Professional Documents
Culture Documents
1
ORDENADORES
• O tempo máximo de uso dos ordenadores é de 10', sempre que haxa
outros usuarios agardando.
• Para usar os ordenadores débese agardar a quenda, solicitándoa antes
ao profesorado de garda.
• En cada ordenador debe haber un máximo de dúas persoas.
• Os ordenadores deben utilizarse para obxectivos didácticos.
• Prohíbese o uso dos ordenadores para actividades alleas ao ensino
(tuenti, chats, etc.).
o Acceso a páxinas de contido violento, pornográfico, racista, etc.
o Uso e instalación de programas e aplicacións que non sexan de Internet.
o Cambio de iconas, pantallas, etc.
o Gravación de arquivos no disco duro.
o Participación en Chat ou en redes sociais (Tuenti) sen finalidade
educativa.
o Descargar ou acceder a xogos non didácticos.
• Para imprimir un documento debe autorizalo un profesor.
• Cando termine a sesión débense pechar todas as fiestras abertas no
escritorio.
• No caso de incumprimento dalgunha das normas de uso o alumno/a non
poderá volver a utilizar os ordenadores da biblioteca.
PRÉSTAMOS
• Os libros de referencia (dicionarios, enciclopedias, atlas, etc.), os xornais
e as revistas non se prestan. Úsanse na Biblioteca ou na aula (previo rexistro
do profesor despois de ter cuberta a Folla de Saída de libros.) e devolveranse o
mesmo día.
• As revistas utilizaranse na biblioteca e, se é preciso, para facer algún
tipo de traballo ou para ler na casa, comunicarase ó profesor de garda que
apuntará o préstamo nun rexistro manual.
• Se algún profesor necesitase sacar libros de consulta para traballar na
aula, poderá facelo baixo a súa responsabilidade e despois de ter cuberta a
folla de saída de libros, onde anotará o nº de Rexistro dos documentos.
Deberán devolverse á sala da Biblioteca nun máximo de 15 días.
• Poden realizarse préstamos de documentos da Biblioteca sempre que
haxa un profesor responsable da xestión.
2
• Pódense levar para a casa tres documentos (libros, banda deseñada,
DVDs, CDs, lector de libros electrónicos...).
• Os libros préstanse por 15 días, podendo renovarse unha vez o
préstamo por 7 días máis.
• Os DVDs e CDs préstanse por un máximo de 4 días.
• O lector de libros electrónicos préstase por un máximo de 5 días, coa
autorización dos pais ou titores legais.
• Nos períodos de vacacións pódense levar un máximo de 5 documentos.
Cando se superen os 15 días devolveranse o primeiro día despois das
vacacións. No caso das vacacións de verán as devolucións faranse o primeiro
día lectivo dos mes de setembro.
• O préstamo é persoal e intransferible.
• No caso dun atraso na devolución superior a 5 días ou dous de máis de
1 día o responsable quedará excluído durante 1 mes da posibilidade de solicitar
documentos da Biblioteca. De producirse un segundo atraso de máis de 5 días
ou dous de máis de 1 día o usuario quedará excluído do servizo de préstamos.
• No caso de perda ou estragos significativos no material, a persoa
responsable terá que arranxalos aportando o mesmo documento ou pagando o
seu custo a prezo de mercado. Se o usuario é un alumno, enviarase unha carta
aos pais desde a Xefatura de Estudos para que se fagan cargo da sanción.
Entrementres quedará excluído do servizo de préstamos.