer os maiores
secretos do Cosmos.
Capítulo 13:
Como xa se mencionou nos resumos anteriores e se fai referencia en toda a obra de Carl Sagan, os
seres humanos vimos do Cosmos e estamos dispostos a coñecer todos os secretos do universo. Mais
a pregunta de maior importancia é: está preparado o ser humano para explorar o espazo exterior sen
autodestruírse? O estudo do universo require que o ser humano se decate dos seus erros e loite por
corrixilos, mais polo que temos visto da historia da humanidade, semella imposible. Os seres
humanos apenas levamos 600000 anos vivindo no noso planeta e en tan escaso tempo xa
provocamos a extinción de numerosas especies, contaminamos o noso medio e acabamos coas
nosas propias vidas debido ó egoísmo das nacións. Estas nacións son incapaces de se por no lugar
das persoas ou do propio planeta, e están condenadas a perecer. O mellor exemplo é o século
pasado, no cal tivemos dúas guerras a nivel mundial seguidas da Guerra Fría entre as dúas maiores
potencias militares: Estados Unidos e a Unión Soviética. A cantidade de diñeiro invertida nesta
última guerra foi descomunal, mais foi compatible cunha primeira carreira espacial de ambos países
(por suposto, con fins militares nun principio), mais existen reportes de que na Unión Soviética era
imposible unha vida sinxela e sen riscos para a poboación. Tamén sucedeu o mesmo na Alemania da
2ª Guerra Mundial, xa que as condicións dos proletarios non foron as mellores. Ademáis da mala
condición de vida da xente, existe outro motivo polo que a vida na Terra non ten probabilidades de
proliferar son, como se mencionou, as guerras. Existe unha gráfica denominada gráfica de
Richardson onde se amosa como por cada guerra unha variable M (á que é proporcional o número
de mortos) aumentaba paulatinamente ata a invención da bomba atómica e a orixe das guerras
nucleares, grazas ás cales o máis probable é que só lle queden 100 anos de vida á humanidade,
cando antes se estimaban uns 1000. A única esperanza da humanidade é deixar a un lado as súas
diferenzas e levar a cabo a función que se lle pediu hai xeracións e dende o seu nacemento:
proliferar. Para a proliferación da nosa especie é necesario sobrevivir ó universo, e para sobrevivir ó
universo hai que sobrevivir ó noso planeta, e para sobrevivir ó noso planeta debemos sobrevivir a
nós mesmos. E cal é a mellor forma de sobrevivir a nós mesmos? Segundo Carl Sagan, James W.
Presscot afirma que os seres animais son máis violentos cando se lles reprime a actividade sexual, e
o mesmo pode xeralizarse ós seres humanos (animais máis complexos) con outros aspectos, polo
que unha solución á violencia e ás guerras pode ser unha conduta máis permisiva por parte dos pais
á hora de criar ós seus fillos, o que reduciría as posibilidades da fin da humanidade en cen anos a un
dous por cento, mais a posibilidade de que iso suceda é de 125000 contra unha.
A solución ó outro inconvinte sería unha revolución na economía e eliminar certos elementos
daninos para os seres humanos, como as armas, e potenciar a financiación ós científicos para
axilizar as súas investigacións.
Por suposto, todo isto está por ver, como di Carl Sagan, quen deposita confianza en que o ser
humano, como exemplo da evolución que é, demostre que merece sobrevivir e por fin priorice o que
é importante e non as disputas, para que algún día sexamos parte do Cosmos e falemos en nome da
Terra no universo.

You might also like