You are on page 1of 6

CORREO GMAIL

1. Acceder á conta de correo Gmail

Buscar en Google la página de Gmail, introducir el correo y la contraseña para acceder.

2. Idioma

A interfaz de Gmail xa está dispoñible en moitas configuracións de idioma. Escolle a que desexes.
Para cambiar o idioma de visualización en Gmail:

1. Fai clic en Configuración na parte superior de calquera páxina de Gmail.


2. Selecciona un idioma no menú Idioma de visualización de Gmail, da sección Idioma.
3. Fai clic en Gardar cambios.
A interfaz de Gmail aparecerá no idioma que teñas escollido despois de facer clic en Gardar
cambios. Recorda que o idioma de visualización de Gmail non afecta ao idioma das mensaxes
enviadas e recibidas.
3. Primeiros pasos:
Redactar abre unha mensaxe nova. Se non estás seguro,
podes obter máis información para repasar como enviar
mensaxes.
Recibidos amosa as túas conversacións (o número entre
paréntese indica cantas conversacións non lidas tés).
Destacados amosa soamente as mensaxes que marcaches
cunha estrela (utiliza estrelas co significado que queiras).
Chats enumera as túas conversacións arquivadas no Chat.
Enviados mostra as mensaxes que enviaches.
Borradores aloxa as mensaxes que empezaches e gardaches
para continuar máis tarde.
Todos móstrache case todo o teu correo; verás contido de
"Recibidos", "Destacados", "Chats", "Enviados",
"Borradores" e todos as túas mensaxes arquivadas; non verás
"Spam" nin a "Papeleira do lixo".
Spam é onde enviamos as mensaxes que pensamos que son
sospeitosas.
Papelera é onde terminan as mensaxes que suprimes; podes
baleirar a papeleira cando queiras.
Contactos enumera os enderezos de correo electrónico da
xente coa que te escribiches; podes engadir máis información
se cabe.

4. Etiquetas:
As etiquetas permiten organizar as mensaxes de correo recibidos en diferentes carpetas.

Crea unha etiqueta para a mensaxe que che enviou Francisca Vega:

• selecciona Crear nova do menú


"Etiquetas".

• Escribe un nome para a etiqueta (por


exemplo CURSO ABALAR) e fai
clic en Aceptar. O nome da túa
etiqueta aparecerá xusto antes do
asunto da mensaxe.
• Aparece a etiqueta CURSO ABALAR no menú.

• Neste punto, podes facer clic en Arquivar; a mensaxe desaparecerá de "Recibidos", pero permanecerá cando
fagas clic na etiqueta "CURSO ABALAR" ou en Todos.

5. Máis información:
Para utilizar os filtros e executar accións como arquivar de forma automática, etiquetar de
forma automática, marcar o correo de forma automática como lído, borrar de forma
automática os correos, etc., para aprender máis sobre como usar as ferramentas de chat e a
busca no correo Gmail podemos ir á dirección web:
● axuda de Gmail, primeiros pasos
6. As mensaxes, crear e enviar:
● Para escribir unha mensaxe nova, fai clic en Redactar en calquera pantalla de Gmail. Podes
seleccionar os destinatarios na lista de contactos ou escribindo as direccións no campo
"Para:". ( si fose un correo para Francisca Vega escribiríamos no campo “Para:”
mondelovega@gmail.com)

● Utiliza a opción Cc para os destinatarios cuxas respostas se aceptan, pero non son
necesarias. Para que apareza este campo, fai clic en Engadir Cc e despois escribe as
direccións de correo dos destinatarios.
● No campo CCO podes ocultar os nomes e direccións dos destinatarios para que non se
poidan ver entre si. Activa esta opción facendo clic en Engadir CCO. Despois escribe as
direccións de correo dos destinatarios.

Cando comeces a escribir unha dirección nalgún dos campos "Para:", "Cc:" o "CCO:", Gmail
suxerirá direccións completas da túa lista de contactos.
● Unha vez indicados os destinatarios escribe o asunto da mensaxe. Utiliza frases que
describan brevemente o motivo ou asunto do correo enviado.

● Unha vez indicado o asunto xa podes comezar a escribir o texto. Podes cambia-lo formato, a
fonte e a cor do texto.

● Tamén podes agregar arquivos. Abrirase unha ventá para que busques o arquivo que
desexas agregar, é dicir, enviar co correo.
● Para enviar un hipervínculo escribiremos unha frase ou palabra dentro del cadro de texto e
seleccionarémola co rato facendo clic sobre ela. (Véxase a figura seguinte, escribimos
“blog abalar” e seleccionámolo co rato).

Agora faremos clic no símbolo da cadea que aparece á dereita na figura superior, abrirase a
seguinte ventá:

Agora debemos escribir a dirección web do blogue abalar. Esa dirección é :


http://recursosabalar.blogspot.com
Podemos escribila directamente no espazo indicado (outra opción máis rápida é ir ao blogue
abalar copiar a dirección e logo pegala nesta ventá).

Un hipervínculo é un enlace a outra páxina web dende a páxina onde estamos. Ao facer clic sobre
un hipervínculo este levaranos a unha nova páxina web, a que indicamos na dirección
introducida.
FINALMENTE:
● O que escribas gardarase como borrador. Cando termines, fai clic en Enviar.
● Na parte superior da ventá, aparecerá unha mensaxe de confirmación do envío da mensaxe.
● Se desexas responder a unha mensaxe enviada, fai clic sobre ela para que se abra, despois,
fai clic en 'Responder'.

Se ademais desexas responder a tódolos que recibiron a mensaxe, deberías facer clic en
'Responder a todos'.

You might also like