You are on page 1of 12

Tema 6:A CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS

1. COMO SE CLASIFICAN OS SERES VIVOS


1.1. Os sistemas de clasificación
A clasificación é o proceso de formación de grupos de organismos por características afíns. A
rama da bioloxía que se encarga da clasificación e a denominación dos seres vivos é a
sistemática. Dentro da sistemática inclúense dúas ciencias: a taxonomía e a nomenclatura.
Taxonomía é a parte da sistemática que se encarga de buscar as afinidades e diferenzas
entre os seres vivos para clasificalos, isto é, para incluilos nun grupo o taxón. Os taxóns ou
categorías taxonómicas son os grupos ou categorías de clasificación que establece a a
sistemática.
Nomenclatura é a parte da sistemática que se encarga de poñer nomes científicos os seres
vivos
Se diferencian dos tipos de sistemas de clasificación:
 Sistemas artificiais, utilizando criterios simples de clasificación. Exemplo tendo
presente como é a locomoción
 Sistemas naturais, clasifican os seres vivos según o seu parentesco evolutivo, é
dicir, segundo as súas relacións filoxéneticas
A filoxenia é o estudio da evolución dunha especie o dun grupo biolóxico para establecer as
relacións evolutivas das especies o de grupos de organismos
Esta relación se leva a cabo elaborando árbores filoxenéticas que son esquemas nos que se
representan as relacións de parentesco entre especies a partir dunha especie ancestral común.
Nestas árbores cada rama terminalé unha especie, as que chegan ao bordo superior son
especies actuais, as que se interrompen mais abaixo corresponden a especies extinguidas

1.2. A clasificación de Linneo


Esta clasificación parte do concepto de especie: Conxunto de seres vivos procedentes de
antecesores comúns que se parecen entre si e son capaces de reproducirse e orixinar novos
individuos tamén parecidos entre eles
Os principais taxóns según Linneo son: especie, xénero, familia, orde, clase, filo o tipo e reino

O taxón básico é a especie, un grupo de especies similares constitúe un xénero, xéneros


semellantes agrúpanse en familias, e así sucesivamente ata o nivel superior de clasificación, o
reino
Exemplos
Especie Lyns lyns Lacerta viridis Geranium robertianum
Xénero Lyns Lacerta Geranium
Familia Felidos Lacertidos Geraniaceas
Orde Carnívoros Saurios Dicotiledoneas
Clase Mamíferos Reptís Anxiospermas
Filo Vertebrados Vertebrados Espermatofitas.Fanerogamas

O nome científico
Según a proposta de Linneo (Sistema de nomenclatura binomial) para nomear unha
especie se utilizan dúas palabras latinas o latinizadas, a primeira e o xénero e vai en mayúscula
e a segunda fai referencia a especie e vai en minúscula
Exemplos: Quercus ilex, Quercus robur, Quercus fagínea, Lupinus luteos, Lupinus angustifolius,
Lepus canículus (Coello) Bos taurus (Vaca) Metilus edulis (Mexillon) Pyrus conmunis (Peral),
Salmo trutta (salmón)

1.3. A clasificación dos seres vivos


Dende os tempos de Aristóteles, os seres vivos coñecidos dividíanse en dous únicos reinos:
vexetais e animais. Pero o descubrimento das células e dos microorganismos (propiciados
principalmente pola invención do microscopio), fixo cada vez máis evidente que facía falta outra
clasificación.
Así, a finais do século XIX, o alemán Ernst Haeckel propuxo crear un terceiro reino para incluír
os microorganismos, e chamouno protistas. Haeckel observou que algúns destes protistas
carecían de núcleo (as bacterias) e denominounos moneras.

Anos despois, en 1956, H. Copeland formuló a separación das bacterias do reino protistas, e
estableceu o reino moneras.

Xa en 1969, R. Whittaker separou os fungos do reino vexetal, e creo o reino fungos. Fixou,
pois, cinco reinos: moneras (bacterias), protistas (só protozoos), fungos, animais e plantas.

Tomando como base esta clasificación, as biólogas K. Schwartz e L. Margulis (1978) separaron
as algas do reino plantas e uníronas cos protistas no reino protoctistas. Propuxeron cinco
reinos: moneras, protoctistas, fungos, animais e plantas.

ORGANIZACIÓN NÚMERO DE TIPO DE


REINO EJEMPLOS
CELULAR CÉLULAS NUTRICIÓN

Autótrofa y Bacterias y
Moneras Procarionte Unicelulares
heterótrofa Cianobacterias

Unicelulares y Autótrofa y Algas, protozoos,


Protoctistas Eucarionte
pluricelulares heterótrofa mixomicetos

Hongos o Eucarionte, con Unicelulares y Setas, mohos,


Heterótrofa
Fungi pared celular pluricelulares líquenes

Musgos,
Plantas o Eucarionte, con helechos,
Pluricelulares Autótrofa
Metafitos pared celular gimnospermas y
angiospermas
Animales con o
Animales o
Eucarionte Pluricelulares Heterótrofa sin columna
Metazoos
vertebral
2. AS MONERAS
2.1. As características xerais
Organismos microscópicos, procariotas, unicelulares ( poden formar colonias o estructuras
filamentosas), distribuidos por todolos medios se atopan nas augas dulce,saladas, no xeo, aire,
liquidos como por exemplo leite, no exterior e interior dos seres vivos e mortos e hasta 5 m de
profundidade na Terra.
Son inmóviles o poden ter un movemento natatorio mediante flaxelos
Se reproducen asexualmente por bipartición ainda que poden reproducirse de forma sexual
especial. Coma a conxugación mediante a cal dúas células intercambian fragmentos de ADN a
través dunha estructura tubular denominada pili.

2.2. Clasificación
2.2.1. Eubacterias
Agrupan unhas 1600 especies, sendo o grupo de procariotas mais coñecido e mais estudado.
Se as relaciona coas enfermidades pero non todas as bacterias son patóxenas e non sempre as
enfermidades as provocan as bacterias.
Clasificación das Eubacterias
Eubacterias Gram positivas Presentan especies patóxenas
Eubacterias Gram negativas.- Presentan especies patóxenas
Eubacterias sin parede celular (micoplasmas)
Eubacterias autótrofas
Eubacterias fotosintéticas. Levan bacterioclorofila
Eubacterias quimiosintéticas
Eubacterias heterótrofas.- As mais importantes son as saprofitas responsables das
fermentacións e putrefaccións.
Moitas eubacterias sobre todo as Gram + aerobias o anaerobias forman endosporas que son
formas ovais ou esféricas que se orixinan no seu interior como respostas a condicións adversas
unha vez liberadas por rotura da bacterias comportanse como formas de resistencia (células
latentes)
As endosporas son resistentes a temperaturas elevadas (80º C) a sequidade, as radiacións, a
axentes químicos
As bacterias formadoras de endosporas viven habitualmente no solo, moitas delas son
patóxenas debido a que liberan toxinas.
Exemplos: ántrax (Bacillus anthracis) tétano (Clostridium tetani) botulismo (Clostridium
botilium)

2.2.2. Arqueobacterias
Son os organismos dominantes da primitiva atmósfera. Presentan parede celular de diversos
tipos pero diferente a do grupo das eubacterias. Según a función que desenvolven se
diferencian:
 Metanóxenas.- Reducen el CO2 e o transforman en CH4 (Gas dos pantanos)
 Halófilas.- Viven en lugares salinas a os que dan unha cor vermella debido a presencia
destes microorganismos
 Termoacidófilas Presentes nas augas termais ácidas. Soportan temperaturas de 90º C e
pH inferiores a 2

3. OS PROTOCTISTAS
3.1. As características xerais
Microorganismos unicelulares eucariotas, filamentosos ou coloniales. Teñen cilios, flaxelos ou
peudópodos que lles permiten desplazarse. Autótrofos ou heterótrofos. Viven nas augas ou
medios humidos. Algunhas especies viven no interior de plantas ou animais como simbiontes,
comensáis ou parásitos.
Reproducción asexual o sexual a veces con ciclos vitais complexos
3.2. Clasificación
3.2.1. Protozoos
Heterótrofos viven nas augas e en ambentes húmidos. Poden ser simbiontes, comensáis,
parásitos.
Principais grupos de protozoos
 Flaxelados.- Tripanosoma gambiense (enfermidade do sono)
 Ciliados.- Vida libre de augas doces mariñas. Paramecium
 Rizópodos.- Son as amebas. Unha parasita o home Entamoeba histiolytica que
produce a disentería
 Esporozoos.- Parásitos de animais superiores. Plasmodium parasita o home e le
produce o paludismo

3.2.2. Algas
Son protoctista unicelulares e pluricelulares, as células en xeral teñen parede celular. Son
autótrofos fotosintéticos, teñen clorofila e en moitos casos ademais teñen outros pigmentos que
poden enmascarar á clorofila. Viven na auga (doce e salgada) ou nun medio húmido. Algunhas
son microscópicas, pero outras poden alcanzar un gran tamaño. As formas microscópicas viven
flotando na auga e constitúen o fitoplancto.
Diferencianse varios grupos:
 Algas microscópicas.- Comprenden os dinoflaxelados o pirrofitoos, os crisofitos, as
euglenofitoso, os bacilariofitos au diatomeas e as conxugadas
 Algas macroscópicas.- comprenden os grupos: os clorofitos ou algas verdes, os
feofitos ou algas pardas e os rodofitos ou algas vermellas

A. Algas microscópicas
 Dinoflaxeladas ou pirrofitos.-Son unicelulares, mariñas. Tienen clorofila e
carotenoides. La pared ceular esta formada por celulosa. Algunha producen
toxinas que se acumulan en peixes e invertebrados como por exemplo nos
mexillóns e provocan as mareas vermellas
 Euglenofitas.- Euglenas, son microorganismos flaxelados que se atopan nas
augas estancadas. Teñen clorofila e carotenoides
 Diatomeas.- Unicelulares cubertas dunha cuncha silícea de dúas valvas
encaixadas unha en outra. Forman unha parte importantge do plancton marino
e de augas doces. As súas cunchas constituen a terra de diatomeas
 Algas conxugadas o gamofitos.- Formas filamentosas presentes nas augas
doces de cor verde debido a presencia de cloroplastos.

B. Algas macroscópicas
 Algas verdes.- Unicelulares ou pluricelulares. A parede celular está
constituida por celulosa. Con clorofila nos cloroplastos.marinas e de augas
doces. Exemplo: leituga de mar
 Algas pardas.- Unicelulares e pluricelulares.Mariñas, con clorofila e un
pigmento pardo (fucoxantina). Pode alcanzar grandes tamañosMoitas
especies teñen interese alimentario e industrial de su paredeextaese o ácido
alxínico , que se utiliza como xelificantes, emulxentes, espesantes, etc.
Constitúen aditivos naturais. Exemplos. Fucus, Laminaria
 Algas vermellas.- Unicelulares e pluricelulares, a parede celular pode estar
recuberta de carbonato cálcico.Mariñas teñen un pigmento vermello
(ficoeritrina) o un pigmento azul (ficocianina) ademais da clorofila.
Importantes como alimento e na industria. Destas algas se extrae o agar de
aplicacións no laboratori como medio de cultivo e tamen é un aditivo
alimentario (espesante e estabilizante)

3.2.3. Fungos inferiores


Protoctistas microscópicos que teñen aspecto fúnxicos. Son heterotrofos que viven en
lugares húmidos, algúns son parásitos. Comprenden dous grupos: os mixomicetos
tamén chamados mofos ameboides ou mofos mucilaxinosos, e os oomicetos que
comprenden os mofos acuáticos
 Os mixomicetos, ou mofos mucilaxinosos, son unicelulares, móbiles, de forma
ameboide, sen paredes celulares e con varios núcleos no seu interior (organización
celular de tipo plasmodio). Son saprofitos e viven na auga, en chans húmidos ou sobre
madeiros en descomposición.

 Os oomicetos teñen unha estrutura corporal chamada micelio, formada por grupos de
filamentos ou hifas (células plurinucleadas xigantes). Esta estrutura é similar á dos
fungos, dos que difiren en que as súas paredes celulares teñen celulosa en vez de
quitina. Hainos saprofitos e parasitos de plantas e animais, como Phytophtora (da
pataca), Saprolegnia (dos peixes), Plasmopara (mildiu da vide), etc.

4. OS FUNGOS
4.1. Características xerais
Hainos unicelulares, como os fermentos, aínda que a maior parte son pluricelulares con
organización de tipo talo (sen tecidos).

Nos talos dos fungos, chamados micelios, as células dispóñense formando filamentos sinxelos
ou ramificados, chamados hifas. As hifas poden ser tabicadas (se as súas células están
separadas por tabiques transversais ou septos) e cenocíticas (se non teñen septos e parecen
unha única célula xigante multinucleada).

O tipo de reprodución máis frecuente nos fungos é asexual, ben por xemación (en fermentos),
ben por fragmentación e rexeneración das hifas, ben mediante conidios, unhas esporas
asexuais que se forman por mitose en esporangios, chamados conidióforos, que xorden en
hifas aéreas.

Tamén teñen reprodución sexual. Para iso prodúcese unha fusión de células ou de hifas de
individuos diferentes. Entón, fórmase un cigoto, que crece e produce uns esporangios nos que,
por meiose, aparecen esporas sexuais. Nalgúns fungos, estes esporangios sexuais atópanse
nuns corpos frutíferos de aspecto diverso, chamados carpóforos, que se forman a partir do
micelio e que están constituídos por hifas entrecruzadas e moi apertadas; os coñecidos
cogomelos son carpóforos.

Sexan do tipo que sexan, as esporas son células que adoitan estar rodeadas por cubertas
resistentes. Cando se liberan, son diseminadas polo vento, a auga, etc. Se caen en lugares
axeitados, xerminan e orixinan un novo micelio.

Os fungos son organismos heterótrofos que segregan encimas dixestivas sobre o alimento e,
despois, absorben os nutrientes a través da parede e da membrana plasmática.

En función de como obteñan os seus


alimentos, hainos de tres tipos:

 Saprofitos.
Aliméntanse da materia orgánica morta
sobre a que viven (restos de animais ou
de vexetais). Cumpren un importante
papel ecolóxico como
descompoñedores.

 Simbiontes.
Toman nutrientes doutros seres, cos
que se asocian e aos que, á súa vez,
benefician.
 Parasitos.
Rouban nutrientes orgánicos a outros organismos, sobre os que viven e aos que ocasionan
trastornos.

4.2. Clasificación

4.2.1. Zigomicetos
Teñen hifas cenocíticas. Producen tanto esporas asexuais (conidios) como sexuais
(zigoesporas). Moitos son saprofitos, e algúns, parasitos. O fío inclúe algúns dos mofos mais
coñecidos, como Mucor, Rhizopus, etc.

4.2.2. Ascomicetos
Teñen hifas tabicadas. Producen tanto esporas asexuais (conidios) como sexuais (ascosporas),
estas últimas no interior dun esporangio chamado asca. Comprende especies unicelulares,
como os fermentos (como o xénero Sacharomyces, de utilidade industrial na fabricación do
pan, a cervexa ou o viño); formas parasitas, como o cornezuelo do centeo (Claviceps
purpurea); e simbiontes con corpos frutíferos comestibles, como as trufas, que forman
asociacións (micorrizas) coas raíces dalgunhas árbores.

4.2.3. Basidiomicetos
Teñen hifas tabicadas. Producen esporas sexuais ou basidiosporas no exterior dos
esporangios, chamados basidios, que se forman en corpos frutíferos. O grupo inclúe especies
parasitas de plantas (como as verdes e tizóns) e saprofitos ou simbiontes, como moitos
cogomelos.

4.2.4. Deuteromicetos
Teñen hifas tabicadas. Só teñen reprodución asexual mediante conidios. Inclúe mofos
saprofitos, como Penicillium (que produce antibióticos), e especies parasitas do ser humano,
como Aspergillus (que causa unha afección pulmonar chamada asperxilose) ou Candida
(que ocasionan infeccións vaxinais).

4.2.5. Micomicetos (liques)


Son ascomicetos ou basidiomicetos que só viven en asociacións simbióticas con algas
clorofitas ou cianobacterias (o organismo fotoautótrofo achega os produtos da fotosíntese,
mentres que o fungo proporciona auga e minerais). Reprodúcense asexualmente por
fragmentación: o lique libera pequenos fragmentos do seu talo (soredios), que transporta o
vento. Sexualmente, forman ascas ou basidios en corpos frutíferos con forma de copa
(apotecios).
Morfoloxicamente e segundo ou modo de fixarse ao substrato distínguense tres tipos de
líquenes: fruticulosos, foliosos e crustáceos.

 Fruticulosos. Teñen un talo erecto ou colgante-arborescente, que unicamente está


suxeito ao substrato por un punto.

 Foliosos. O talo presenta crecemento horizontal, é lobulado, en forma de follas ou


láminas. Fíxanse ao substrato por numerosas ricinas.

 Crustáceos. O talo está incluído non substrato, do que non se pode separar sen
rompelo.

5. AS PLANTAS
5.1. Características xerais
As plantas son organismos eucarióticas, pluricelulares, fotoautótrofos, cun ciclo vital
diplohaplonte e, xeralmente, adaptados ao medio terrestre. Coa excepción dos briofitos (que
teñen unha organización corporal de tipo talo), as plantas teñen unha estrutura corporal de tipo
cormo, é dicir, as súas células diferenciáronse e forman tecidos, que á súa vez constitúen
órganos especializados (raíz, talo, follas...).
As plantas viven fixas a un substrato (ningunha presenta mecanismos de locomoción), do que
obteñen auga e minerais. En canto ao osíxeno e o CO 2 que requiren, tómanos do aire. Estas e
outras circunstancias fan das plantas uns organismos ben adaptados ao medio terrestre, aínda
que as máis primitivas (os briofitos e os pteridofitos) aínda dependen da auga para a
reprodución, e outras se readaptaron ao medio acuático (como os nenúfares, abundantes nas
augas doce, ou a Posidonia, que habita o fondo do Mediterráneo).

As plantas apareceron na Terra hai uns 500 millóns de anos. Crese que as primeiras foron o
resultado da evolución dalgún grupo de algas verdes propias de zonas que quedaban emerxidas
durante longos períodos, que desenvolveron diversos mecanismos para adaptarse ao medio
terrestre.

Esta hipótese a vai reforzada polo feito de que as algas verdes actuais e as plantas comparten
varias características:
 Teñen os mesmos pigmentos fotosintéticos nos cloroplastos das súas células (clorofilas a e
b, e carotenoides).
 Almacenan amidón como polisacárido de reserva.
 As súas paredes son basicamente celulósicas.
 Realizan a citocinesis posmitótica formando un tabique (fragmoplasto) que divide en dúas
partes o citoplasma.

O medio terrestre formula dificultades para a vida, que as plantas resolveron:


 A sequidade. En contacto co aire, a auga tende a evaporarse, de maneira que os
organismos se desecan. Para evitalo, as plantas teñen unha superficie impermeable e un
sistema de regulación da transpiración. Ademais, desenvolveron estruturas que lles permiten
tomar auga do substrato no que viven.

 A gravidade. A auga facilita que os organismos se manteñan "ergueitos"; pero, no medio


terrestre, os seres vivos necesitan contar con mecanismos para soster as súas estruturas a
medida que crecen. As plantas teñen tecidos de soporte endurecidos que lles permiten
alcanzar gran tamaño.

5.2. Clasificación das plantas


5.2.1. Plantas non vaculares
 Filo briofitos
Os briofitos (mofos e hepáticas) son plantas moi primitivas, non vasculares, adaptadas ao
medio terrestre, pero aínda dependentes da auga para a súa reprodución, polo que,
maioritariamente, son propias de ambientes húmidos.

O esporofito vive a expensas do gametofito, que é a fase dominante, e ten unha organización
corporal de tipo talo, sen tecidos nin órganos especializados; os máis evolucionados, como o
mofo, presentan estruturas semellantes a raíces (rizoides), a talos (cauloides) ou a follas
(filoides).

5.2.2. Plantas vasculares


 Filo Licopodófitos
Son as plantas vaculares mais antigas. Na actualidade a maioria das especies deste filo son
fósiles.
 Filo Esfenófitos
Son os equisetos (cola de caballo) plantas herbáceas de zonas húmidas e augas poco
profundas. As plantas actuais deste filo pertenecen o xénero Equisetum
 Filo Pteridófitos
Son os feitos, plantas herbáceas, perennes que habitan en lugares frescos e húmidos. A
planta desenvolvida (Esporofito) está formada por raiz, talo e frondes que no seu envés
presenta os soros (agrupamento de esporanxiós). O gametofito esta reducido a un
pequeño prótalo
A reproducción é por alternancia de xeracións
5.2.3. Plantas vasculares con sementes
Plantas vasculares con sementes, chamadas espermafitas. Caracterízanse por formar sementes
como estruturas de dispersión. A semente constitúe un importante avance evolutivo para as
plantas, pois contén substancias nutritivas e un embrión con esbozos de raíz, talo e follas, polo
que as posibilidades de chegar a planta adulta son maiores que coas esporas
As espermafitas clasifícanse en dous grandes grupos:
 Ximnospermas. Plantas leñosas de gran talla, con sementes nuas e órganos sexuais
agrupados en flores que non presentan nin cáliz nin corola. Carecen de froitos. Exemplo
pinaceas (piñeiros e abetos) cupresáceas (cipréses, xenebreiros) e o Ginkgo biloba, fósil
vivente, orixinario de Asia.
 Anxiospermas. Plantas con sementes protexidas nun froito. Posúen flores completas
que albergan aos órganos sexuais. Segundo o número de cotiledóns da semente poden
ser:
o Monocotiledóneas. Cun só cotiledón, raíz fasciculada, follas alongadas e
número de pezas florais múltiplo de tres. Por exemplo as gramíneas ( arroz,
cebada, millo, trigo, etc.)
o Dicotiledóneas. Con dous cotiledóns, unha raíz principal, follas de forma
variada e número de pezas florais múltiplo de catro ou cinco. Por exemplo, o
tomiño, a roseira, o carballo, o trevo, a margarida, etc.

6. OS ANIMAIS
6.1. Características xerais
Os animais, tamén chamados metazoos, son organismos eucarióticas, heterótrofos e
pluricelulares, as células da cal carecen de plastos e de parede. Como todos os seres vivos,
realizan as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.

Nutrición. A maior parte dos animais dixire o alimento nunha cavidade interna, que pode ter
unha soa abertura, ou ser tubular con dúas aberturas (boca e ano). Os excedentes nutricionales
son almacenados como reserva enerxética en forma de graxa ou de glicóxeno.

Relación. Todos os animais levan a cabo algún tipo de locomoción, polo menos nalgunha
etapa do seu ciclo biolóxico. A súa función principal é a busca do alimento, aínda que tamén a
reprodución ou a defensa. A mobilidade implica o desenvolvemento de estruturas musculares e
nerviosas.

Reprodución. A maioría dos animais son diploides. Algúns teñen reprodución asexual e todos
teñen reprodución sexual. Hainos dioicos, e monoicos ou hermafroditas. En canto á
fecundación, nalgúns é externa e noutros é interna.

6.2. Clasificación dos animais


SUBREINO FILOS
Placozoos
Parazoos
Poríferos

Diblásticos con simetría radial Cnidarios


Acelomados Platelmintos
Seudocelomados Nematodos
Eumetazoos Moluscos
Triblásticos con
Anélidos
simetría bilateral
Celomados Artrópodos
Equinodermos
Cordados

Durante o desenvolvemento embrionario, as células do embrión forman dúas capas: o mesoderma e o


ectodermo. Os animais que se desenvolven a partir destas dúas capas denomínanse diblásticos.
Reciben o nome de triblásticos os animais que desenvolven unha terceira capa, o mesoderma, entre o
endoderma e o ectodermo.

A presenza ou a ausencia dunha cavidade interna durante o desenvolvemento embrionario determina


tres tipos de animais: os celomados, os seudocelomados e os acelomados

 Celomados.
No seo do mesoderma fórmase unha cavidade chea de líquido, o celoma, que despois
dará lugar á cavidade xeral do corpo. Nela dispóñense a maioría dos órganos do animal.

 Seudocelomados.
Desenvolven unha cavidade (chamada seudoceloma) entre o endoderma e o mesoderma.

 Acelomados.
Carecen de cavidade corporal; o seu mesoderma é macizo.

Clasificación dos cordados

SUBFILO SUPERCLASE CLASE ORDEN


UROCORDADOS

CEFALOCORDADOS
AGNATOS
CONDRICTIOS
OSTEICTIOS
ANFIBIOS
VERTEBRADOS REPTILES
GNATOSTOMADOS
AVES
MONOTREMAS
MAMÍFEROS MARSUPIALES
PLACENTARIOS
Animales sin esqueleto Animales con esqueleto externo

Animales con esqueleto interno


Os principais filos de eumetazoos

FILO CLASE EXEMPLOS

Poríferos ou esponxiarios Esponxas


Hidrozoos Hidras e Medusas
INVERTEBRADOS

Cnidarios o Celentereos Escifozoos Medusas


Antozoos Corais e madréporas
C Platelmintos Vermes planos parásitos
L Nematodos Vermes cilíndricos
A Poliquetos Vermes mariñós
S Oliquetos Miñocas
I Anélidos
Hirudineos Sanguijuelas
F Poliplacóforos Quitóns
I Escafopodos Colmillos de mar
C Gasterópodos Caracois
Moluscos
A Bivalvos Mexillón, ameixas
C Cefalópodos Sepias, polbo
I
O Crustáceos Centolo, percebe, nécora
N Insectos Bolboretas, mosca

Artrópodos Arácnidos Arañas, escorpión


D Miriapodos Milpés, cempés
O
Asteroideos Estrelas de mar
S
Equinodideos Ourizos de mar

A Equinodermos Ofiuroideos Ofiuras

N Holoturoideos Holoturias
I Crinoideos Lirios de mar
M
CORDADOS
A
I  Urocordados Ascidias e salpas
S
VERTEBARADOS

 Cefalocordados Anfioxo (pez lanceta)


Ciclostomos Lamprea
Condrictios Raia, torpedo, peixe serra
Osteictios Troita, sardina
Anfibios Ras, sapos
 Vertebrados
Reptiles Serpes lagartos, tortuga
Aves Pasaros

Mamíferos Can, vaca, cabalo, home

You might also like