You are on page 1of 2

CONTRA A VIOLENCIA

UN CASO PARTICULAR

Dende ben cativo inculcáronme o significado dun home e o dunha muller. Nacín no
núcleo dunha familia numerosa. Éramos sete irmáns, xunto cos meus pais e avós.
De tódolos meus irmáns dúas eran mulleres, e eran elas as que se encargaban das labores
diarios dunha casa.Só elas, xunto coa miña nai, a pesares de que restabamos tamén cinco irmáns
varóns, facían todo o traballo; pois lavar, cociñar, limpar, coser etc...non era traballo de homes
porque así seriamos considerados menos..,máis brandos..,mariqueiros e iso non estaba ben visto
socialmente. Acórdome que isto mesmo mo dicía miña nai (-neno, non fagas iso que é traballo
de mulleres...).
Considero así que a muller, neste caso a miña nai, era a primeira en ensinarme a
desprezar a unha muller. Nestes casos, tamén elas son culpables do machismo.
A miña educación era machista e naceu na miña casa, logo a sociedade empuxábame a seguir o
mesmo patrón.
Unha muller era mala se:
- frecuentaba os bares.
- fumaba.
- non atendía as labores todos dunha casa.
-se ía soa nun coche cun home.
-se se vestía algo escotada ou a súa saia non lle tapaba os xeonllos.
-se lle respondía a un home con ton máis alto, aínda que a ela si se lle podía levantar a
voz,etc...
Máis tarde caseime,crin que atopara a muller axeitada, que me quería, e iso tamén quería
dicir; que me planchase ben as camisas,que cociñase para a hora en punto e me tivese o baño e
as zapatillas listas para cando chegase, que se encargase dos meus fillos,etc... e que nunca
protestara.
Nunca me preguntei se estaría cansa ó final do día, nin se podería axudala en algo, nunca lle
dixen o boa que estaba a comida, nunca cociñei para ela. Non lle preguntei se algunha vez tiña
problemas, ou algunha opinión sobre algo en común.
Só contaba eu, só opinaba eu, só eu estaba canso, só eu necesitaba axuda....
Só eu levaba os cartos,e só eu os empregaba,pois iso non era tarefa de mulleres.
Mais estaba confundido, non sabía como actuar, pois só sabía o que me ensinaron e nunca me
puxen na pel dunha muller.
Estiven cego durante moito tempo, equivocado e confuso, porque todo estaba a cambiar.
A sociedade estaba a cambiar, a muller quería ser tratada doutra maneira, quería ser valorada e
que houbese unha igualdade.
Eu xa non sabía actuar doutra maneira, tíñao nas veas e con este cambio houbo máis
enfrontamento na parella, pois ela quería o seu posto e eu quería seguir mandando.
Ata que me vin só, sen os fillos, sen parella, e case sen amigos pois perdera o control de
todo, volvinme frío,cheo de odio e malo. Estaba cheo de veleno.
Estiven só durante moito tempo e case non falaba con ninguén, tiña vergoña de min e non era
por ser malo senón por non poder seguir levando o mando e ser admirado ou sentirme
admirado.
De súpeto un día (ollando os demais) dinme conta, de que se dás recibes, se amas es
amado, se respectas es respectado.-Meu Deus! Por que non me din conta antes?.
Estaba cego e non souben escoitar, nin puiden saber o fermoso que era compartir.
Nin tampouco me parei a entender, a axudar, a respectar, a querer, a AMAR. Perdín todo por
non darme conta antes.

AMIGO, sae da gaiola: non te deixes confundir.

AMANDO a muller, AMASTE a ti.

You might also like